Skip to Content

Idioma estranxeiro

Exipto, Egipto, Egypt!

 

EXIPTO, EGIPTO, EGYPT!

Os alumnos e alumnas de 6º E.I. viaxaron ao antigo Exipto desfrutando como auténticos pharaohs.

Esta viaxe tivo un longo tempo de preparación: itinerario, transporte, animais, deuses, pirámides, xeroglíficos, momias, sarcófagos, Cleopatra’s family, river Nile,...

Descubrimos que a raíña Cleopatra tiña sangue macedonia, que o macedonio máis famoso foi Alexandre Magno, que este fundou a cidade de Alexandría en Exipto e que nesta cidade un dos edificios máis importantes foi a biblioteca de Alexandría. E cal é o lugar máis importante da nosa escola? Pois claro: A BIBLIOTECA DE SUPERLEO.

Xa vedes que en galego, castelán e inglés todos eles/as

WALK LIKE AN EGYPTIAN!


VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO


BEES and HONEY!

BEES  and  HONEY!

Colin visitou a aula de 5º E.I. e trouxo con el a algúns dos seus amigos: Lucy the ladybird e unha bee aínda sen nome.
Nome non ten pero trouxo un agasallo en forma de honey, de zonas diferentes. O tempo da merenda foi moi doce, probando o agasallo da bee nun pan fresco.

Que ben traballan as bees nas colmeas para que nós podamos degustar este sabroso manxar.

THANK YOU BEE!

TIME TO SAY GOODBYE!

TIME TO SAY GOODBYE!

Chega o remate do curso e o tempo de despedir ás nosas auxiliares de conversa, KIM e LAUREN.

As dúas chegaron de illas ben distantes entre si: Kim desde the Philippines e Lauren desde Ireland. Illas diferentes en océanos tamén diferentes: the Pacific Ocean and the Atlantic Ocean.

E un mesmo punto de destino, o CEIP Manuel Sueiro sen océano á vista.

Dámoslles as GRAZAS polo seu traballo e tempo compartido con nós e esperamos que ámbalas dúas teñan un estupendo  futuro.

GOOD LUCK KIM and LAUREN!

 

 

HORA DE LER. PLURILINGÜISMO.

Plurilingüe

MEMORIA PAL 2023-2024. ÁREA LINGUA ESTRANXEIRA.

As liñas de acción programadas ao inicio do curso tomaron forma tal e como se describe a continuación:
I.- EDUCACIÓN DOCUMENTAL:
 Remitimos aos apartados de fomento de lectura, hora de ler, e PDI de centro para ver as accións concretas.
II.- FOMENTO DE LECTURA:

II.1.- Promover a lectura.
 A xustificación que demos na programación de inicio de curso e os obxectivos que nos marcamos foron o punto de partida para as actividades desenvolvidas co noso alumnado.
Desde a nosa área as lecturas estIveron integradas nos diferentes centros de interese programados para este curso, e sempre dependendo da capacidade de reading do noso alumnado.
A base dos nosos títulos está en lingua inglesa, aínda que incluímos textos en castelán e galego, fomentando o plurilingüismo no noso centro.
O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo para promover a lectura foron as seguintes:
- E.Infantil
A very lazy ladybird
Colin colours
- E.P.: Nos diferentes cursos integraremos algunhas lecturas nas diferentes unidades didácticas.
1º: “Blippy the robot” e colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
2º: Colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
3º: Colección “Winnie the witch”
4º: Colección “Clara secret”.
5º e 6º: - Lectura de letras de cancións, unha por mes e Lectura de “tongue twisters” no 1º trimestre.
II.2.- Hora de Ler. Club de Lectura Sueiriños.
As lecturas desenvolvidas no club de lectura foron as seguintes:
- “La puerta secreta del Museo del Prado”. ( Ed. EDEBÉ)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2323
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2493
   A información documental atopámola nas seguintes direccións:
•    La guía visual del Museo del Prado.
https://www.museodelprado.es/recurso/la-guia-visual-del-museo-del-prado/882d7e55-f30c-f0fb-5c62-cf1134af615a
•    Las Meninas en pictogramas.
https://www.museodelprado.es/recurso/las-meninas-en-pictogramas/c561e5aa-e78b-965f-2230-ae880052456c
 •    Audioguías infantiles.
https://www.youtube.com/watch?v=PC_NxAhTlZc
https://www.youtube.com/watch?v=3cqdOhuboC4
- “The world’s greatest heroes: Matin Luther King Jr.”   ( Banda deseñada )
 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2380
 III.- PDI de centro.
A nosa achega ao PDI de centro foi desde a área de plástica en 5º E.P. co proxecto desenvolvido ao longo de todo o curso escolar, titulado “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”.
- Educación documental:
   - 16 de octubre. Día mundial de la Alimentación.
https://www.fao.org/home/es
https://www.fao.org/world-food-day/es
https://www.wfp.org/stories/growing-peace-break-vicious-circle-hunger-and-conflict
 - 20 de noviembre. Día de los Derechos de la Infancia.
https://ciudadesamigas.org/20n-2023/
https://www.unicef.es/educa/mural-derechos
https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos
- Recursos bibliográficos:
• El cielo de Afganistán. ( Ed. Cuento de Luz )
• Cuentos alrededor del mundo. Mali. ( Ed. Vaughan )
• El sueño de la pequeña Efna. ( ING Ed. )
• Lolota da la vuelta al mundo. ( Kailas editorial )
• Lolota en los Balcanes. ( Kailas editorial )
• O lapis máxico de Malala. ( Ed. Xerais )
• Iqbal, niño valiente en Pakistán. ( Ed. Juventud )
• La escuela secreta de Nasreen. ( Ed. Juventud )
• La bibliotecaria de Basora. ( Ed. Juventud )
- Avaliación PDI:
Participa todo o alumnado? SI
Os nenos/as foron protagonistas? SI
Cal foi o sentir do alumnado? Sentido pertenza ao grupo
O alumnado expuxo o seu proxecto? SI
As actividades resultaron atractivas? SI
Participaron as familias? Si, na aportación de materiais.
O proxecto sae da escola? SI
Acadáronse os obxectivos específicos propostos? SI
Desenvolvemos as comp. clave iniciais? SI
Os recursos proporcionados pola biblioteca foron axeitados? SI
Foi axeitada a temporalización? SI
A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos resulta ben? SI

 Galeria

Sementando igualdade

A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero.

