Decembro 2021

Aforro de enerxía

Durante o mes de decembro de 2021 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética para o cal se levaron a cabo diversas actuacións.

  1. Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
    • Desenvolvemento sostible.
    • Aforro enerxético.
    • Coidado do medio ambiente.
    • Diminución do recibo da luz.
    • Aforro económico.
    • Diminución de emisións de dióxido de carbono.
  2. Realización de carteis informativos sobre o uso e aforro da auga.  




PDI de centro 2021/2022

Nas escaleiras de acceso á biblioteca, realizamos un gran cartaz alegórico á temática do noso PDI de centro que traballaremos ao longo do curso 2021/2022 nas aulas, baixo o título:

"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!".

  Presentación dos traballos que realizaremos ao longo do curso:

Lecturas para o Nadal 2021

Xa chega o Nadal! e a nosa biblo vaino celebrar!

E que mellor maneira que os libros empregar e material de refufallo poder reutilizar. A que non adiviñades con que están feitas as campaíñas da árbore de Nadal?

Na biblio preparamos unha exposición cos fondos documentais que tratan sobre o Nadal e que podedes levar en préstamo para as vosas casas.

Asemade, na presentación de máis abaixo, Leo deixavos unhas recomendacións lectoras para estas Festas de Nadal.

Esperámos que sexan do voso agrado!!

Charlie y la fábrica de chocolate

O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro  “Chalie y la fábrica de chocolate” de Roal Dahl da editorial Alfaguara Juvenil.

LIBRO 1º: Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl da editorial Alfaguara Juvenil. 

O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia de Charlie Bucket un neno que vive cos seus pais e os seus avós maternos e paternos nunha casa. Son pobres e pasan fame e frío, sobre todo cando o seu pai é despedido do seu traballo. Charlie e o seu avó Joe soñan con visitar a Fábrica de chocolate de Willy Wonka, que leva anos pechada ao público para evitar espionaxe industrial, e o soño farase realidade. Willy Wonka, o dono da fábrica, pon en circulación dentro das súas barras de chocolate, cinco billetes dourados, que poden estar en calquera barra de chocolate, en calquera tenda, e en calquera país. Estes permitirán, aos cinco nenos ou nenas que os atopen, visitar esta fábrica, levar un cargamento de chocolates e lambetadas para sempre e, ademais, o gañador recibirá un premio moi especial. Augustus Gloop, Veruca Salt, Violet Beauregarde, Mike Tevé e Charlie Bucket son os afortunados gañadores. Todos entran cos seus pais, menos Charlie, que vai acompañado polo avó paterno Joe. Unha vez dentro descobren da man de Willy Wonka un marabilloso mundo de chocolate e lambetadas. Cada un dos nenos e nenas vai saíndo da fábrica por mor das súas teimas, defectos e mala educación. Augustus Gloop non pode coa gula, cae a un río de chocolate, e é absorbido por un tubo que o leva fóra do recinto. Violet Beauregarde, a obsesiva mascadora de chicle e competidora incansable, convértese nun arando por probar un chicle experimental con gusto a unha comida completa de dous pratos e sobremesa que aínda seguía en proba. Veruca Salt, nena mequeira e consentida que non para de pedir e esixir, é lanzada ao buraco dos desperdicios por uns esquíos ao tentar levar unha e Mike, agresivo e adicto á televisión, convértese nun pequeno personaxe de televisión ao que han de alongar como a un chicle para que volva ter un aspecto minimamente normal. E por fin só queda na fábrica Charlie, o gañador. O premio é a fábrica: o señor Wonka faise maior e quere un herdeiro. Charlie pensa que non poderá facelo, porque a súa nai estrañaría aos avós e non entrarían todos no ascensor de cristal. Pero Wonka di que si é posible, así que recollen a toda a familia, métena no ascensor de cristal e vanse todos a vivir á fábrica.

Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes actividades:

  • Actividade 1. En canto comezamos a ler, descubrimos que a familia de Charlie é moi humilde e pasa necesidades. O señor Bucket era o único que tiña un emprego e, aínda que non era suficiente, non morrían de fame. A situación empeora cando a fábrica na que traballaba crebou e tivo que pechar. Con esta actividade preténdese que o alumno comprenda a gravidade do desemprego e tome conciencia de que é un tema de plena actualidade, contra o que debe enfrontarse a sociedade actual.
  • Actividade 2. O feito de que non se vexa a traballadores entrar e saír da fábrica de chocolate fai que se cre misterio sobre quen traballará alí. Pediremos aos alumnos que pensen niso e que nos ofrezan as súas ideas respecto diso. Trátase de que poñan en xogo a súa creatividade formulando conxecturas e relátennos unha posible historia.
  • Actividade 3. Preguntamos aos alumnos o nome dos cinco nenos afortunados cos billetes dourados, e pedímoslles que os caractericen. Trátase de comprobar se identificaron e saben distinguir aos personaxes que interveñen na lectura, desta maneira detectaremos posibles erros e poderemos aclaralos.
  • Actividade 4. É conveniente que, unha vez lido Charlie e a fábrica de chocolate, fagamos entender aos alumnos que se trata dunha narración e que, como tal, presenta unhas características determinadas en canto á súa estrutura. Despois, coa finalidade de saber se o entenderon, farán a división do contido en formulación, nó e desenlace.
  • Actividade 5. O tema da pobreza de Charlie e a súa familia suponse que debe impresionar aos nosos alumnos polo lonxe que queda, á maioría, ese mundo, e o inmersos que están nunha sociedade cento por cento consumista. Pero no libro entrecrúzanse outros temas: a glotonería, os caprichos de nenos consentidos, a televisión... Centrarémonos en guíar aos alumnos para que os descubran e coméntenos, coa finalidade de desenvolver a súa capacidade crítica.
  • Actividade 6. Nesta actividade expomos unha cuestión de vocabulario. Consiste en que os alumnos recompilen palabras que pertenzan ao campo semántico «chucherías», xa que na historia hai moitas referencias a todo tipo de lambetadas.     Actividade 7 Un dos obxectivos que perseguimos coa lectura é que os nenos aprendan a expresarse con corrección. Por iso, cremos oportuno suxerirlles que se imaxinen no papel do avó de Charlie e que conten a un grupo de nenos pequenos como transcorreu a visita á fábrica de chocolate. Así, poderemos comprobar a súa forma de expresión e a capacidade de síntese, sen esquecer a estrutura que debe ter a súa narración.
  • Actividade 8. Os Oompa- Loompas exprésanse con longas tiradas de versos. Moitos deles son pareados nos que vai cambiando a rima. Parécenos conveniente que se explique aos alumnos esta construción métrica de dous versos. Unha vez entendida poderán tentar escribir algún. Desta maneira, poñeremos a proba a súa creatividade.
  • Actividade 9. Os misteriosos traballadores do señor Wonka son uns diminutos homiños chamados Oompa-Loompas. Os alumnos aprenderán onde viven, os seus costumes e modos de vida e as súas características físicas. Tras o labor de investigación, poñeranse en común todos os datos.
  • Actividade 10. Pídese aos alumnos que debuxen os obxectos que describiron na actividade DONO POR UN DÍA. Desta maneira, unha vez que desenvolveron a súa imaxinación, preténdese desenvolver as súas habilidades como debuxantes. Trátase dunha actividade divertida e entretida. Tamén se lles pode suxerir que debuxen unha torta ou pastel de aniversarios cun motivo de chocolate orixinal, por exemplo, un tren de chocolate, un galo...
  • Actividade 11. Unha das calidades de Charlie, quizá a máis sobresaliente, é que é un neno extremadamente xeneroso. Parécenos que será moi positivo que os alumnos observen a súa actitude e pensen nela tendo en comta as circunstancias que o rodean. Chama gratamente a atención que un neno sexa xeneroso, pero se ademais é pobre, resulta sobrecolledor. Tal actitude pode provocar reaccións positivas nos alumnos.
  • Actividade 12. Vémola reflectida na obra na forma de proceder de Charlie: cóidase para non fatigarse, xa que non debe gastar as súas enerxías. Esta actitude reflicte madurez e parécenos conveniente que os alumnos a valoren.
  • Actividade 13. Das cancións dos Oompa- Loompas sempre se aprende algo. Agora fixarémonos na crítica que fan á televisión. Impide pensar aos nenos e tamén ler. A Mike Tevé hao trastonado. Pódese organizar un debate en clase para facer recapacitar aos nenos nas consecuencias negativas de ver tanta televisión.
  • Actividade 14. O señor Willy Wonka elixiu a esta raza humana porque non confía na súa. Pode intuírse un indicio de superioridade pola súa banda ao facer esta selección. El mesmo tróuxoos de África e, segundo di, mellorou a súa forma de vida. Fíxolles unha proposta e eles aceptaron. Ata aí parece razoable, pero o modo de transportalos non nos parece adecuado. Faremos reflexionar aos alumnos sobre iso.


As actividades realizadas durante a semana do 29 de novembro ao 10 de decembro de 2021 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto.