Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA. |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro inicia o programa "Voluntariado na Biblioteca" para fomentar as responsabilidades e implicación do alumnado |
Igualdade e traballo en equipo |
O curso escolar 2019/2020 estivo marcado polo un feito insólito, nunca sucedido ata o día de hoxe no ensino obrigatorio como foi o confinamento iniciado o día 16 de marzo de 2020. Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”, e os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria centrámonos no tema na: Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas, para o cal utilizamos diversos materiais entre os que se encontran os seguintes:
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados en “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas” son os seguintes: Obxectivos:
Contidos.
As actividades realizadas en relación ao PDI, ao longo do curso, foron as seguintes:
O 16 de marzo de 2020 prodúcese un feito insólito nunca sucedido ata o día de hoxe como é a suspensión da actividade lectiva quedando sen concluír a actividade programada para o 3º trimestre como era:
Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:
Recollida de información e materiais didácticos para traballar co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:
Metodoloxía e recursos utilizados: A metodoloxía de traballo foi a lectura individual e en voz baixa dos libros que se entregan na mochila viaxeira e nas diferentes actividades propostas polo docente e centradas na igualdade e traballo en equipo. Cada quince días realizarase a posta en común de cada unha das actividades propostas. Dita exposición permitirá ao resto do seus compañeiros/as a elección do libro que máis lle guste. A nosa intención foi a de propor unha serie de obxectivos que sexan realistas, coherentes e avaliables, que estean estreitamente ensamblados e non poidan separase uns doutros. Con todos e cada un dos contidos para traballar tentamos:
Avaliación: Como conclusión, e aínda que non foi posible a realización completa do PDI é importante destacar que cando as persoas traballan en equipo melloran notablemente os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas, todo isto foi posible durante o 1º período comprendido entre o 4 de outubro de 2019 e o 13 de marzo de 2020. |
Club de lectura de 1º Ciclo |
O Club de Lectura do 1º Ciclo experimenta un impresionante crecemento e éxito durante o Curso 2023/2024 Tras o éxito do curso anterior, o Club de Lectura do 1º Ciclo experimentou un notable crecemento e consolidación durante o curso académico 2023/2024. A participación e o entusiasmo do alumnado alcanzaron niveis sen precedentes, convertendo esta iniciativa nun pilar destacado dentro do programa educativo. Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese dos mozos lectores. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo. Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado. Unha innovación notable este ano foi a introdución de técnicas de relaxación antes da lectura, utilizando técnicas de mindfulness. Esta práctica permitiu que os nenos e nenas se prepararan mentalmente para a lectura, creando un ambiente propicio para absorber e disfrutar das historias. Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas de algúns capítulos dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes. En resumo, o Club de Lectura do 1º Ciclo foi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado. A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club: |
A CASTAÑA QUE REBENTOU DA RISA |
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria innovan co conto "A castaña que rebentou coa risa" nun vídeo cheo de creatividade e novas tecnoloxías |
HORA DE LER. PLURILINGÜISMO. |
MEMORIA PAL 2023-2024. ÁREA LINGUA ESTRANXEIRA. As liñas de acción programadas ao inicio do curso tomaron forma tal e como se describe a continuación: II.1.- Promover a lectura. |
Primeiros auxilios |
O 26 de abril realizamos en colaboracion coa Cruz Vermella un obradoio de primeiros auxilios dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Estas charlas tiveron unha parte teórica e outra práctica, na que os alumnos participan activamente na simulación de diferentes siituacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso du accidente; técnicas de RCP... É fundamental realizar estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real. |
Lendas | |
Obradoiro de comadres e compadres |
O 15 de febreiro tivemos na biblioteca un obradoiro para realizar as comadres e compadres do Entroido. Dito obradoiro foi dirixido polos monitores de Ocitem que contratou a Concellería de Educación. Este ano serán as nenas as que corran destras dos nenos para destruírlles as súas comadres; eles, pola contra, tratarán de defender as súas comadres para que queden ilesas despois da persecución. Esta actividade será realizada o xoves de comadres na Praza Maior de Ourense, e nela participará o alumnado de varios colexios do concello de Ourense. |
GRAVANDO AUDIOLIBROS |
O club de lectura de 5º de Educación Primaria (Sueriños) gravou diferentes libros en formato audio para que os compañeiros e compañeiras que aínda non teñen acceso á lectura poidan desfrutar do pracer e das emocións que produce ler un libro. 1. Mi nombre es Skywalker de Agustín Fernández Paz da Editorial SM.
|
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra |
Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra” ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros. Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla. Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado. PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!
|
Hora de ler en 1º de Ed. Primaria |
Neste curso 2016-2017, e dentro da hora de ler, o alumnado de 1º curso de Primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:
Unha das actividades que prepararon nesta hora foi o obra de teatro de monicreques titulada: "O outono da árbore cascarrabias" e que representaron ba biblioteca para todo o cole. A mestre de Audición e linguaxe tamén se realizarosn as seguintes actividades:
|
Lendo a ritmo de Hula |
O proxecto hawaiano aínda non rematou, pero elaborar un lei con flores naturais e tecer saias para Nahele e Kailane para bailar a ritmo de hula foi unha das nosas tarefas máis minuciosas e requeriu de toda a nosa concentración. Coas lecturas seleccionadas aprendemos os nomes das illas máis importantes do arquipélago e a historia da súa flag. LE E DANZA CON NÓS! |
Visita á biblioteca municipal do barrio de A Ponte |
Visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte! O pasado venres 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Biblioteca Municipal do barrio da Ponte. Durante a visita, puidemos gozar de tres actividades diferentes:
A visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte foi unha experiencia moi enriquecedora para todos os nenos e nenas do cole. Permitiunos coñecer un espazo cultural importante do barrio da Ponte, aprender a utilizar a biblioteca de forma eficaz e gozar da lectura nun entorno agradable. Esperamos volver pronto! |
HORA DE LER. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
A hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada pola titora Eva Vidal Ferro (3 sesións) e por María Concepción López Martínez (2 sesións). Aínda que moitas das sesións deste curso tamén contamos coa inestimable colaboración da responsable de biblioteca. Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. • Castelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:
• Galego: Obra de teatro “SuperLeo e os personaxes máxicos”.(Día das Bibliotecas). Este ano, como os maiores do colexio, tocounos levar o peso da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o 25 de outubro. Pero para que esta festa puidese ser posible os nenos e nenas de 6º dedicáronlle moitas sesións de lectura a memorizar e a ensaiar a obra que escribiu para eles a responsable da nosa biblioteca. Despois chegaría o momento, tan esperado, de vestir os traxes dos seus personaxes literarios favoritos, desde Harry Potter ata os protagonistas dos contos clásicos, dando vida ás historias que lles gustan. O ambiente estaba cheo de maxia e aventura, e a ilusión polos libros estaba no aire. As actividades deste día comezaron a primeira hora da mañá coa representación da obra titulada “Superleo e os personaxes máxicos” na que dunha forma lúdica e divertida ían inculcando nos nenos e nenas a formación de usuarios. A xornada culminou cun concurso no os protagonistas da obra ( os nenos e nenas de 6º EP) ían facendo preguntas ao público infantil sobre diversos aspectos do funcionamento da biblioteca. A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. • Castelán: Folletos/ trípticos publicitarios elaborados polo propio alumnado. Cando planificamos a organización da hora de ler tiñamos claro que un dos obxectivos ía ser fomentar o gusto pola lectura e, para logralo, iamos ler en diferentes formatos e soportes. O que nunca pensamos é que os nosos alumnos e alumnas de 6º de EP serían capaces de crear eses propios documentos con tanta calidade. A finais do primeiro trimestre cada neno e nena elixiu un tema do que era “experto”, ampliou a información que tiña, organizou o seu tríptico, decidiu como escribilo (se a man ou con ordenador) e creou un folleto que máis tarde lle presentou ao grupo clase. Desde entón todos os trípticos presiden o corredor do colexio baixo o lema (elixido democraticamente) : “¿Qué quieres aprender hoy?”.
• Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña. Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un dos libros que máis nos gustou este ano. • Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics. • Galego: “Miña casiña, meu lar” de Rosalia de Castro (poema) convertido en banda deseñada. Continuamos coa lectura en todos os xéneros e formatos. Agora, aproveitando a iniciativa da Fundación Rosalía de Castro conmemoramos o día da escritora, o 23 de febreiro, para lermos o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. • Galego: obra de teatro: “Leo chega do espazo”. Os alumnos de sexto volvéronse a converter en actores e actrices neste terceiro trimestre. Tiveron que dedicar moito tempo e esforzo para memorizar e ensaiar a obra escollida para conmemorar o Día do Libro. Esta vez para representaron: ” Leo chega do espazo”, unha obra adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, que narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo. A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición. A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do Día do Libro para que todo o alumnado puidese gozar con ela. • Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro. • Galego: “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais. A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia! |
Colleita final na nosa hortiña |
O último día de clase desplazámonos ata á nosa hortiña para recoller os alimentos que xa servían para comer. Metemos na nosa cesta tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos que pillamos na horta dos nosos compañeiros do CIFP Portovello. Unha vez rematada a recolleita regresamos para o cole e preparamos unha gran merendola moi saudable na nosa clase, na que participou todo o alumnado que coidou a hortiña ao longo destes últimos meses. Estaba todo riquísimo!! |
Recursos didácticos |
Presentación sobre a vida e obra de Antón Fraguas ; Máis recursos educativos sobre Antón Fraguas
|
Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni! |
Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar. Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos. Desde a área de inglés, as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:
|
Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria |
O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre. Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma. |
Lectura funcional |
Unha das sesións semanais da hora de ler, programada dende o aula de audición e linguaxe co alumnado de sexto, vai encarada a dotar de funcionalidade á lectura para facilitar a súa comprensión e uso en diferentes contextos da súa vida cotiá . A actividade de hoxe foi a elaboración dun Brownie de chocolate no microondas, que na hora de recreo compartiron cos seus compañeiros de clase. Foi todo un éxito, non quedaron nin as migas. |
Gala dos premios do Exército 2023 |
O xoves 29 de xuño, unha representación de alumnos/as de 4ºE.P. acompañados/as polo director do centro e a mestra responsable do proxecto, recibiron en Madrid o diploma e trofeo acreditativos do premio nacional correspondente a “Enseñanza Escolar, categoría A”, polo proxecto “MIRANDO SIN VER”. A cerimonia foi presidida pola ministra de Defensa, Margarita Robles, acompañada polo Jefe de Estado Mayor del Ejército de Tierra (JEME), general de ejército Amador Enseñat y Berea, e numerosas autoridades militares, civís, académicas e xudiciais. Foi un acto cheo de emoción e ledicia compartida cos premiados noutras categorías. No discurso do noso alumnado lembramos o noso proxecto no que puxemos en valor a colaboración e apoio do GMAM, con base en Jaca, ás persoas con discapacidade visual na escalada ao volcán Ojos del Salado en Chile. Lembramos tamén os outros dous proxectos anteriores nos que destacamos o traballo dos homes e mulleres do Ejército de Tierra na Antártida, coidando dese ecosistema tan fráxil e tamén da súa implicación no xacemento de Atapuerca. E como complemento a tanta emoción, foron agasallados cunha xornada no parque de atraccións de Madrid. Dous días inesquecibles! PARABÉNS PARA OS NOSOS/AS ALUMNOS/AS!!! E GRAZAS POR TODO O AGARIMO RECIBIDO!!! O noso proxecto estará exposto xunto cos outros/as premiados no Instituto de Historia y Cultura Militar en Madrid, durante o mes de xullo. Se vos atopades por alí, podedes visitalo.
