Contido popular
Título | Resumo | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colleita final na nosa hortiña |
O último día de clase desplazámonos ata á nosa hortiña para recoller os alimentos que xa servían para comer. Metemos na nosa cesta tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos que pillamos na horta dos nosos compañeiros do CIFP Portovello. Unha vez rematada a recolleita regresamos para o cole e preparamos unha gran merendola moi saudable na nosa clase, na que participou todo o alumnado que coidou a hortiña ao longo destes últimos meses. Estaba todo riquísimo!! |
|||||||||
Empréstitos curso 2023/2024 |
A biblioteca do cole está aberta! Tes paixón por ler e descubrir novas historias? Entón a biblioteca do cole é o teu lugar ideal! Durante todo o curso escolar, o noso servizo de biblioteca permanece aberto para ofrecer a toda a comunidade educativa a posibilidade de gozar dunha ampla colección de libros. ¿Como funciona? É moi sinxelo:
¿Que pasa se non podo ir o venres? Non te preocupes, temos solución! Se algún venres non podes acudir á biblioteca para cambiar o teu libro, poderás facelo o primeiro día da semana seguinte. Un servizo para toda a comunidade educativa A biblioteca do cole está á disposición de todo o alumnado, profesorado e pais e nais. Animamos a toda a comunidade educativa a facer uso deste servizo e gozar dos innumerables beneficios que a lectura aporta ás nosas vidas. ¡Non te quedes sen o teu libro! Esperámoste na biblioteca do cole para que xuntos exploremos o marabilloso mundo da lectura. ¡Feliz lectura! |
|||||||||
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
|||||||||
LUISA VILLALTA.KAHOOT. |
O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive |
|||||||||
Libros que van e veñen 2023/2024 |
Mochilas de Contos para Nenos e nenas de Ed. Infantil A partir do mes de setembro, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a oportunidade emocionante de levar a casa as súas mochilas especiais de contos todos os venres. Cada mochila inclúe un conto encantador e un caderno para debuxar baseado na historia. Esta iniciativa, chamada "Libros que van e veñen", permite que o alumnado comparta experiencias literarias únicas coa súa familia e tamén coñezan un pouco máis sobre o mundo da escritura e a arte do debuxo. A idea é simple: os nenos e nenas levan unha mochila a casa, desfrutan dun conto durante o fin de semana e fan un debuxo sobre a historia no caderno proporcionado. O proceso é o seguinte: as mochilas deben ser devoltas os martes ou mércores da semana seguinte, cando se cambiarán os contos. Durante a semana, revisamos os cadernos cos debuxos feitos na casa. Os nenos e nenas teñen a oportunidade de compartir os seus debuxos co grupo e contar o que máis lles gustou do conto. Esta iniciativa busca fomentar a paixón pola lectura e a creatividade desde idades temperás, ao mesmo tempo que fortalece os lazos entre o fogar e a escola. Estamos entusiasmados por ver a creatividade dos nosos pequenos artistas e o seu entusiasmo polos contos. Agradecemos a colaboración dos pais e dos encargados no fomento desta nova aventura literaria. Estamos seguros de que "Libros que van e veñen" é unha experiencia enriquecedora para todos e todas.
|
|||||||||
Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni! |
Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar. Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos. Desde a área de inglés, as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:
|
|||||||||
Visita á biblioteca municipal do barrio de A Ponte |
Visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte! O pasado venres 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Biblioteca Municipal do barrio da Ponte. Durante a visita, puidemos gozar de tres actividades diferentes:
A visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte foi unha experiencia moi enriquecedora para todos os nenos e nenas do cole. Permitiunos coñecer un espazo cultural importante do barrio da Ponte, aprender a utilizar a biblioteca de forma eficaz e gozar da lectura nun entorno agradable. Esperamos volver pronto! |
|||||||||
Exposición con castañas 2016 |
Ao longo do mes de novembro poderedes visitar na entrada do cole a exposición de traballos manuais realizados polo alumnado coa axuda das súas familias... cada ano o alumnado e as súas familias se esforzan máis por achegar verdadeiras obras de arte á exposición. Moitos parabéns a todos e todas!!! Galería de imaxes da exposición
|
|||||||||
Dobraxe na escola |
O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense. Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención. A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua. Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe. No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo. |
|||||||||
Hora de ler de 4º de Ed. Primaria |
Neste curso traballamos en galego a alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial SM.
En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.
