Este ano, para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia no noso centro, cada curso escolleu uha das persoas premiadas ao longo da historia para posteriormente investigar sobre esa persoa.
Os traballos realizados foron presentados ao resto do alumnado durante os días previos ao Día da Paz.
A continuación podedes ver os diferentes traballos de investigación realizados:
Traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil.
Traballos realizados polo alumnado de 1º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado de 2º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado de 3º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado de 4º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado de 5º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.
Traballos realizados polo alumnado nas clases de inglés.
La mochila de la Paz
O Día da Paz. todo o alumnado e profesorado interpretou a canción La mochila de la Paz para conmemorar dita data.
O venres 14 de xaneiro de 2023 recibimos a visita da presentación a nivel autonómico do programa Mira que boca. A presentación asistiron D. Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia, Dna. Josefa Rodríguez Araujo, Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras e D. Xose Fisteos Suengas Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Ourense.
O alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, Mira que boca, no que aprendemos os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.
Os técnicos de SERGAS do Centro de Saúde Valle Inclán ensináronnos como debemos limpar os nosos dentes e a nosa lingua; traballo que realizou Asunción Pérez.
Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e un debuxo.
Cando queirades podedes regresar porque o pasamos xenial...
Noticias en prensa.
Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense.
Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira.
No primeiro trimestre traballamos Mi nombre es Skywalker escrito por Agustín Fdez. Paz e publicado por Ed. El Barco de Vapor.
Raquel descubre o secreto do home “INVISIBLE” que pide na porta do supermercado que hai enfronte da súa casa... el cóntalle que ven doutro planeta...
Os nenos de quinto reflexionaron moito sobre o “poder de invisibilidade” que exerce a pobreza na nosa sociedade... porque a nena ve o que os maiores non queren ver... que é o que cambiou nos corazóns dos adultos.
Para sensibilizar a toda a comunidade educativa crearon unha banda deseñada que resume a historia deste libro.
A gruta da Torre, escrito por Lois Pérez e publicado por Ed. Xerais.
Lois viaxa de vacacións a Ribadeo, pero ese verán non será como os anteriores, a biblioteca, unha nova amiga, un misterioso pasadizo con moita historia... farán que sexa inesquecible.
O alumnado de quinto leu este libro en silencio, algúns foron adiantando capítulos na casa e outros preferiron lelo na clase... os que remataron antes axudaron a preparar as preguntas para o Kahoot que fariamos despois de ir xunto cos alumnos de 6º aos “Encontros co autor” no CEIP Mestre Vide
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, á volta das vacacións, comezou a traballar para participar no programa do Proxecta Nós tamén creamos, co obxectivo último de ser quen de elaborar unha curta de animación sobre o libro Ravioli de David Hdez Sevillano & Anna Forlati.
Nesta primeira actividade de toma de contacto co sétimo arte, elaboramos uns taumatropos cos que estivemos xogando a facer animacións de imaxes de xeito moi divertido.
No mes de decembro, o alumnado de 3º de EP realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz.
Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.
A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.
O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes.