DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro foi o día das bibliotecas. No noso CRA comezamos a facer entre familias e nenos unha recopilación de xogos do pasado, xunto coas cantarolas que os acompañaban traballando así un anaquiño da nosa cultura e patrimonio. Pero ademais disto, as nosas bibliotecas de aula foron as protagonistas absolutas do día.

Nalgunhas aulas, os nen@s máis maiores contáronlle os contos aos máis pequenos, disfrutando dun momento de lectura compartida ben pracenteiro.

Noutras, algunha mascota de aula, invitounos a facer o noso "bibliopatio" e creamos unha improvisada biblioteca ao aire libro. Contos e historias con un pouco de aire puro! Que marabilla!

Tamén en varias aulas decidimos elaborar uns marcapáxinas ben bonitos aproveitando que estamos en tempos de Samaín! Que hai mellor que un aterrador marcador para marcar onde deixamos a lectura!

E incluso chegamos a contar contos coa mesa de luz e tamén con pedras e outros materiais! O mundo enteiro e o que nos rodea pode ser un auténtico remanso de fantasía!

Foi un día grandioso, pero o mellor e o máis importante de todo e que disfrutamos da lectura, da biblioteca, da compañía e a amizade.

Aquí vos quedan unhas fotiños ben chulas para que vexades como gozamos da lectura. Disfrutádeas! Sorriso