En arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021 NO NOSO CENTRO.
En arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021 NO NOSO CENTRO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889
INCORPORACIÓN:
O Concello de Baralla, a ANPA e a Farmacia Vanesa Costa Madriñán donan ao CPI Luís Díaz Moreno un LOTE DE 400 mascarillas infantís e 140 envases de xel que se entregarán na vindeira semana ao alumnado .
Moitísimas grazas por colaborar con nós...
Achégase en arquivo adxunto o calendario escolar para o vindeiro curso.
En arquivo adxunto achéganse as listaxe definitivas de admitidos/as e excluídos/as de Fondo Solidario en Educación Secundaria curso 2020/2021.
Os lotes de libros e cheques de material, entregaranse ao alumnado o día da súa incorporación ao centro.
MODELO DE AUTODECLARACIÓN RESPONSABLE COVID_19
En arquivo adxunto, queda o modelo que todas as familias de alumnado do centro deben cubrir , asinar e facer chegar aos titores/as o primeiro día de clase a través dos nenos/as.
EN ARQUIVOS ADXUNTOS QUEDAN AS LISTAXES DE MATERIAL DOS GRUPOS DE 1º, 2º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
LEMBRAR A NECESIDADE DE QUE O ALUMNADO ACUDA AO CENTRO CON MÁSCARA OBRIGATORIA A PARTIR DE 6 ANOS E OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO CON ESTOXO PARA GARDALA.
Como ben sabedes o curso escolar 2020-21 preséntase como un curso ben diferente ao habitual debido ao contexto actual. A pandemia creada polo COVID19 que se estendeu no noso país para partir do mes de marzo, afecta a todos os estamentos sociais de todos os países do mundo e evidentemente nós non somos unha excepción.
Partindo desta situación ben coñecida por todos, a Consellería de Sanidade e Educación elaboraron un estrito protocolo de funcionamento para os centros educativos que condicionará enormemente o desenvolvemento do presente curso (modificado parcialmente o pasado 31 de agosto). No CPI Luís Díaz Moreno levamos traballando varias semanas na adaptación do centro para poder implantar o devandito protocolo da forma máis conveniente posible. O pasado martes constituíuse no noso centro educativo o “equipo COVID”, encargado de coordinar e elaborar o noso “Plan de adaptación ao contexto COVID” que conlevará moitos cambios no funcionamento ordinario do centro
O profesorado e persoal non docente do centro xa realizou as probas COVID con resultado negativo para todos/as.
Aos poucos irémosvos informando de todas as novidades que teremos no centro durante este curso que non son poucas nin fáciles, e que precisarán da colaboración e responsabilidade de toda a comunidade educativa.
Moito ánimo a todos, seguiremos informando.
EN ARQUIVO ADXUNTO QUEDA A CARTA PARA AS FAMILIAS DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA MOI IMPORTANTE CON NOVIDADES DE CARA AO NOVO CURSO E AUTOENQUISA COVID_19 PARA FACER NA CASA
As familias non poden acceder ao centro para acompañar aos seus fillos/as na incorporación ao mesmo, agás para o alumnado de educación infantil que virá acompañado de un so proxenitor ata a cancela pequena.
O CPI Luís Díaz Moreno pecha as portas por vacacións ata o vindeiro 1 de setembro.
Moita saúde para tod@s e esperamos vervos pronto no cole...
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |