MAXIA

 

Na clase de E. Física na escola de Quintáns ¡¡ Fixemos maxia!!

Conseguimos facer desaparecer a Ana, primeiro unha man, logo a outra, o pelo, a barriga,.... ¡ata que desapareceu de todo!

Menos mal que logo puidemos traela de volta.

 

 

¿Onde vai Ana?

Hola nenos e nenas do colexio de quintáns:
gústanme moito as vosas actividades. Acabo de descubrilas fai pouco pero agora non pararei de vervos. Sodes moi divertidos.Un saudo moi forte e unha aperta. ¡Ah! e por suposto, eu tamén son amiga de DANIEL.
Hola profesora:
gústariame formar parte desta páxina e poder colaborar nas actividades que precisedes. ¿Podería?Para identificarme, vou dicir que me chamo Vanessa Vidal e son irmá de Dani V. Él amosa moita illusión polo que a min tamén ma faria.Grazas e outro saudo moi forte.

OS VIRUS DA ILUSIÓN E DO ENTUSIASMO

A ilusión e o entusiasmo contáxianse e non queremos vacinarnos contra iso.


Benvida ao noso portal Vanessa. Podes acompañar a Dani por todas as ventaíñas que nel se abren; nelas agroman as vivencias de cada escola e abofé que hai cousas ben bonitiñas e interesantes. Adiante! acompaña a Dani desde a casa e deixade os comentarios que queirades sempre que sexan respectuosos que non me cabe a menor dúbida de que o serán.


Por certo, como xa vexo que eres amiga miña quéroche dar a benvida ao noso Club "Amigas e amigos de Daniel". A Dani gústalle moito xogar coas palabras e facer rimas. Podedes xogar na casa e as rimas que vaiades facendo podédelas deixar como agasallo no portal. 


Dentro de pouco mandaréi un boletín contando as cousas que fixemos na Biblioteca  e recomendando un feixe de bos libros tanto para o alumnado como para as familias.


Espero que vos guste e que disfrutedes coas súas lecturas.


Un biquiño,


Daniel



P.D. Por certo eu non sei donde está Ana , como ando metido entre libros na Biblioteca da Sede...... Xa lle direi a Adela que che descubra o segred
o

BUSCANDO A ANA

AMIGA VANESSA: EU TAMÉN ME ALEGRO DE QUE NOS DESCUBRIRAS E PARTICIPES NO NOSO PORTAL COS TEUS COMENTARIOS.

E ANA?. XA SABES ONDE ESTÁ?. ESCONDERÍASE NALGÚN SITIO?. BUSCA BEN E QUE CHE AXUDE DANI , QUE SEGURO QUE A ATOPADES.

UNHA APERTA E SEGUE ESCRIBÍNDONOS. AH! SON A PROFE ADELA.

OLA VANESSA

OLA VANESSA, BENVIDA Á NOSA PÁXINA, QUE POUCO A POUCO SE VAI ENCHENDO CON NOVAS ACTIVIDADES E IDEAS.

DESDE AQUÍ ANÍMOCHE A QUE CONTINÚES VISITÁNDONOS, E NON DESESPERES,  ANA SEGURO QUE APARECERÁ ¿ONDE?

UN SAÚDO.

JOSE

PERO QUEN É?

PERO QUEN É ANA?

SON ANA

SON ANA. VOU EN 2º DE PRIMARIA E TEÑO 7 ANOS. SON RUBIA E DE OLLOS AZUIS. ESTOU AGACHADA DETRÁS DOS PANOS. ESTUDO NA ESCOLA DE QUINTÁNS. BICOS. ANA.

ANA A PILLABANA

TI ES ANA A PILLABANA!!

A XENTE A PREGUNTAR POR TI, E TI ESCONDIDIÑA DEBAIXO DOS PANOS...

AI, ANA, QUE PILLABANA !!