CELEBRANDO OS LIBROS

PARA CELEBRAR A LECTURA NO MES DOS LIBROS Ó MELLOR É COMPARTIR A LECTURA COS NOSOS FILLOS

...CON TODOS OS NOSOS FILLOS

 COMPARTIMOS LECTURAS, LEMOS SEN LETRAS, ARRECENDEMOS IMAXES (CON CHEIROS DE LOBOS  E AROMAS DE APERTAS), ESCOITAMOS O SON DA IMAXINACION E, O MÁIS IMPORTANTE,
CONVIDAMOS
AS NOSAS FAMILIAS A SEGUIR GOZANDO DOS LIBROS SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE...

"Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans "

" Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa "

" Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas "

 "Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros "

(Pat Mora)

aula de 4 e 5 anos