CONVIDACIÓN DE DANIEL

O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS DE NOVO A SÚA BIBLIOTECA.
DESTA VEZ PROPONNOS COMPARTIR ESTAS XORNADAS CON ALGUÉN MOI CERCANO A ROSALÍA DE CASTRO...

Grazas

Moitas grazas María! Patricia e eu alegrámonos enormemente de que vos gustara e disfrutarades coa sesión de biblioteca dedicada a Rosalía, tanto maiores como pequen@s! Fixémolo con todo o cariño. Unha aperta!

Todo un pracer compartir con

Todo un pracer compartir con vós unha mañá tan especial en torno á lembranza de Rosalía.

Desde a emoción non me cabe máis que felicitarvos por esa sesión preparada con tanto gusto, cariño e sensibilidade.

Teño que confesar que parecíame difícil afrontar o reto de facer chegar ese fermoso álbum  titulado "A pantasma da casa da Matanza" de Miro Villar , ilustrado por Xosé Cobas  e tan ben editado por Biblos, a nenos e nenas de idades tan temperás .

Arte na palabra, arte na ilustración, arte na edición e como non, arte na posta en escena..., pero tan lonxe dos textos e  imaxes aos que nenos e nenas están expostos día tras día cando se pasan horas diante dunha caixa que lles ofrece textos burdos e imaxes de vertixe.

Unha sombra errante namorada das palabras, que decide quedar para sempre a carón de quen con elas fai arte. Como non quedar apegadiña a ela para sempre!!!.

Eu tamén gustaría de quedar ao voso lado - Patricia e Cristina -, escoitándovos e véndovos e participando nunha mañá tranquila a carón dos nenos e nenas das outras escolas, de Sol, de Sandra....

Unha aperta grande grande como de aquí a lúa de ida e volta.