A INVOCACIÓN DE AMERGÍN

AMERGÍN, FILLO DOS FILLOS DE BREOGÁN,
PARA DESFACER A MALDICIÓN QUE LLES IMPIDE  AOS SEUS DESEMBARCAR NA ILLA DE IRLANDA, INVOCA ÁS FORZAS DA 

NATUREZA...

“A Invocación de Amergín”,
poema
en forma de oración atribuído ao bardo milesio Amergín, foi recollido da tradición oral por
monxes irlandeses no século XI no “Leabhar Ghabhála Érenn” ( Libro das invasións de Irlanda). Segundo estes textos a tribo dos Milésians estaba asentada na actual Galicia.
Entre os antigos celtas, un bardo era unha especie de poeta que recollía os grandes feitos acaecidos
á comunidade, especialmente as accións heroicas e as vitorias.
Amergín está considerado como o primeiro poeta irlandés.