Skip to Content

Idioma estranxeiro

Oh Christmas tree

OH CHRISTMAS TREE!

O que máis nos gusta no noso cole é compartir tempo, espazo e actividades entre todos/as nós.

E os/as compis de 1º E.Primaria, adicaron un chisco do seu tempo aos peques de E.Infantil. Amosáronlles os seus Christmas trees e cantaron mellor que nunca “Oh Christmas tree”.

Have a MERRY CHRISTMAS and peaceful 2023!

 

ARCO SUEIRO

ARCO SUEIRO

Non somos a Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid, pero os/as peques de E.Infantil xa amosan a súa inquedanza polo mundo da arte.

Na edición do ano 2022, un dos artistas convidados foi  David Maljković e a obra que máis nos gustou foi “In the corner of the eye”.

Fixémola ao noso xeito, aprendemos as cores e coas nosas mans e dedos, demos forma á nosa sculpture, e ben chula que quedou. A big e a small, long e short. E puxémola nun corner.

A arte para aprender ENGLISH!

Estades convidados/as a visitar a nosa obra de arte no cole.

A entrada é de balde!!!

Mountains Matter!

 

O ano 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como ano internacional para o desenvolvemento sostible das montañas, invítándonos a todos/as a colaborar no coidado e mantemento do ecosistema montañoso.

Os nenos/as de 4º E.P. desenvolven un proxecto que abrangue os 1º e 2º trimestres do curso.

Neste 1o trimestre damos os pasos para coñecer as montañas. Elaboramos un mural e coñecemos algúns dos animais que as habitan, a importancia da auga que nos abastece dende o máis alto das montañas. E como non, a Biblioteca Escolar do centro, facilitounos lecturas informativas e tamén lúdicas sobre as montañas. A actividade e as lecturas esenvólvense nas tres linguas do centro, galego, castelán e inglés.

Botamos man de actividades propostas pola FAO, pola organización CONSERVATION INTERNATIONAL, coa actividade adicada ás montañas, e sobre todo da nosa imaxinación, esforzo e bo facer.

E como o día internacional das montañas se celebra cada ano o 11 de decembro, non atopamos mellor data para por en valor as nosas MONTAÑAS.

Porque, MOUNTAINS MATTER!

Autumn is here!

Chegou autumn á aula de 1º E.P. O noso tree está cheo de squirrels que disfrutan do tempo outonal.

E nunha basket fixemos a recollida dos froitos da nosa árbore: nuts, chestnuts, hazelnuts, almonds, acorns and cashews. Como podedes ver, o noso tree é multifroital.

Foi un traballo laborioso,no que fixemos a cesta, os froitos de outono e colocamos cada debuxo co seu correspondente real.

E rematamos o traballo comendo, non hai mellor xeito de aprender.

Non vos asustedes, as acorns deixámolas para outros comensais!

We Love English

Os nenos e nenas de 1º E.P. aprenderon que ENGLISH STARTS IN THE HEART.

Non hai mellor xeito de aprender que pondo agarimo en todas aquelas tarefas que nos propomos.

E na semana da alimentación, puxemos imaxinación e moito amor:

  • O noso HEART foi un cachiño de watermelon.
  • A NOSE outro heart máis pequeño, pero doce.
  • Os EYES e a MOUTH fixémolos con chocolate.

O noso HEART estaba DELICIOUS e para lambóns!!!

SEE YOU SOON, TOBIAS!

Chega o final do curso e aos poucos imos marchando. Hoxe foi a quenda do teacher TOBIAS. Vaia sorpresa levou!

Quixemos lembrar algunhas das actividades nas que contamos coa súa axuda:

  • E.I., 3 e 4 anos: Axudou a Yayoi Kusama a plantar un CHERRY TREE.
  • E.I., 5 anos: Descubrimos quen se atopa ao final do RAINBOW.
  • E.P. 1º e 2º: Coñecemos a Vincent Van Gogh, os seus útiles de pintura, e creamos a nosa versión dos SUNFLOWERS e da STARRY NIGHT
  • E.P. 3º: Xuntos collemos as mellores ondas desfrutando do SURFING.
  • E.P. 4º: Que mellor xeito de aprender a describirnos que xogando ao WHO IS IT?
  • E.P. 5º: Libros e filmes déronnos  que falar e ata chorar co LION KING.
  • E.P. 6º: Celebrar a 1st SUERO CLIMATE SUMMIT afondou nas nosas inquedanzas a prol do futuro do planeta.

Todos/as xuntos disfrutando do traballo ben feito e dos bos momentos vividos.

THANK YOU SO MUCH, TEACHER TOBIAS!

Hora de ler en 6º de EP. en inglés

Tomando como punto de partida o libro “Caring for our planet”, desenvolvemos as actividades previas, durante e posteriores á lectura, tal e como se recollía na programación de inicio de curso.

Como todos os proxectos teñen vida propia, este evolucionou cara á celebración dun cumio polo clima como remate da actividade.

O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo na Hora de Ler pódense seguir no enlace:

Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni!

Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar.

Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos.

Desde a área de inglés,  as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:

  • Last but not least 
  • Aloha Hawaii
  • Do it now!
  • A pinga Sueiriña
  • 10 marzo, Polo Sur
  • Wild, wild world
  • 1st Sueiro Climate Summit
  • Aloha Courtney!
  • De base a base e leo porque me toca
  • Surfing in Hawaii!. Como actividade final e ao mesmo tempo, que deixe  interesados aos nenos/as para continuar co proxecto o curso vindeiro, organizamos unha xornada de surf na praia da Lanzada da man dos expertos surfistas de Prado Surf na praia da Lanzada , que fixo as delicias de todos os que nos desprazamos ata alí.

Esto no es Hawai, qué guay!!

O deporte que mellor representa a este estado norteamericano é o surf,  pero desprazarrnos ata Hawaii non é sinxelo.

Ben sabemos que aos valentes alumnos/as de 3º E.P. non hai dificultade que os bote para atrás, e como na nosa terra temos boas praias nas que coller ondas, alá que marchamos.

Grazas aos expertos surfeiros de Prado Surf na praia da Lanzada, pasamos unha xornada de praia e surf que non esqueceremos.

Non estamos en Waimea Bay pero cos nosos neoprenos e táboas calquera podería confundirnos coas xentes de Hawaii.

COLLE ONDAS CON NÓS!

Lendo a ritmo de Hula

O proxecto hawaiano aínda non rematou, pero elaborar un lei con flores naturais e tecer saias para Nahele e Kailane para bailar a ritmo de hula foi unha das nosas tarefas máis minuciosas e requeriu de toda a nosa concentración.

Coas lecturas seleccionadas aprendemos os nomes das illas máis importantes do arquipélago e a historia da súa flag.

LE E DANZA CON NÓS!

Distribuir contido


by Dr. Radut