Á volta da Semana Santa o alumnado de Ed. Infantil púxose mans a obra e comezou a preparar a súa horta con diversas plantiñas de tomates, leitugas, amorodos, frambuesas, leitigas...
A mediados de maio decidimos transplantar unhas plantiñas de fresas para a nosa horta. A ver que é o que pasa?
Durante o mes de marzo e abril o alumnado de 4º curso traballou no Club de lectura o libro do ourensán Ramón Caride, escritor de San Cristovo de Cea, titulado Perigo vexetal.
O libro é una novela de aventuras ecolóxicas ambientada entre o pasado e o futuro. Os seus protagonistas, Sheila e Said, buscan información sobre unha planta que acabará coa fame no mundo.
A lectura serviunos para introducirnos no traballo das plantas como seres vivos.
Fixemos un semilleiro na clase e despois plantamos as pequenas plantas producidas na nosa horta escolar.
Agora xa só nos resta coidala para que sexa produtiva!!
O venres 21 de abril de 2023 o alumnado de 6º de Educación Primaria comezou a limpeza do seu bancal para realizar a plantación da súa horta escolar no CIFP Portovello.
O primeiro que fixemos foi retirar as herbas do noso bancal. Unha vez retiradas as malas herbas comezamos a plantar os nosos alimentos sendo neste ano: coles e leitugas
PREPARANDO O TERRENO
REGANDO A HORTA
O venres 14 de abril de 2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria comezou a limpeza do seu bancal para realizar a plantación da súa horta escolar.
O primeiro que fixemos foi retirar as herbas do noso bancal. Unha vez retiradas as malas herbas comezamos a plantar os nosos alimentos sendo neste ano: coles, leitugas, tomates e acelgas.
O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental, no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.
Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.
O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.
A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.
O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.
Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!
Desde a área de Ed. Física tamén traballamos con libros durante toda a semana.
Seleccionamos todos os fondos bibliogRáficos de xogos que temos na nosa biblioteca e baixámolos para a aula de psicomotricidade. Alí os nenos e nenas leron e escolleron un dos xogos que máis lles gustasen para practicar entre todos e todas.
Foi moi divertido!!!
EDUCACIÓN INFANTIL
1º CICLO DE ED. PRIMARIA
LENDO E XOGANDO EN 2º CICLO
LENDO E XOGANDO EN 3º CICLO
Desde a área de música traballaron a semana do libro por estacións. Para iso encargáronlle a Superleo que fixera una selección dos libros refereridas ás súas competencias.
Educación Infantil. Quen é ese becho de Carmen Queralt e musicado por Paco Nogueiras.
1º ciclo. Extra de Paco Nogueiras coa canción “Superheroe/ina”
2º ciclo. Bricavai de Paco Nogueiras coa canción “Apertas que voan”
3º ciclo. Extra de Paco Nogueiras coa canción “Bici, bicicleta”
Para celebrar o Día do libro todo o alumnado do centro participou na realización de un vídeolibro sobre o libro de Eva Mejuto e Bea Gregores, titulado Cando leo.