UNHA CANTIGA POPULAR
A avoa Lola, cando era pequena, aprendeu dos velliños da aldea unha cantiga:
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
A avoa Lola aprendeulle ao seu neto Aitor unha cantiga :
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
Aitor estes días aprendeunos unha cantiga:
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
Aitor e máis nós convidamos a avoa Lola á escola para cantarmos todos xuntos a cantiga. Cantamos, escoitamos o que nos contou Lola de cando era noviña e ía á escola e aprendemos que o relón é a casca que queda ó peneirar o millo moído.
♥♥♥
»
- APIs de Blogue
Postal de Nadal
COPIA DO DEBUXO QUE MANDO A SOL POR E-MAIL
POIS XA QUE ESTAMOS A FALAR DAS PRAIAS, A TORRE, NEIXÓN, PROPÓÑOVOS FACERMOS UNHA POSTAL DE NADAL NA QUE APAREZA ALGUNHA PRAIA, POR EXEMPLO A TORRE.
DIGOVOS COMO TEMOS QUE FACER, É ALGO ASÍ COMA UNHA RECEITA DA MAMÁ DE JORGE, ATENDEDE:
TOBÍAS COMEZA A POSTAL E MÁNDAVOLA POR E-MAIL AO BUZÓN DE SOL
AO ABRILO VEREDES QUE É UN DEBUXO
VOS TEDES QUE COMPLETALO
TEDES QUE ABRILO CO PROGRAMA PAINT
CADA UN ENGÁDELLE ALGO AO DEBUXO: UN BARCO, O SOL, NUBES, NENOS/AS, FRORES, O QUE QUEIRADES
FACEDES OS DEBUXOS BEN COLOREADOS.
CANDO ESTÉ REMATADO, SOL ENVIARAMO AO MEU BUZÓN DE CORREO E ...
EU POÑEIREINO NA FOLLA DE INICIO DO PORTAL, PARA DESEXARLLE A TODAS AS PERSOAS QUE VEXAN O NOSO PORTAL "BO NADAL".
QUE VOS PARECE? UN POUCO DIFÍCIL??
BON A VER SE O DAMOS FEITO.
UN BICO A TODOS E A TODAS
TOBÍAS
TOBIAS XA MANDAMOS O
TOBIAS XA MANDAMOS O DEBUXO.PATRICIA
FELIZ NADAL.Yaiza
Unha cantiga ou unha receita de cociña ??
Ola son Tobías:
O que vos ensinou a avoa Lola de Aitor, é unha cantiga ou é unha receita en forma de cantiga??.
Xa comprendín o que era o relón, a casca da fariña milla. Como se consigue esa casaca? Como se lle saca esa casca á fariña milla?
A cantiga ou receita tamén fala de Neixón, que é Neixón?
Os berberechos, xa me dou conta, son mariscos, onde os hai? na Praia da Torre hai berberechos ?? tamén hai outros mariscos ??
Un bico moi grande a todos e a todas, a ver se podo ir pronto por Cruceiro.
Bicos de Tobías
Mándovos unha foto da Praia da Torre, a que atopei en internet.
A ver se vos atopades unha de Neixón. ??
NA PRAIA DA TORRE HAI
NA PRAIA DA TORRE HAI MOITOS BERBERECHOS E NO MAR HAI MEXILLONS E NECORAS.ANDREA
AITOR TROUXO O MILLO MUIDO.NOS PENEIRAMOLO.O RELON QUEDOU NA PENEIRA E A FARIÑA NA BANDEXA Irene
NEIXON E A PUNTA DE NEIXON
NEIXON E A PUNTA DE NEIXON QUE ESTA NA BEIRA DE TARAGOÑA,Desi
Tobías, fas tantas preguntas que non nos da tempo a contestarche nun día!!.
Nós tamén pensamos que a cantiga fala dunha receita, pero a avoa Lola non se acorda de comer relón con berberecho. Será unha receita anterior ós tempos da nenez de Lola?
Un bico de sol e todos nós
( P.D.: se prestas atención quizais poidas observar o castro pequeno de Neixón na foto que atopamos en internet)