DENDE CHINA A BARALLA: O WUSHU

 

 

Vector libre de Wushu - Descargar Vectores Gratis, Illustrator Graficos,  Plantillas Diseño

 

DENDE CHINA A BARALLA: O WUSHU

Ao longo deste 2º Trimestre na materia de Educación Física o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria iniciouse nunha arte marcial, o Wushu. Un total de 26 guerreiros/as realizaron combates preparados, unha das disciplinas destacadas deste deporte. Velaquí o resultado... HU-HA!

 

 

Enlace para visionar o video: https://www.youtube.com/watch?v=yL3ootnKCSk

Servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2021.

DECRETO 38/2021, do 4 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2021.

 

Debe acudir a cada centro educativo, como servizos mínimos, ademais do titular da dirección ou de quen o substitúa, un profesor ou profesora por cada grupo de alumnos que teña prevista actividade lectiva no tempo da folga. 

Tales funcións deben reforzarse no caso do alumnado con necesidades educativas especiais, para o cal o nivel de protección debe ser absoluto, razón que nos leva a fixar como servizos mínimos o 100 % do persoal auxiliar coidador.

 

AVISO IMPORTANTE

24/06/2019.- AVISO ESPECIAL POR OLA DE CALOR

O vindeiro día 19 de Marzo é festivo Autonómico polo que non haberá actividade lectiva.

Día Internacional da Muller 2021 (8 de marzo)

 

Día Internacional da Muller 2021 (8 de marzo)

 

International Women's Day 2021. Credit: UN Women/Yihui Yuan.

 

As mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigma, estereotipos nin  violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas. A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres en todas as mesas nas que se tomen decisións.

Este ano,o tema do Día Internacional da Muller (8 de marzo), “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia da Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.

 

 

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO CURSO 2021-2022

 

Admisión Alumnos 2019 – 2020 - Colegio San Juan Bosco | Salesianos La Cuesta

 

O prazo para a solicitude de admisión de alumnado novo abranguerá dende o día 1 de marzo ata o 22 de marzo , ambos inclusive.

O anexo para cubrir achégase en arquivo adxunto, e debe achegarse tamén copia do libro de familia.

 

Solicitar cita previa para secretaría do centro no teléfono 982870071

24 de febreiro. Día de Rosalía

 

24 DE FEBRERO DÍA DE ROSALÍA | Ayuntamiento Pobra

 

 

Hoxe 24 de febreiro celébrase o  Día de Rosalía, co  fin de homenaxear o nacemento da figura máis

relevante da literatura galega no seu 182º aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).

 

Recollemos algúns  eventos e recursos que se están promovendo nestes días para difundir a celebración:

 

 

 

 

 

Entroido 2021

 

Baiona despide el “Entroido” en Sabarís con música y la “Queima do Meco” -  Telemariñas

 

O pasada semana, celebramos o ENTROIDO no cole dun xeito ben diferente aos outros cursos!!! 

Velaí un video con fotografías que queda para que o disfrutedes na seguinte ligazón: https://orecunchodecamaleo.blogspot.com/

BENVIDA A HALEY: Auxilliar de Conversa no noso cole!!

 

 

HALEY, BENVIDA AO NOSO COLE!!!

 

 

 

 

 

 

Esta semana, por fin, tivemos a sorte de contar coa auxiliar de conversa que vén da cidade de Charleston en South Carolina, Estados Unidos.

          Estamos moi content@s de poder contar con Haley, que seguro que nos axudará a comprender un pouquiño máis sobre a súa lingua e costumes.

Entroido 2021

Resultado de imagen de entroido 2021Ao longo da vindeira semana, no CPI LUÍS DÍAZ MORENO DE Baralla, imos celebrar o ENTROIDO da maneira máis divertida que poidamos, repectando sempre as medidas hixiénico-sanitarias que se establecen para previr a COVID_19.

De tal xeito, alumnado e profesorado deberán cumprir cos mandados do "ENTROIDO" para cada día da semana : 

Luns 8 de febreiro: comeza o entroido!! se un día divertido queres pasar, unhas gafas simpáticas tes que levar!!!

 

Martes 9 de febreiro: se con nós queres bailar, ademais das gafas, un zapato diferente terás que calzar.

 

Mércores 10 de febreiro: con gafas e zapatos diferentes virás, e falta tapar a cabeza que vai arrefriar!!!Trae un gorro, sombreiro ou viseira para molar!!

 

Xoves 11 de febreiro: gafas molonas, zapatos diferentes, gorro na cabeza e garavata traerás!!

 

Venres 12 de febreiro: aproveita as gafas, os zapatos diferentes, o gorro molón e a garavata para confeccionar un ORIXINAL DISFRAZ!!!

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO curso 2020-21

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020 | Colegio Mª Inmaculada

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo , abranguerá dende o día 1 ao 22 de marzo, ambos inclusive.

 

Solicitar cita previa no 982 870071

 

Powered by Drupal - Design by artinet