Meteoescolas

Estragos do temporal de maio

O martes 29 de maio de 2023 entre ás 18:00 horas e ás 19:00 horas produciuse un fenómeno meteorolóxico no que a sarabia, choiva e fortes refachos de vento produciron estragos no colexio que o noso alumnado puido observar. Entre eles destacar unha filtración de auga na zona de caldeiras e estragos nos canalóns, no horto escolar e nos xardín do colexio.

Creando gráficas meteorolóxicas cos datos recollidos

O alumando de 6º de Educación Primaria introduciu os datos recollidos polos grupos de meteorólogos e meteorólogas no programa excel o que lles permitiu obter as seguintes gráficas mensuais no que se pode observar a temperatura máxima, mínima a temperatura ás 11:30 horas no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro e a cantidade de choiva de cada un dos días de rexistro. 

Día da meteoroloxía

O xoves 23 de marzo de 2023 o alumnado de 6º de Educación primaria celebrou o Día da Meteoroloxía centrado no tema  O futuro do tempo, o clima e a auga a través das xeracións.

A actividade comezou coa proxección do vídeo https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-meteorologico-mundial#resTit_1, destacando o tema central para o ano 2023: O futuro do tempo, o clima e a auga a través das xeracións. Con este tema preténdense destacar os avances tecnolóxicos pasados, o progreso actual e o futuro.

Pero Que se entende por meteoroloxía? A meteoroloxía é unha ciencia que se encarga de estudar todos os fenómenos que ocorren na atmosfera da Terra como o clima, os ventos, a choiva, entre outros.

A meteoroloxía e o cambio climático. Nas últimas décadas ocorreu un incremento dos fenómenos meteorolóxicos como furacáns, tormentas eléctricas, secas, incendios forestais, inundacións, entre outros, que representan unha gran ameaza para a vida do home no planeta. Todo isto provocou un cambio climático de gran envergadura, que causou a desaparición de moitas especies, grandes ecosistemas mariños e terrestres e a morte de millóns de seres humanos.

Por que é importante celebrar o Día Meteorolóxico Mundial? O motivo principal para celebrar o Día Meteorolóxico Mundial é crear conciencia entre os homes e os distintos gobernos do mundo, do papel que ten o coidado e preservación do clima e do medio ambiente, para a preservación da vida na Terra.

Xeadas no mes de xaneiro

Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é?

Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies.  

Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas

  • Xeada por radiación: este fenómeno prodúcese por un arrefriamento progresivo e intenso do chan. Este tipo caracterízase por ceos despexados, ventos con baixa velocidade, inversión de temperatura, baixas temperaturas de punto de orballo e temperaturas inferiores a 0ºC. 
  • Xeadas por Advección: este fenómeno é ocasionado por unha corrente ou masa de aire frío de carácter polar con temperaturas inferiores a 0ºC.
  • Xeadas por evaporación:  este fenómeno é producido por unha evaporación da auga líquida dende a superficie vexetal. Ocorre cando diminúe a humidade relativa atmosférica e o orballo formado sobre as plantas evaporase.
  • Xeada branca: denomínase xeada branca ou xeada a capa de xeo cristalino que se forma, en forma se escamas, agullas, plumas ou abanos sobre as superficies expostas no exterior.

Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio.

 

Temporal Fiel

Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense.

Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira. 

Formación inicial alumnado de meteoescolas

O luns 3 de outubro comezamos o rexistro de datos meteorolóxicos da nosa estación sita no patio do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Antes de comezar o rexistro de datos realizamos unha formación inicial aos meteorólogos e meteorólogas. A formación inicial corre a cargo do coordinador do programa Meteoescola.

A formación consta de dúas partes.
1º) Datos de temperatura e rexistro dos mesmos. 

Dentro da estación meteorolóxica atópase o termómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de temperatura o termómetro non se pode coller coa man xa que a temperatura sube xa que lle estamos a dar calor coas nosas mans.
  • Anotar a temperatura máxima, actual e mínima.
  • Comprobar que temos os datos anotados no libro de rexistro.
  • Pulsar clear.

2º) Datos de chuvia e rexistro dos mesmos. 

Na parte posterior da estación meteorolóxica atópase o pluviómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de chuvia e preciso retirar dos soportes a tapa do pluviómetro.
  • Coller a probeta que se atopa no interior.
  • Comprobar que non hai auga no recipiente metálico. No caso de que haxa auga facer a medición da auga da probeta. Baleirar e engadir auga na probeta. Sumar as dúas cantidades.
  • Anotar a choiva no libro de rexistro.
  • Colocar o probeta no pluviómetro.  
  • Pechar poñendo a tapa do pluviómetro nos soportes.

3º) Realizas a fotografía.  

Na parte dianteira da estación meteorolóxica realizaremos a fotografía do noso traballo. Na fotografía debe saír a estación meteorolóxica e o ceo para poder observar o tempo do día

Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023

O venres 30 de setembro de 2022 constituímos 4 grupos de meteorólogos e meteorólogas que se encargarán do rexistro das temperaturas (máximas e mínimas) e os datos das precipitacións do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro levando o seu rexistro no caderno de rexistro diario.

O tempo atmosférico

O alumnado de treceiro de Ed. Primaria nos explica o tempo atmosférico a través dos lapbook que realizaron nas clases de ciencias.

Esperamos que vos gusten:

 

Rexistro de datos metereorolóxicos

Ao longo deste curso o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria realizaou diariamente o control de datos meteorolóxicos na nosa estación situada nos exteriores do colexio.

Cada semana encargouse unha parella de alumnos e alumnas de revisar o termómetro de máximas e mínimase de comproar a cantidade de auga recollida no pluviómetro.

Os dats recollidos foron reflectidos no caderno de control de datos previamente a ser publicados no blog e graficas de pluviometría e máximas e mínimas.

Meteoroloxía na aula de apoio

O alumnado que axiste á aula de apoio continuou recollendo, diariamente e graficamente, o tempo meteorolóxico e reflecíindoo no almanaque de cada mes.

Ao remate de cada mes, fixemos un reconto dos diferentes estados atmosféricos, dese mes, e comparámolos cos dos outros meses.

Os datos recollidos servíronos para facer comparacións, ordenacións... e realizar sinxellas táboas de datos.

Para o próximo curso, temos pensado seguir con esta actividade, de axuda aos compañeiros do programa de meteoescolas, debido ao gran interese que amosan na súa realización.

Distribuir contido