SALÓN DO LIBRO
SALÓN DO LIBRO
O VENRES 23 DE MARZO, OS NENOS E NENAS DO C.R.A
VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA.
ESTE ANO O TEMA ERA A SUPERSTICIÓN,
POR ISO FOI A EDICIÓN NÚMERO 12+1
NO CANTO DA 13.
FALARONNOS DAS DIVERSAS CRENZAS DOS NOSOS ANTERGOS,
DOS AMULETOS (A FIGA, A PATA DE COELLO...)
DA SANTA COMPAÑA E DO TRÉBOL DE CATRO FOLLAS...
E REMATAMOS VENDO UNHA OBRA DE TITERES:
"CANDO CHOVE E RAIA O SOL"
»
- APIs de Blogue
Qué cousas máis bonitas!
Ola nenos e nenas que cousas máis bonitas vístedes no Salón do Libro de Pontevedra, a verdade e que eu non puiden ir e dádesme moita envexa, a ver si outro ano me toca acompañarvos. O gato grande negro que din que trae moi mala sorte si se che cruza diante? gústame moito, vos imaxinades que todos os gatos foran así de grandes? menudo follón! Aínda que a min gustaríame ter un gato así de grande para me deitar entre as súas patas a durmir a sesta, e subirme na súa barriga para contarlle moitos contos, e peinarlle os bigotes cun cepillo longo e que me sacara a pasear subida no seu lombo... caramba ata me saiu unha rima e todo! que vos parece a idea?
Moitos bicos da profe Celia