A ANPA INVESTIGA!!!!

Precisamos saber nomes que se lle dá en Rianxo a eses "botóns" que lles saen ás plantas cando están comezando a nacer as frores... Axúdanos!!!

o que buscamos

Moitas grazas, Tobías, polo teu documentado comentario. Aprendemos moito, pero creo que tamén evidenciamos que tal vez non nos estamos explicando ben. E todo por non querer recurrir ao termo castelán, que é tan feo! O que queremos saber é como se di en galego-rianxeiro o que en castelán é "capullo". E, coñecendo a riqueza do galego, cremos que seguro que hai varias maneiras.

Animádevos a buscalas!

Gomo, ou gromo, ou abrocho

Gomo, ou gromo, ou abrocho utiízase para nomer a xema da que nace unha rama nova. Isto observase moi ben cando se fan as podas, despois de podar na primavera os labores (ponlas podadas) enchense de xemas ou abrochos tamén se dí que reventan, ben deses gomo, abrochos, gromos saen novas ponlas nas que nacen novas follas e frores. O que aparece na foto xa son froitos, xa a fror purgou e comeza a transformase en froito, estes froitos pequeniños que aquí corresponden a algunha froita silvestre, tipo pereira brava ou así, non sei como se denominan. Me imaxino que teñen un nome pero penso que non é do gomo. Na viña cando a fror se tranforma en acio dixe que a viña está na purga, que está purgando, cando xa purgou e comezan a versa as uviñas dise que a viña  purgou e dixe que hai moito ou pocuo viño, según purgasen moitos ou poucos acios.

En fin penso que é unha pregunta moi interesante, pero penso que aínda non atopamos coa palabra que denomina xenéricamente os froitos das prantas cando están a nacer, imaxe á que penso corresponde a fotografía que nos propoñen dende a ANPA.

Saudos

Tobías

 

Ola, na casa dos meus avós

Ola, na casa dos meus avós que son de Asados chámanlle GOMOS.

Laura e Paula (Escola de Pazo)

BONITA PALABRA!

Grazas Laura e Paula, por compartir o nome con nós. Tomamos nota!