TITERES NA ESCOLA
MÁIS ADIANTE ATOPOUSE CUN PALLASO, UN PRÍNCIPE E UNHA PRINCESA E CON TODOS ELES TIVO SIMILAR DIÁLOGO.
- VAI Ó CIRCO E TERÁS CHURRASCO. RECOMENDOULLE Ó PALLASO.
- VAI Ó CASTELO, ALÍ HAI PASTEIS. DÍXOLLE Ó PRÍNCIPE.
- VAI Ó PAZO, TERÁS BOCADILLOS. FALOULLE Á PRINCESA.
CANDO XA ESTABA A CHEGAR A CASA DA AVOÍÑA, APARECEU POLO CAMIÑO UN FAUNO QUE, LAMBÓN COMO ERA, Ó ENTERARSE DO QUE LEVABA CARAPUCHIÑA NO CESTO QUIXO COMER TODAS AS TORTIÑAS DE MEL.
- NON, QUE SON PARA A MIÑA AVOÍÑA!!
- POIS SE NON MAS DAS COMEREICHE A TI E CUN OSO DA TÚA PERNA FAREI UNHA FLAUTA!!
A CARAPUCHIÑA SOBROULLE TEMPO ANTES DE QUE O FAUNO ACABARA DE FALAR PARA DARLLE TÓDALAS TORTIÑAS DE MEL.
MENTRAS MIRABA COMO O FAUNO SE ALONXABA E SE LLE ÍA PASANDO O SUSTO PREGUNTÁBASE QUE LLE PODERÍA LEVAR AGORA DE AGASALLO A SÚA AVOA. ENSEGUIDA SE ACORDOU DO PORCO, O PALLASO, O PRÍNCIPE E A PRINCESA. CHAMOU POR ELES E Ó POUCO PUIDO ENCHER OUTRA VEZ O CESTO COAS LANDRAS, O CHURRASCO, OS PASTEIS E OS BOCADILLOS QUE OS SEUS AMIGOS LLE OFRECERON.
E COLORÍN, COLORADO
ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.
Brancaneves e o lobo.
UNHA TARDE ESTABA BRANCANEVES MIRANDO POR UNHA VENTÁ DO SEU CASTELO CANDO VIU QUE UN REI CHAMABA A SUA PORTA.
- BRANCANEVES, DEIXASME ENTRAR? FÓRA TEÑO MOITO FRÍO!!
- PASA, PASA , AQUÍ TERÁS CALOR!
POUCO DESPOIS PETARON Á PORTA DOUS PORQUIÑOS. TIÑAN MOITA FAME E BRANCANEVES OFRECEULLES COMIDA.
MÁIS TARDE CHEGOU UN POLICÍA. TIÑA MOITO SONO E BRANCANEVES INVITOUNO A DURMIR NUNHA CAMA BRANDIÑA.
XA CASE ESTABA O CASTELO CHEO CANDO CHEGOU POR ALÍ O LOBO E, SEN CHAMAR Á PORTA, ENTROU.
- BRANCANEVES, VÉÑOVOS COMER A TODOS!!
E O REI, QUE SE ESTABA QUENTANDO, DIXO:
- LOBO, SE QUERES AGASALLOS NESTE NADAL XA TE PODES PORTAR BEN!!
E OS PORQUIÑOS, QUE ESTABAN COMENDO, DIXÉRONLLE:
- LOBO, SE NO SAN MARTIÑO QUERES CHOURIZOS XA TE PODES PORTAR BEN!!
CON TANTO BALBORDO DESPERTOU O POLICÍA, E Ó SABER DAS INTENCIÓNS DO LOBO FALOU ASÍ:
- LOBO, SE QUERES SER LIBRE XA TE PODES PORTAR BEN!!!
E O LOBO FOISE Ó BOSQUE, LIBRE, PENSANDO NO SAN MARTIÑO E NA NOITE DE REIS.
E COLORADO, COLORÍN
ESTE CONTO CHEGOU Ó FIN
- APIs de Blogue
GUSTARONME TODOS OS CONTOS.
GUSTARONME TODOS OS CONTOS. UXÍA
GUSTOUME MOITO. ELENA
GUSTOUME MOITO. ELENA
Gustáronnos moito as vosas
Gustáronnos moito as vosas historias,aínda que son unhas versións moi modernas de carapuchiña e brancaneves.Tedes moita imaxinación.
SAUDOS PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE CRUCEIRO.
RAÑÓ.
2 DE XUÑO 2009.