Conta a lenda que nun pobo abandonado unha familia mercou unha casa. Co tempo chegaron ao pobo moitas familias e ocuparon máis casas.
Un día a familia foi a un mercadiño e mercaron un cadro dun pallaso. A nena íbao colgar pero o pallaso moveuse. Un pouco despois soou o teléfono e a nena colleuno e escoitou como ao outro lado alguén diciía:
-Se non vas á casa da túa amiga matarei a alguén da túa familia.
Ela non podía facer o que lle mandaban porque a casa da súa amiga estaba a cinco rúas da súa.
Ao día seguinte cando a súa nai foi colgar a roupa viu que o seu fillo estaba morto e o pallaso do cadro tiña un dedo levantado.