|
Mulleres importantes nas nosas vidas |
Ao longo da semana do Día da Muller realizamos no cole diversas actividades educativas que buscaban pór de manifesto a loita das mulleres pola igualdade e o recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos na busca dunha igualdade real. O equipo de biblioteca realizou unha exposición de fondos que abordaban dalgún xeito esta temática. Asemade, organizouse a elaboración dun gran cartaz no que a comunidade educativa fixo unha homenaxe ás mulleres máis importantes na súa vida, aportando carteis cos seus nomes e imaxes desas mulleres. O resultado podédelo ver na galería de imaxes, na presentación de máis abaixo e na imaxe do cartaz. O alumnado, tamén reflexionou sobre as mulleres máis importantes da súa vida e a maioría coincidiu e que foi a na súa nai. As nenas e nenos de 2º de E.P, para facerlle un pequeno agasallo, fixeron un banderín debuxando o retrato delas e escribíndolle algo que lle saíra do corazón. Na hora de ler, escolleron o conto ¡Vivan as uñas de cores! Unha historia real que serviu de inspiración ás escritoras e unha bandeira literaria para falar de igualdade. |
Semana das Letras Galegas: "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande |
Como vén sendo habitual, o noso colexio participou un ano máis nos "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande. O alumnado de 4º interpretou estupendamente unha obra de teatro inédita chamada: "Unha raíña diferente". Se queres disfrutar coa súa actuación debes entrar no blogue da nosa biblioteca. Clica na foto:
|
Navegando polos océanos na Hora de ler |
Navegando polos océanos na Hora de Ler! O alumnado de 3º de primaria emprenderon unha emocionante viaxe polos océanos do mundo durante o terceiro trimestre na Hora de Ler. A través da lectura de contos, libros informativos e enciclopedias, afondaron nos conceptos máis importantes relacionados con estes fascinantes ecosistemas. Nesta aventura, descubriron a gran diversidade da vida mariña, desde diminutos peixes ata maxestosas baleas. Tamén aprenderon sobre a importancia dos océanos para o planeta e as ameazas ás que se enfrontan, como a contaminación, a sobrepesca e o cambio climático. Para facer aínda máis enriquecedora esta experiencia, os nenos e nenas utilizaron a banda deseñada como ferramenta para o aprendizaxe curricular tal e como se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia neste curso. Esta ferramenta permitiulles organizar a información, crear mapas conceptuais e desenvolver o seu pensamento crítico. A Hora de Ler foi unha oportunidade para que os nenos e nenas esperten a súa curiosidade polo mundo mariño e se conciencien sobre a necesidade de protexer os océanos. |
Empréstitos curso 2023/2024 |
A biblioteca do cole está aberta! Tes paixón por ler e descubrir novas historias? Entón a biblioteca do cole é o teu lugar ideal! Durante todo o curso escolar, o noso servizo de biblioteca permanece aberto para ofrecer a toda a comunidade educativa a posibilidade de gozar dunha ampla colección de libros. ¿Como funciona? É moi sinxelo:
¿Que pasa se non podo ir o venres? Non te preocupes, temos solución! Se algún venres non podes acudir á biblioteca para cambiar o teu libro, poderás facelo o primeiro día da semana seguinte. Un servizo para toda a comunidade educativa A biblioteca do cole está á disposición de todo o alumnado, profesorado e pais e nais. Animamos a toda a comunidade educativa a facer uso deste servizo e gozar dos innumerables beneficios que a lectura aporta ás nosas vidas. ¡Non te quedes sen o teu libro! Esperámoste na biblioteca do cole para que xuntos exploremos o marabilloso mundo da lectura. ¡Feliz lectura! |