A GRANEIRA

 

Ola, son Silvia e nesta foto estou coa miña irmá Helena dentro da nosa graneira.

Sabemos pouco da graneira; ten moitos anos, pero non sabemos dicir cantos.

Cando a avoa chegou a esta casa xa a graneira era vella e ningún dos habitantes da casa recordaban nin cando fora construída nin quen a tiña encargado. Cónstanos que ten moito máis de 100 anos.

Está construída con pedra, madeira e tella do país. Usámola na actualidade para almacenar e secar as espigas de millo.

Texto: familia de Silvia

QUE BEN SE PASA ENRIBA DO

QUE BEN SE PASA ENRIBA DO MILLO EU TAMEN RECORDO CANDO ERA PEQUENA E IA XOGAR CO VOSO PAI E O VOSO TIO E XA A GARNEIRA ERA VELLA A MAMA DE ANDREA