O que pode facer unha persoiña de tres anos

A linguaxe oral comeza a ser o seu medio de comunicación. Emprega oracións moi simples, formula preguntas e encántalle cantar cancións e inventalas.

Ten moita curiosidade por canto lle rodea. Está constantemente manipulando e explorando obxectos, polo que permance pouco tempo nunha actividade.

Disfruta da compañía de outros nenos e nenas compartindo xogos, pode pedirlles xoguetes, interactua cos demais.

 Pode facer cousas sen ou con pouco apoio do adulta. Vai so ao bañoe require pouca axuda. Aliméntase de forma independente e utiliza cubertos.

 Utiliza a totalidade do corpo de forma mais coordenada e amosa interese polos xogos que impliquen movementos corporais, carreiras, escondite, pillarse

 

 

Imaxe tomada da galeria de imaxes de UNICEF www.unicef.es