O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento.

Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…”

Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas.

Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo.

Botas lilas: un símbolo de esperanza

Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.

Un manifesto pola igualdade

O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas.

Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole.

Un xardín pola igualdade

Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero.

Unha mensaxe para o futuro

A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamos sobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario.

Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial!


 OUTRAS ACTIVIDADES NA SEMANA DO DÍA DA MULLER


  • Obra de teatro "O tesouro"
  • Premio Clara Campoamor
  • Obradoiro sobre igualdade do CIFP Portovello

O alumnado do CEIP Manuel Sueiro xúntase para conmemorar o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller

Unha xornada educativa na loita contra os micromachismos.

Nunha fermosa iniciativa educativa, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro reuniuse para conmemorar o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller, destacando a importancia da concienciación e o diálogo na erradicación dos micromachismos.

O 27 de novembro, no CEIP Manuel Sueiro, a comunidade educativa sumouse á conmemoración internacional do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller cun enfoque único: abordar o micromachismo. Os nenos e nenas de todos os niveis educativos participou activamente na reflexión e sensibilización sobre este tema relevante.

Na semana previa ao acto, o profesorado do centro organizou sesións de traballo na clase, onde os nenos e nenas exploraron e debateron diversos micromachismos presentes na vida cotiá. Desde comentarios aparentemente inofensivos ata actitudes sutís que perpetúan os roles de xénero, o alumnado debateu e comprendeu a importancia de identificar e combater estes comportamentos dende pequenos.

O colofón desta experiencia tivo lugar na aula de psicomotricidade do centro durante a celebración do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O alumnado tivo a oportunidade de compartir os seus descubrimentos e aprendizaxes co resto da comunidade educativa.

Baixo a atenta mirada do profesorado e persoal do centro, o alumnado expresouse de xeito creativo, utilizando presentacións visuais e representacións teatrais para concienciar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a importancia de eliminar os micromachismos en todas as etapas da vida.

A nosa comunidade educativa entende que é fundamental ensinar ao noso alumnado sobre a igualdade de xénero e como erradicar o micromachismo dende pequenos. Cremos na formación. de cidadáns conscientes e respectuosos.

A xornada concluíu co compromiso colectivo da comunidade educativa do CEIP Manuel Sueiro de seguir traballando para construír un ambiente escolar libre de violencia e discriminación de xénero. Este enfoque integral da educación e da concienciación social segue a amosar o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado.

Celebración do Día dos dereitos da Infancia

Celebración exitosa do día dos dereitos da infancia no CEIP Manuel Sueiro cun enfoque educativo singular.

O 20 de novembro o CEIP Manuel Sueiro encheuse de risas, alegrías e aprendizaxes durante unha emocionante celebración do Día dos dereitos da Infancia. Este evento tan esperado non só foi un día de diversión, senón tamén unha oportunidade educativa única para o alumnado do colexio.

Cada aula do CEIP Manuel Sueiro participou activamente na celebración presentando ao resto das clases un dereito fundamental da infancia. Os nenos e nenas non só se divertiron, senón que tamén aprenderon a importancia dos seus dereitos e o respecto aos seus compañeiros.

Dende primeira hora da mañá, o colexio estivo cheo de enerxía positiva mentres se preparaban para presentar os seus dereitos para compartir os seus coñecementos dun xeito creativo e participativo.

O profesorado tivo un papel fundamental na organización do evento, animando aos estudantes a expresar as súas ideas de forma eficaz e fomentando o respecto mutuo. Cada presentación foi única e reflectiu o esforzo e a creatividade do alumnado e do profesorado.

Durante as presentacións, non só compartiron información sobre os dereitos da infancia, senón que tamén destacaron a importancia de respectar e valorar as diferenzas entre eles. Esta iniciativa non só promoveu a aprendizaxe académica, senón tamén as habilidades sociais esenciais para o desenvolvemento dos nenos e nenas.

Amosamos a nosa satisfacción polo acto, destacando a importancia de celebrar o Día da Infancia dun xeito non só divertido, senón educativo. É fundamental que o noso alumnado comprenda os seus dereitos dende pequenos, e esta celebración foi unha valiosa oportunidade para conseguilo.

En resumo, a celebración do Día da Infancia no CEIP Manuel Sueiro foi un éxito rotundo, deixando unha pegada perdurable na mente do alumnado e reforzando o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado.

Vídeo resumo do curso 2022/2023

We are artists!

 

É ben sabido que no Sueiro vainos o do artisteo. E ninguén que os máis peques do cole para amosalo ao mundo.

Non o puidemos pasar mellor pintando as bags, e tamén a roupa, o pelo, a cara, ..., tiñamos pintura por todas partes!

Nesas bags tan chulas deixamos claro que somos uns ARTISTS. Serviron para gardar as nosas obras de arte: sculptures, yellow submarines, flowers, ladybirds, toda a arte nas nosas bags.

Foi o mellor remate de curso despois do traballo ben feito, porque ...

WE ARE SIMPLY THE BEST!

Distribuir contido


by Dr. Radut