RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2020

Seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría  Xeral de Educación e F.P, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, no CPI Luís Díaz Moreno procederase, durante o mes de novembro, ás votacións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, renovación que afectará a:

-        

Tres membros do profesorado.

-       

Un membro do colectivo PAS

-        

Un membro do colectivo de pais/nais.

 

 

TODA A INFORMACIÓN AO RESPECTO ACHÉGASE NO ARQUIVO ADXUNTO 

AVISO DE INTERÉS ANPA

Clases de avisos | Concepto de aviso

NO APARTADO DE INFORMACIÓN DA ANPA TEÑEN COLGADAS NOVIDADES DE INTERESE PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO.

ABALAR

espazoAbalar : abalarMóbil

Abalar Móbil

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Prégase a todas as familias que descarguen a aplicación, pois será unha das canles de comunicación principais, xunto coa web do centro, para a comunicación do centro coas familias .

Poden visionar o seguinte vídeo e seguir uns sinxelos pasos para descargar a aplicación.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil

www.edu.xunta.gal/espazoAbalar

NOVAS ANPA

 

 

A ANPA do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla convoca aos pais/nais de alumnado do centro a unha reunión o vindeiro mércores día 7 de outubro de 2020 as 20:00 horas no pavillón de Baralla para tratar temas de importancia con respecto ao horario do centro e outros asuntos de interese común.

En arquivo adxunto achégase a carta completa para que a poidan ler.

 

 

NOVAS SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021

En arquivo adxunto achéganse as listaxes co alumnado que participará en cada actividade.

As actividades comezan a vindeira semana:

PATINAXE: Todos os luns, comezan o luns día 5 de outubro

INFORMÁTICA:

-1º, 2º e 3º de primaria será os martes na propia aula. Comezan martes día 6 de outubro

-4º e 5º de primaria será os xoves na propia aula. Comezan o xoves día 8 de outubro

-6º de primaria será os mércores na propia aula. Comezan o mércores día 7 de outubro.

PAGO DE INFORMÁTICA: ao finalizar o mes, cada neno/a traerá nun sobre pechado o diñeiro, que lle entregará á mestra. A mestra darálles un xustificante aos nenos/as para que entreguen na casa.

 

NATACIÓN: Todos os venres, comezan o venres día 9 de outubro.

INFORMACIÓN IMPORTANTE ALUMNADO ESO

INFORMACIÓN MUY IMPORTANTE. | CEIP Valencia

En arquivo adxunto queda unha carta de información ás familias para alumnado ESO con novidades importantes para este curso 2020-21

Tamén en arquivo adxunto poden consultar a AUTO- ENQUISA COVID que deben realizar cada día antes de acudir ao centro.

Para calquera dúbida poden consultar a páxina web do centro

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidiazmoreno   

ou chamar ao 982870071

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021

 

 

En arquivo adxunto queda a información das actividades extraescolares para este curso organizadas pola ANPA e o formulario para facer a inscrición.

Neste curso reduciuse o número de actividades motivado pola situación actual e tamén se reduciron os custos das mesmas, compensando o periodo de confinamento no curso pasado.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

 

SAE crea el Plan COVID-19, un apoyo económico a la enseñanza en medios  creativos

En arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021 NO NOSO CENTRO.

CAMBIO DATAS INCORPORACIÓN ESO CURSO 2020/21

 

A Xunta e os centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25 de setembro

Anunciouno hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

 

INCORPORACIÓN:

  • Co novo calendario mantense a distribución por cursos no inicio escalonado.
  • Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO,  que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23;
  • mentres que os de 3º da ESO que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24.
  • Os estudantes de 4º da ESO, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.

GRAZAS

O Concello de Baralla, a ANPA e a Farmacia Vanesa Costa Madriñán donan ao CPI Luís Díaz Moreno un LOTE DE 400 mascarillas infantís e 140 envases de xel que se entregarán na vindeira semana ao alumnado .

 

Moitísimas grazas por colaborar con nós...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet