PDI

PDI curso 2023/2024

No noso cole, O planeta ten mellor pinta!

Un proxecto cooperativo que deu continuidade ao PDI do curso 2022/2023 para traballar a Axenda 2030 ao longo de todo o curso 2023/2024.

Temos o pracer de compartir o éxito do seu proxecto de biblioteca "No Sueiro, o planeta ten mellor pinta, porque traballamos xuntos a Axenda 2030". Baseado na liña de traballo proposta por Bibliotecas Escolares "UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS", aproveitando as posibilidades da banda deseñada na aprendizaxe curricular a maiores do goce lector.

A proposta volveu a consistir nun proxecto cooperativo que implicou a toda a comunidade educativa: alumnado de todas as áreas, cursos e etapas, todo o claustro e as familias. Partindo da biblioteca, o proxecto estendeuse por todo o centro, creando un ambiente de aprendizaxe colaborativa e enriquecedora.

Unha aprendizaxe integral para un futuro sostible

A través de diferentes actividades, os estudantes exploraron os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Leron libros, escribiron historias, crearon poemas, deseñaron carteis e realizaron presentacións multimedia, todo co obxectivo de comprender a importancia da sostibilidade e o desenvolvemento responsable.

Fomentando a creatividade e a colaboración

O proxecto "No Sueiro, o planeta ten mellor pinta" non só fomentou a aprendizaxe sobre os ODS, senón que tamén despertou a creatividade e a colaboración entre os estudantes. Os nenos e nenas traballaron xuntos en equipo, compartindo ideas e desenvolvendo habilidades de comunicación e traballo en equipo.

Un éxito rotundo

O proxecto foi un rotundo éxito, tanto pola participación da comunidade educativa como polos resultados acadados. Os estudantes adquiriron unha valiosa comprensión dos ODS e desenvolveron un forte compromiso coa sostibilidade. Ademais, melloraron as súas habilidades de escrita e comunicación, e aprenderon a traballar xuntos de maneira efectiva.

Sentímonos orgullosos por este proxecto e pola súa contribución á educación para o desenvolvemento sostible. A biblioteca escolar seguirá a ser un espazo clave para fomentar a lectura, a escrita e a creatividade, e para inspirar ao alumnado a construír un futuro mellor para todos.

Parabéns a toda a comunidade educativa por este gran logro!

Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:

ODS 3. Desarrollo Sostible Fame cero

pdi_1ep

ODS 13. Acción polo clima Valor da auga, dos mares e océanos
PDI_3EP
Todos xuntos melloramos o nos... ODS 13. Acción polo clima
pdi PDI_6ep
Plurilingüismo  
Pluriingüismo  

PROGRAMA DE EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUARIA. AXENCIA TRIBUTARIA.

hacienda

O luns 15 de abril de 2024 dúas técnicas, Belén e Marisol, ambas funcionarias da Axencia Tributaria do Ministerio de Facenda visitaron o noso centro para explicarlle ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 5º de Educación Primaria a importancia dos impostos para ter una sociedade máis xusta.
Nesta sesión traballouse o seguinte:

1 Obxectivos

  • Identificar os distintos bens e servizos públicos.
  • Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, por tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.
  • Coñecer que existe unha correlación entre o gasto e o ingreso público (o Orzamento público).

2 Contidos

  • 2.1 Os ingresos públicos: os impostos 
  • 2.2 Os gastos públicos
  • 2.2.1 Distribución funcional do gasto público
  • 2.2.2 Función redistributiva do gasto público 2.3 O orzamento público.

 

facenda_fotos

Documentación usada na presentación.
PP
Pdf

Xela, a superheroína de aldea

Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio!

O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria.

Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance.

Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes.

Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación!

Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural.

Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela!


RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA


COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

coñece

O 9 de abril de 2024, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade “Coñece as túas institucións” realizando a visita ao Parlamento de Galicia e as dependencias da Xunta de Galicia en San Caetano.

Na visita ao Parlamento de Galicia puidemos ver ao presidente da Xunta Alfonso Rueda na presentación do seu proxecto así como as obras de arte que están expostas ao longo dos corredores, a biblioteca e o salón de Plenos así como ver en directo o pleno de investidura.

Na visita á Xunta de Galicia ensináronnos o edificio no que se pode existe un xardín interior, sala de secretarios e a sala onde traballan os conselleiros e conselleiras.

Para rematar a visita fomos a xantar á Cidade da Cultura.

