O deporte que mellor representa a este estado norteamericano é o surf, pero desprazarrnos ata Hawaii non é sinxelo.
Ben sabemos que aos valentes alumnos/as de 3º E.P. non hai dificultade que os bote para atrás, e como na nosa terra temos boas praias nas que coller ondas, alá que marchamos.
Grazas aos expertos surfeiros de Prado Surf na praia da Lanzada, pasamos unha xornada de praia e surf que non esqueceremos.
Non estamos en Waimea Bay pero cos nosos neoprenos e táboas calquera podería confundirnos coas xentes de Hawaii.
COLLE ONDAS CON NÓS!