Dámoslle a volta ao mundo!

O DÍA 8 DE XUÑO SAÍMOS AO PATIO CUNHA PRENDA AO REVÉS

POR QUE? Porque queriámonos sumar á iniciativa promovida por as 25 ONGs españolas que buscan darlle a volta ao mundo.

PARA QUE? Para demostrar o noso compromiso coas ONGs e coa solidaridade.

O día 8 de xuño converteuse no día SOMOS, onde todos os alumnos/as e mestres/as da Escola de Rañó dimos a volta ás nosas prendas para demostrar o noso apoio á labor das ONGs e a importancia de ser solidario.


Os nenos e nenas de Pazo

Os nenos e nenas de Pazo tamén nos unímos a vos saíndo coa camiseta do revés e unha pegatina , pero non temos fotos! Pero sentimos que poñiamos o noso átomo  de area con este xesto simbólico. Apertas amigos !