Skip to Content

2011/12

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

  • Os nenos/as do 1º ciclo de primaria, declamaron coas súas doces voces unhas fermosas poesías, de diferentes autores. OLLADE O VÍDEO!.

 

 

  • Os alumnos/as de 3º de primaria, exerceron de contacontos ante os seus compañeiros/as, interpretando o conto titulado "CUMPLEANOS FELIZ"

 

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO 2012

O TREN DA PAZ CHEGOU AO NOSO COLE, CON 4 VAGÓNS REPLETOS DE BOAS INTENCIÓNS. OLLADE AS FOTOS CON ATENCIÓN.

DÍA DA PAZ

LEMBRA QUE O VINDEIRO 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.

 

MENTRES TANTO, AO LONGO DESTA SEMANA ÍMONOS DECATAR DO SIGNIFICADO DE CERTAS PALABRAS DO NOSO DICIONARIO QUE FAN REFERENCIA AO CONCEPTO DA "PAZ". CON ELAS CONSTRUIREMOS O NOSO TREN DA PAZ.

 

PARA REFRESCAR A MENTE PICA NA IMAXE:

MAGOSTO 2011

Como é costume nestas datas, celebramos no cole a tradicional FESTA DO MAGOSTO. Houbo unha gran FOGATA na que se asaron as CASTAÑAS. Tamén comemos BOLOS PREÑADOS, que deixaron pegadas vermellas nas nosas roupas.

Gustounos moito pintarnos uns a outros cos carbóns, así quedamos irrecoñecibles. Que divertido!!.

Tamén houbo no polideportivo un CIRCUITO DE XOGOS TRADICIONAIS, no que participaron todos os cursos. A continuación deleitádevos coas fotos do momento. As imaxes falan por si solas.

GRACIAS NENOS/AS POLA VOSA LEDICIA E PARTICIPACIÓN!!.

GRACIAS A TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES QUE PARTICIPOU NA PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO ACTO!

MERENDAS DE RECREOS SAUDABLES

A partir do vindeiro día 2 de novembro levarase a cabo un plan de potenciación de hábitos alimentarios saudables, a través de carteles plurilingües (inglés, galego , castelán), que animarán aos nenos/as a comer a merenda dos recreos en base á seguinte suxerencia:

 

Ø  LUNS => FROITAS

Ø  MÉRCORES => BOCADILLOS 

Ø  VENRES => LÁCTEOS

 

NON TE ESQUEZAS Á HORA DE PREPARAR A TÚA MERENDA DE RECREO!!

 

 

VERÁN 2012

 

E chegou o remate do curso... Agora a DISFRUTAR das merecidas vacacións!. Os/as profes do cole desexamos que o pasedes moi ben neste verán, coas vosas familias e ami@s.

Ainda que anque estés de vacacións, non debes esquecer as cousas que aprendemos durante o curso, por eso debes:

* ...Ler todos os días un pouquiño.

* ...Repasar un chisco de Matemáticas, Lingua, Inglés

* ...Buscar actividades interactivas na Internet

Lembrade ter sempre un bo comportamento: na casa, na rúa, en todas partes onde vos atopedes

Distribuir contido


by Dr. Radut