É IMPORTANTE A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NA E. INFANTIL?
Dende as familias podemos e debemos colaborar activamente na educación e no medre persoal dos nosos fillos. Debe preocuparnos a nosa aportación a esta tarefa e pensar que as posibilidades educativas dos nosos fillos e fillas van estar determinadas nunha porcentaxe importante pola colaboración que nós realicemos coa escola.
Contrariamente ao que se pensa, a etapa da Educación Infantil, é das máis importantes no desenvolvemento educativo dos nenos e nenas. Nesta etapa, os nenos e nenas maduran as capacidades que lles van posibilitar unhas aprendizajes posteriores satisfactorias:
- Adquiren o control do seu corpo: camiñan, saltan, corren, agarran, utilizan as mans para a realización de tarefas delicadas (debuxar, abotoar, vestirse, comer sos ...)
- Adquiren a capacidade plena da fala para pedir, contar, lembrar, comunicar.
- Adquiren as nocións básicas de organización da realidade exterior, aprenden a contar, a situar os obxectos no espacio (diante, detrás, arriba ..), a orientarse no tempo (antes, agora, ...)
- Aprenden a convivir a a compartir, para estar cos seus compañeiros e compañeiras, coas súas familias, con outros adultos, aprenden a saudar, a pedir disculpas, a comportarse de acordo ao momento e a o lugar onde están
En fin, a educación infantil constitue unha etapa formativa fundamental para os nosos fillos e fillas, e as familias debemos colaborar e implicarnos nesta tarefa, e pensar que os nenos e nenas non aprenden sós, a axuda do adulto é moi importante pois amáis de axudarlle a adquirir destrezas e aprendizaxes, amáis delo, dalle seguridade e confianza para enfrontarse ao entorno que debe coñecer e co que debe interactuar.
- APIs de Blogue