DIA INTERNACIONAL DA AUGA

Tal e como nos contou a profe Mirian, o día 22 de Marzo fomos á escola de Rañó a compartir un día moi especial:

A celebración do día da auga.

Despois de facer uns xogos de presentación, Mirian contounos un conto sobre unha praia: "Limpiña: a praia máis bonitiña" na que a xente que ía non recollía a basura e a deixaban moi triste...

Isto fíxonos pensar moito sobre o que facemos polo noso medio ambiente e cómo podemos mellorar para non dañalo.

Foi nese momento cando a profe Mirian nos dixo que durante un minuto tíñamos que pensar maneiras de coidar a auga e con ela o noso medio ambiente.

 

Despois falamos do que podiamos facer e plasmámolo nuns debuxos marabillosos... si os queredes ver, mirade máis abaixo!!!

 

debuxo    debuxo

 

   

   

 

   

 

   

 

   

 

   

 

   

 

   

 

   

 

   

 


 

 

Gustáronvos? A nós as profes encantáronnos!

 

Moitas grazas á profe Mirian e ós nenos e nenas de Rañó por compartir connosco o voso cole!

que ben o pasamos!

 

Ola nenos e nenas de Abuín. Nós tamén gozamos moitísimo coa vosa visita, tanto tanto que xa estamos convencendo ás mestras para que fagamos outra actividade conxunta no 3º trimestre, apetécevos?

Unha aperta moi grande dende os nen@s de Rañó Risa