Letras Galegas

LUISA VILLALTA.KAHOOT.

k_LuisaVillalta


Ao longo da semana o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro traballou e homenaxeou a Luisa Villalta. O xoves 16 de maio deseñamos un xogo a través de Kahoot para seguir recordando a Luisa Villalta. Neste caso a actividade consistiu en organizar grupos heteroxéneos de diversas aulas do colexio onde a inclusión, a atención á diversidade, colaboración e compañeirismo presidiron dita actividade.

O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive

https://youtu.be/RXB-BKbkqDE

Galeria

Baile da Muiñeira de Chantada

Celebración das Letras Galegas 2023

Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro:

  • Compilación de materiais para empregar no aula polo alumnado.
  • Realización dun vídeo sobre a nosa lingua.
  • Kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía.
  • Actividade de percusión.
  • Baile da Muiñeira de Chantada.
  • Diversas actividades de aula.

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Exposición Letras Galegas

Comezamos coa celebración do día das Letras Galegas cunha exposición de fondos documentais en galego cos que poderá desfrutar a nosa comundade educativa.

Animádevos a visitarnos e a viaxar coa nosa lingua!.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022)

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

Recuperado do Seminario Galán


RECURSOS EDUCATIVOS


Rapeando a Xela Arias

 

O alumnado de 3º de Ed. Primaria pescudou información sobre Xela Arias e realizou un obradoiro de poesía sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas.

Para rematar, recitaron os seus poemas en versión rap.

Distribuir contido