Material de apoio á lecto-escrita

Material de apoio á lecto-escrita. Modelo de ficha para traballar dictados de frases para nenos e nenas que teñen dificultades de fragmantación. A ficha propón a realización das seguintes actividades sobre cada frase:

  1.  Escoitar con atención a frase: cun xesto: palmeo, patada no chan etc. sinalar as palabras.
  2. Escoitar a frase e poñer unha cruz en cada redondel, contar as cruces postas
  3. Escribir as palabras unha dentro de cada rectángulo.

Trátase dun material moi simple pero que pode ser útil, na iniciación de dictados ou para nenos/as que teñen dificultades de fragmentación. As actividades póndese introducir variante: no lugar de cruces poñer un punto se a palabra é curta e unha raia se a palabra é  longa, ou nos redondeis poñer unha raia por cada sílaba que ten a palabra.

Enlace ao material para descargar (utiliza a fonte /escolar/, polo que se non a tes instalada no ordenador debes tentar descargala e instalala, senón o documento non se verá adecuadamente)