Setembro 2014

PLAMBE 2014/2015

O proxecto de biblioteca do noso centro foi dos mellor valorados na convocatoria para o curso 2014/2015, motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valia de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro.

Moitos parabéns para toda a comunide educativa, xa que a maioría tedes algo que ver con este recoñecemento.

Este curso o tema central que se propón desde a Asesoría de Bibliotecas son as matemáticas, baixo o lema Biblioteca escolar... matemático!!!

Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso e en breve teremos noticias do mesmo.

 

Horario curso

 Horario de biblioteca:

A biblioteca permanecerá aberta durante os recreos. Esta atoparase baixo a supervisión da responsable da mesma xunto co grupo de colaboradores, o alumnado de 6º EP.

Cada titoría, nas horas reflectidas no proxecto anual de lectura.

 Mestres/as encargados/as:

Responsable: Mª Inmaculada Lorenzo Cancio

Equipo dinamización: Todo o claustro