Pola noite, cando a lúa alumea o camiño, o ladrón de palabras sae con todo o seu equipo e diríxese á cidade. Alí, rastreando as voces e as luces, sen que ninguén o vexa, trepa polos tellados. Comeza a colleita... Unha historia sobre a beleza das palabras e o seu valor para comunicarse co mundo, para sementar amizades, para amar.
Aproveitamos esta marabillosa historia de Nathalie Minne para traballar a lectura, a comprensión, o léxico, gramática, ortografía e outros aspectos da lingua c@s niñ@s de diferentes idades na aula de PT.
OBXECTIVOS:
- Impulsar o gusto pola lectura favorecendo a imaxinación.
- Xogar a comprensión lectora coa interpretación de textos e imaxes.
- Desenvolver a expresión escrita coa elaboración de palabras, frases, historias…
- Enriquecer o vocabulario.
- Traballar campos semánticos e familia de palabras.
- Practicar a ortografía con norma e arbitraria.
- Traballar a gramática a través dos símbolos de Montessori.
- Favorecer valores de amor e amizade.
ACTIVIDADES:
- Un neno de 6º contoulle o conto aos compañeiros de 1º, 2º y 3º na biblioteca.
- A partir da lectura e comprensión do conto do ladrón de palabras construímos a cabana do personaxe do conto. Alí os nenos irán metendo as palabras coas que estamos traballando.
- Melloramos a léxico traballando con palabras relacionadas coas emocións (palabras tristes, alegres, de amor, medo, rabia…)
- O ladrón tamén precisa familia de palabras, campos semánticos.
- Cada día ladrón quere unha categoría gramatical utilizando os símbolos de Montessori: nomes, determinantes, adxectivos, verbos...
- Construímos frases e oracións cos símbolos: artigo-nome, artigo-nome-adxectivo, artigo-nome-preposición-nome-verbo-adxectivo…(ver actividades de gramática Montessori)
- Coas palabras que os nenos van metendo na cabana do ladrón realizamos actividades diferentes: sacar unha palabra e construír unha oración. Clasificamos palabras (alegres, tristes, de rabia, de medo…) e escribímolas nos botes onde correspondan.
- O ladrón precisa palabras con B/V, Z/C, C/QU, G/GU, X/LL/Ñ, G/J… traballamos cos fonemas nos que o noso alumnado teña máis dificultade.
- Agora sacamos dúas palabras e temos que narrar unha pequena historia (Binomio de Rodari)