LETRAS GALEGAS CON ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Este ano na escola coñecemos con grande placer a Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Gustounos descubrir os seus poemiñas, gustounos coñecer a Colorín e gustounos saber que Blázquez compuxera moitos versos ( algún tan cantareiro ! ) pensando na súa nena.

Nós, que tamén disfrutamos coa poesía, aproveitamos a confianza que chegamos a ter con Xosé Mª para "editar" un libro especial que recolle algún dos seus poemas xunto con ilustracións e poemiñas realizados por nós na escola.

Convidamos tamén ás nosas familias a que fixeran con nós ( ou para nós, coma facía Blázquez para a súa filla ) uns versos  "familiares " para incorporar ó poemario.

O noso libro non está a venta,nin en préstamo na biblioteca, cada un de nós levou cadanseu libro a súa casa, pero podedes ver parte del no libro web " O Gato Cegato " que tendes neste mesmo portal.

( Moitas grazas ós papis, mamis, irmáns, irmás, mozas de irmáns... por agasallarnos coa poesía!!)

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.

UN LIBRO QUE SE SEGUE ENCHENDO

 

 María, a profe de Cuvide, pediunos que lle prestaramos algún destes libros de poemas. A María gústalle moito a poesía e disfruta léndoa, por iso nos apresuramos a deixarllelos ver. Lía e Iván, foron os primeiros. Despois, Eva, Joel, Laura,...

Cando María nos foi devolvendo os libros, descubrimos que tiñan maior arrecendo a poesía. En cada un deles, a nosa amiga profe foinos escribindo fermosos poemas que seguen enchendo o noso libro. E o noso corazón .

Aquí vos deixamos dous poemiñas de María para que poidades disfrutar deles:

" PINGUIÑAS DE ORBALLO

  NA IALMA DE LAURA

  FAN QUE AS PALABRAS

  AGROMEN CON CALMA "

 

" UNHA NOITE

  DE LUAR

  ESTABA O MERLO POETA

  SOÑANDO

  NO SALGUEIRAL.

  EVA OLLÁBAO

  MOI ATENTA

  E POÑÍASE

  CONTENTA"

María, despois de cada poesía, nos manda un biquiño.

Nós, con estas palabras, un doce aloumiño.

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.