Foi un día interesante e moi proveitoso... pero sobre todo poder xogar nas instalacións da Cidade da Cultura.

coñece_fotos

 

Semana da prensa na aula de 5º de Ed. Primaria

prensa

O PDI do alumnado de 5º de Educación Primaria, co título: “Todos xuntos melloramos o noso mundo”, desenvolveuse en dúas fases.
A primeira das fases, durante os dous primeiros trimestres facendo referencia a como atopamos o noso mundo e as diversas accións que vai realizando a sociedade, unhas que axudan a mellorar o noso planeta e outras que son necesarias melloralas. Unha das actividades realizadas ao longo da primeira fase que permite ao alumnado de 5º de Educación Primaria ver como se atopa o noso é a centrada na Semana da prensa (6 ao 10 de marzo) buscando noticias relacionadas sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. O alumnado puido observar cales son as diferenzas entre as sociedades occidentais, orientais e países nos que aínda son gobernadas por ditadores.

prensa_fotos

SEMANA ESCOLAR DA PRENSA

prensa

Celebramos a Semana da Prensa no colexio!

O cole encheuse de xornalistas durante a primeira semana de marzo, coa celebración da Semana da Prensa. O alumnado tivo a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo dos medios de comunicación e aprender sobre o proceso de elaboración de novas.

Ao longo da semana, realizáronse diversas actividades tanto na aula como na biblioteca escolar. Os alumnos de primaria gozaron de talleres nos que aprenderon sobre os diferentes tipos de xornais, como identificar as noticias falsas e a importancia dun xornalismo responsable, e a elaborar noticias ben estruturadas.

Esta iniciativa permitiulles aos estudantes desenvolver o seu espírito crítico, fomentar a lectura e a escritura, e comprender o papel fundamental que xogan os medios de comunicación na nosa sociedade.

Nas seguintes ligazóns podedes observar algunhas das actividades realizadas:

ENERXIA PARA CRECER

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa no programa Energía para crecer de fundación Eroski centrada na alimentación, reciclaxe e alimentación cunha grande cantidade de recursos educativos. 

enexia

https://energiaparacrecer.escueladealimentacion.es/gl/users/ceipmanuelsueiro19514  

 

FEDELLANDO COS CIRCUITOS.

circuitos

O alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a perfeccionar o uso dos circuítos realizando nesta ocasión una maqueta da Torre Eifel e un vehículo propulsado por un pequeño motor.

Menudos xenios están feitos os alumnos e alumnas de 6º curso.

circuito_col

Construíndo veleiros

 Embarcándose no coñecemento: o alumnado de 5º crea veleiros.

Nunha emocionante actividade, chea de creatividade e aprendizaxe, o alumnado de 5º de Ed. Infantil embarcouse nunha experiencia única construíndo pequenos veleiros con gomaeva.

Deseñada para estimular a imaxinación e a aprendizaxe práctica, esta actividade non só foi divertida, senón que tamén contribuíu ao desenvolvemento de habilidades críticas.

A actividade, realizada no marco do currículo centrado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 14 que aborda a vida submarina, tivo como principal obxectivo fomentar a experimentación e o xogo simbólico entre o alumnado.

Os ilusionados nenos e nenas mergulláronse na tarefa de deseñar e construír os seus propios veleiros mediante a gomaeva, un material versátil que permitiu a libre expresión da súa creatividade. Durante o proceso, os nenos e nenas, ademais de desenvolveron a motricidade fina, tamén se viron inmersos nun espazo de xogo colaborativo e enriquecedor.

A actividade non só se limitou á creatividade e á destreza manual, senón que tivo un enfoque holístico. Completamos a actividade coa incorporación á práctica de exercicios de respiración consciente, mentres os nenos e nenas traballaban nos seus veleiros. Esta técnica contribuíu ao seu benestar emocional e asemade, puxo de manifesto a importancia da conexión mente-corpo.

Encántanos ver como o alumnado se mergulla literalmente na aprendizaxe. A actividade de construción de veleiros foi unha experiencia moi divertida coa que traballamos no noso PDI os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Estamos a cultivar non só o coñecemento, senón tamén a cidadáns conscientes e comprometidos co mundo que os rodea".

A xornada culminou cunha pequena exposición onde presentaron as súas creacións, compartiron ideas sobre a vida submarina e reflexionaron sobre a importancia de coidar os nosos océanos e mares.

A actividade de fabricación de veleiros deixou unha impresión duradeira no corazón dos nenos e demostrou como a educación pode ser unha experiencia inmersiva e significativa.

No CEIP Manuel Sueiro seguimos navegando cara un futuro educativo sostible e enriquecedor para o noso alumnado.

Celebración do magosto 2023

O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.

Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.

A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.

Comida do magosto

 

Pintándonos no magosto

Xogos populares

 

Distribuir contido