VERSOS PARA O MAIO

Na escola de Abuín

queremos celebrar

a chegada do maio

con este cantar.

 

En Capela celebramos

a chegada do bo tempo,

ven con nós cantar o maio

xa verás que irás contento.

 

Na escola de Cruceiro

fixemos esta canción :

non hai maio sen trebóns,

nin home sin calzóns.

 

A escola de Cuvide

está moi contenta

porque había unha flor

na pechadura da porta.

 

Aquí estamos os de Outeiro,

que ben o imos pasar,

correremos todos xuntos

e despois a disfrutar.

 

Aquí estamos os de Pazo,

dispostos a disfrutar,

imos ledos todos xuntos

a xantar e a bailar.

 

Os nenos de Quintáns

gústanos moito bailar,

bailamos o " chiki-chiki "

e o que nos queiran botar.

 

Na escola de Rañó

temos un patio fermoso,

non foi doado conseguilo,

foiche moi, moi laborioso.

 

Internet e Voz Natura,

ler, escribir e cantar,

a escola de Vacariza

talentos que vai dar

 

Estes poemiñas foron realizados nas distintas escolas para ser cantados durante a elaboración do maio, actividade que, xunto á " Carreira das letras " e o homenaxe a Xosé Mª ÁLvarez Blázquez serviunos para celebrar todos xuntos o Día das Letras