...Lanzarote

 

Ola, son Yaiza .

Quérovos falar sobre Lanzarote, unha das illas canarias, porque ata os catro anos  vivín alí cos meus pais e antes de ir á escola do Cruceiro fun alí á gardería e a unha escola onde case rematei o primeiro curso de Educación Infantil.

Das 7 illas que ten Canarias, a illa de Lanzarote foi nominada Parque Natural Reservado pola cantidade de volcáns que ten e a súa paisaxe de lava volcánica, o cal é propicio para o turismo, que é do que maiormente vive esta illa dada a cantidade de hoteis e praias que hai alí. Lanzarote é unha illa de lava e terra negra onde medran poucas árbores e plantas.

O parque de Timanfaya está no sur da illa de Lanzarote. Este parque nacional ten 20 volcáns, dos cales só 2 teñen posibilidade de ter unha erupción, por eso están controlados en todo momento por uns especialistas que teñen alí instalado o seu laboratorio.

Este lugar é o máis visitado polos turistas porque se ofrece unha excursión en camello percorrendo todo o parque para observar os volcáns e o territorio volcánico.

( Vedes o camello que hai detrás de min?) 

 

texto: familia de Yaiza

SON ALEX E FUN DE VACACIONS

SON ALEX E FUN DE VACACIONS A LANZAROTE EN AVION CON MAMA, PAPA E CARLOS CANDO TIÑA CATRO ANOS.

GUSTAME MOITO O CAMELLO, ESTA CANSADO DE IR DE EXCURSION? ANTIA

NUNHA FOTO QUE ME ENSINOU MEU PAI VIN UN VOLCAN. DIEGO

C.E.I.P. Sanjurjo Maneje

Ola son Tobías:

Como sabedes estou en Asados, na Sede do C.R.A. e como solo estar aquí moito tempo acostumo  recibir visitas e facer recados que outros profesores e pofesoras non poden facer porque están nas escolas. Cando se incorpora algún neno ou nena que ven doutro colexio, solen decirme a mín que chame a ese colexio para pedir documentación. Cando veu Yaiza, xa hai algún tempo, tamén me dixeron a mín: Tobías chama ao colexio do que ven Yaiza e pide a documentación. E chamei,  era o Colexio Sanjurjo Maneje de Lanzarote.

Faloume a profesora Encarni que fora a profesora de Yaiza cando ela estivo alí con tres aniños. Faloume de Yaiza,  de como lle gustaba ir á escola e xogar cos seus compañeiros e compañeirias de Lanzarote, díxome algúns nomes: Paula, Crisitina e Diego, non me lembro de máis nomes.

Díxome que se acordaba moito de Yaiza e que lle mandaba moitos biquiños, para ela para os seus novos compañeiros e compañeiras.

Xa hai algún tempo que foi esa conversa, pero eu penso que os saudos e os bicos sempre chegan a tempo e sempre serán ben recibidos.

Bicos

Tobías 

 

ola son o papa de yaiza

ola son o papa de yaiza espero que vos gustara esta foto e recomendovos a illa de lanzarote para ir de vacacions digovolo por experiencia jajajajaja un saludo