O último día de clase desplazámonos ata á nosa hortiña para recoller os alimentos que xa servían para comer. Metemos na nosa cesta tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos que pillamos na horta dos nosos compañeiros do CIFP Portovello.
Unha vez rematada a recolleita regresamos para o cole e preparamos unha gran merendola moi saudable na nosa clase, na que participou todo o alumnado que coidou a hortiña ao longo destes últimos meses.
Estaba todo riquísimo!!
Tres alumnos/as de 6º E.P. do noso centro participaron no “Concurso de pintura infantil y juvenil” convocado por Patrimonio Nacional na súa XXXI edición.
O monumento escollido foi o mosteiro de Santa María la Real de Las Huelgas na provincia de Burgos. A participación neste concurso foi un complemento ao proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º E.P. arredor da figura do Cid, do xacemento de Atapuerca e da catedral de Burgos.
O alumnado de relixión católica, apoiados pola mestra da área, coñeceu a historia do mosteiro, destacando a importancia da muller como abadesa do mesmo.
Non acadaron o pase á fase final, pero non hai dúbida da calidade dos seus traballos. Sen data fixada, recibirán os seus diplomas acreditativos por parte de patrimonio nacional.
PARABÉNS, ARTISTAS!
O 10 de xuño realizamos o concurso de animación á lectura sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia que estivemos traballando no club de lectura de terceiro curso ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
O nivel de traballo e coñecemento do libro foi moi alto, e redundou en que o desenlace final do concurso non se decidise ata a última pregunta, resultando gañador o equipo formado por Tiago, Lorenzo, Jordana e Mateo.
Nesta ocasión, todos os participantes no club de lectura tiveron un pequeno agasallo e un diploma que acreditaba o seu nivel lector. Asemade, os gañadores obtiveron un diploma de equipo gañador e outro agasallo máis.
O 8 de xuñoOs nenos e nenas de Ed. Infantil visitaron coa axuda de Martiño os lugares máis importantes da nosa cidade.
Martiño recibiunos nas Burgas e desde alí guiounos nun percorrido pola Praza Maior, a Catedral e a Praza de San Martiño contaándonos historias moi divertidas.
Como nos portamos moi ben, rematamos a excursión no Parque da Alameda.
Que ben o pasamos!!
Durante o mes de xuño de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo dun consumo responsable e con produtos de tempada para o cal seleccionaron as froitas de tempada : cirolas, frambuesas, sandía, melón, mazás,... e así como os produtos que recolleu o alumnado de 2º de Educación Primaria no horto escolar do CIFP Portovello.
O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...
Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.
O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.
Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.
O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.
Un ano máis, no mes de setembro, aproveitando que desmontaramos a biblioteca para pórlle tarima flotante no chan, realizamos un espurgo bastante importante daqueles fondos que estaban desactualzados ou que o seu deterioro non permitía a súa recuperación.
Neste traballlo de espurgo participaron todos os membros do equipo de bibliotecas, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria.
O traballo realizado polo alumnado de terceiro de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 20022, baixo o título: "De base a base e leo porque me toca", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional.
O premio consiste en tres ordeadores portátiles, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro, nun lugar e data aínda por determinar, que posiblemente será en Madrid.
Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto.