Reunion Orientadores do Concello 3 de Febreiro de 2.009

MEMBROS:
Orientador C.E.I.P. Castelao      Fernando
Orientadora do C.E.P. Brea Segade e Ana María Dieguez     Pepa
Orientador do C.R.A. de Rianxo    Tobías
Orientadora IES.
DATA:
Martes 3 de Febreiro de 2.009
LUGAR:
C.E.I.P. Castelao
HORA :
9:30 horas.
ASUNTOS E CONCLUSIÓNS
1.    Reunión anterior (13 de xaneiro) Coméntase
2.    Programación de actividades conxuntas.
a.    Visita dos alumnos/as do Castelao ás Escolas: estase pendente da reunión do equipo de Ciclo de E.P. do C.E.I.P. Castelao
b.    Planificación Día das Letras en Campo Maneiro: dende o C.E.P. Brea Segade cóntase con participar como xa se fixo o curso pasado, Tobías dende o C.R.A. poñerase en contacto coa profesora de E. Física, ao obxecto de concretar as actividades da xornada.
3.    Coordenación entre o profesorado:
a.    Coméntase o correo remesado dende o C.R.A., no que se comunicaba o interés do profesorado do C.R.A. na reunión e a proposta de que esta se celebrara con antelación ao fin do presente curso.
b.    Despois dunha breve valoración proponse, por parte dos orientadores/as  que se celebre ao remate da 2ª avaliación, en concreto na última quincena de Abril:
i.    Por parte do Colexio Castelao hai interés dos titores de 2º e de 3º de E.P. en asistir, e valórase que a reunión se realice fora do horario lectivo polas dificultades organizativas que supoñería facelo dentro do horario lectivo, como datas posibles suxírense o luns 20 ou o luns 27 do mes de Abril, en horario de 16:00 a 18:00
ii.    Por parte do Colexio Brea Segade, infórmase que é posible realizar a reunión en horario lectivo, e asistirían as titoras de 1º, 2º e 3º de E.P.
iii.Por parte do C.R.A., infórmase que se trasladarán as propostas concretas ao profesorado, que por parte das titores hai interés en participar na reunión, e que previsiblemente participen as titoras das escolas das que se trasladan alumnos/as.
c.    Como asuntos da reunión propoñense:
i.    Contidos mínimos para a promoción
ii.    Informacións trasladasdas nons expedientes persoais
iii.A diversidade na organización das aulas nos centros.
d.    Valórase como importante que a reunión amáis de servir para compartir as preocupacións e dificultades a respecto dos alumnos que se trasladan de centro, sirva de punto de inicio de novas comunicacións que deberán en cursos posteriores, valórase que ao menos deberá haber un encontró cada curso.
4.    Planficación e desenrolo das Avaliacións de Diaganóstico. Coméntase sobre a organización desta avaliación que atinxirá aos alumnos/as de 4º de E.P.

En Rianxo a 2 de Febreiro de 2.009