Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro), levaremos a cabo unha instalación baseada na obra orixinal da artista Rivane Neuenchwader.Encheremos as cancelas metálicas do noso centro con lazos de cores, nos cales escribiremos palabras, desexos ou mensaxes que nos transmitan paz.
Comezaremos a proposta cun bote de cristal en cada aula, que os nenos e nenas irán enchendo con palabras significativas escritas en papeis de cores, co paso dos días. Cando se aproxime a data da conmemoración, transcribiremos estas palabras a lazos de diferentes cores e finalmente colgarémolo no exterior.
Gustaríamos facervos partícipes a vós, as familias, como parte fundamental do proceso educativo, de xeito que tamén deixedes o voso gran de area nesta proposta. Para elo, deixaremos no recibidor do colexio un pequeno recuncho con todo o necesario para participar se o desexades: pensade nunha palabra significativa que bos transmita paz, escribídea nun lazo de cor e metédeo no bote, de xeito anónimo.
Todos estes lazos xunto cos escritos polos vosos nenos e nenas, colgaranse no exterior do colexio o martes 30 de xaneiro, conmemorando así o Día da Paz no noso centro educativo.
Para conmemorar o día da paz e non violencia, os compañeiros/as de 6º E. Primaria decidiron facer de Jackson Pollock. Non pintaron un cadro abstracto, senón que coa técnica do “dripping”, deseñaron unha pomba da paz.
E por que usar pinturas tendo chocolate? Nunca unhas pombas da paz resultaron tan saborosas. Cada un deles/as fixo a súa, e compartimos algunhas máis cos demais compañeiros/as da escola.
Desfrutade das nosas pombas da paz e coñecede un pouco máis a Pollock, tamén nomeado como Jack the Dripper, que non “the Ripper”.
Este ano, para conmemorar o Día da Paz e Non Violenciano noso centro, cada curso escolleu uha das persoas premiadas ao longo da historia para posteriormente investigar sobre esa persoa.
Os traballos realizados foron presentadosao resto do alumnado durante os días previos ao Día da Paz.
A continuación podedes ver os diferentes traballos de investigación realizados:
Traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil.
Para conmemorar o Día da Paz o profesorado representou a obra "Por catro esquiniñas de nada" de Jérôme Ruillier. Caracterizados coma os personaxes do conto puxeron en valor o respecto ás diferencias e a integración desde dito respecto, sen pretender que todas as persoas sexamos iguais e entendendo que o traballo en equipo sempre é a mellor canle para solucionar os problemas.
Como este ano O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! dende a biblioteca fixemos unha pequena homenaxe ao premio Nobel da Paz, Wangari Maathai, polo labor que fixo en defensa da natureza e a loita polos dereitos e melloras da situación das mulleres do seu país. Contamos un conto (no que queremos agradecer a participación do alumnado de 6º) sobre a verdadeira historia de Wangari e aprendemos unha bonita canción sobre a súa vida.
Para rematar, realizamos un mural (todo con material reciclado) no que quixemos reflictir o "Movemento Cinturón verde" que fundou Wangari en 1977 e que na actualidade en Kenia conta con 4000 grupos comunitarios que plantan árbores e protexen o medio ambiente. Cada neno/a fixo unha folla co seu mensaxe de paz que posteriormete foi colocada no mural.
Asemade, nestes tempos escuros que estamos a vivir, no noso cole prendemos candeas pola PAZ. Candeas que alumeen o camiño cara ao respecto, igualdade e comprensión.
Este ano, a celebración do Día da Paz, no noso cole, foi un pouco distintaá de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, parte do alumnado estivo pescudando ao longo deste mes sobre os ingredientesprecisos para elaborar unha vacina contra este virus que está a mudar os nosos hábitos. Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este gran descubrimento para a noso a comunidade educativa.
O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividadesque se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:
Coreografía da canción "Baile da Paz" de Mamá Cabra.
Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROESdo cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio.
Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer, e así o fixemos.
Os alumnos de infantil traballaron a pomba da paz. É un símbolo moi antigo. Aparece na biblia e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso.
Os de primeiro fixeron a rama de oliveira. É outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo. Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos.
Os de segundo traballaron o “Sinal da "V" coa man”
Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década dos 60, durante a Guerra de Vietnam.
A papoula é o símbolo dos de terceiro.
Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas papoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a papoula como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra.
Os de cuarto decoramos os logos da paz
Este logo foi creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia.
Os de quinto representamos as nosas mans e queremos que representen a tódolos nenos do mundo.
As mans estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular o terrorismo. Están abertas e estendidas cara á fronte, é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder.
Os maiores do cole somos uns expertos en origami xaponés e creamos estas estupendas grúas.
A lenda conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grúas durante a súa estancia no hospital
No CEIP Manuel Sueiro entre todos creamos este arco da vella. Queremos que sexa un símbolo de paz. Nós neste momento queremos deixar o noso gran de area para rexeitar a violencia.