A poesía chogounos da man de Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos. O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento. A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula. |
|||||||||
Día das Bibliotecas 2022 |
Ao longo de todo o mes de outubro realizamos diversas actividades para celebrar o Día das bibliotecas. Entre elas, destacamos as seguintes:
|
|||||||||
Apertas que voan |
Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan". No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz. |
|||||||||
Vídeo resumo do curso 2017/2018 |
Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2017/2018. Esperamos que sexa do voso agrado...
|
|||||||||
Reorganización dos recantos da biblioteca |
A biblioteca do colexio renóvase e necesita máis espazo Como xa é tradición no noso centro, durante o mes de setembro levamos a cabo unha redistribución dos diferentes espazos da biblioteca. Este ano, o cambio foi máis significativo que en anteriores ocasións, e estamos moi satisfeitos co resultado. A nova distribución permitiunos crear recantos máis acolledores e funcionais, que invitan á lectura e ao estudo. Ademais, incorporamos novos elementos de mobiliario e decoración que fan do espazo un lugar máis atractivo e agradable. Porén, a pesar das melloras realizadas, estamos empezando a notar que nos estamos quedando sen espazo. A biblioteca é cada vez máis utilizada polos alumnos, tanto para ler como para realizar traballos en grupo, e o número de libros e materiais dispoñibles tamén creceu considerablemente nos últimos anos. Por este motivo, estamos convencidos de que é necesario ampliar os espazos da biblioteca nun futuro próximo. A biblioteca é o motor principal do proceso de ensino e aprendizaxe do noso colexio, e é fundamental que dispoñamos dun espazo adecuado para que o alumnado poida gozar dela ao máximo. Beneficios da ampliación da biblioteca:
A biblioteca, un espazo fundamental para a aprendizaxe: A biblioteca é un espazo fundamental para a aprendizaxe do noso alumnado. Nela, poden atopar todo tipo de información e recursos que lles axudan a ampliar os seus coñecementos e desenvolver as súas habilidades. Ademais, a biblioteca é un lugar onde os nenos e nenas poden aprender a ler de forma crítica e reflexiva, a utilizar diferentes fontes de información e a traballar de forma autónoma. Por todo isto, consideramos que a ampliación da biblioteca é un investimento necesario para mellorar a calidade da educación que ofrecemos ao noso alumnado. |
|||||||||
A banda deseñada como método de expresión |
O alumnado potencia a súa creatividade a través da banda deseñada en traballos de expresión escrita. No segundo trimestre do curso, o noso alumnado destacou polo seu entusiasmo e creatividade ao empregar a banda deseñada para realizar traballos de expresión escrita seguindo a liña de traballo proposta por Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Esta ferramenta pedagóxica foi incorporada en diversas ocasións, proporcionando aos estudantes unha plataforma para explorar e expresar as súas ideas de xeito máis dinámico e estruturado. A banda deseñada, unha metodoloxía visual e didáctica, permitiu aos nenos e nenas desenvolver habilidades esenciais na escritura, tales como a organización de ideas, a coherencia e a cohesión textual. A través desta ferramenta, os estudantes puideron crear relatos, poemas e descricións, fomentando así a súa imaxinación e mellorando a súa competencia lingüística. Durante as sesións, o alumnado mostrouse entusiasmado e participativo, gozando do proceso creativo que a banda deseñada facilita. Observamos unha notable mellora na calidade dos textos producidos, así como un maior interese pola escritura entre os nenos e nenas. Ademais, esta actividade fomentou o traballo colaborativo, xa que en moitas ocasións compartiron as súas creacións e proporcionaron retroalimentación construtiva entre eles. Esta experiencia demostrou que a creatividade e a expresión escrita poden florecer cando se brindan os recursos adecuados e se estimula o interese dos alumnos. Grazas á liña de traballo deste curso Bibliotecas escolares, a banda deseñada foi unha revelación nas nosas clases de expresión escrita. Vimos como o alumnado se involucra máis e se sente orgullosos dos seus traballos. Sen dúbida, seguiremos utilizándoa e explorando novas formas de facer que a escritura sexa unha actividade emocionante e enriquecedora para todos e todas. Esta experiencia positiva non só enriquece a aprendizaxe académica dos estudantes, senón que tamén senta as bases para unha educación máis creativa e inclusiva, onde cada neno e nenas pode atopar a súa voz e expresala con confianza e orixinalidade. MÁIS ACTIVIDADES |
|||||||||
Día da Paz 2018 |
O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:
|
|||||||||
Producións de materiais na biblioteca no curso 2023/2024 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario "Tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento, currículo, biblioteca e recursos web. 23/24". https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=183 Material en papel:
Ligazóns a traballos elaborados na rede: DRUPAL:
Libros actualizados:
Presentacións:
Genially:
Kahoot:
Vídeos: Galería de imaxes: SOUNDCLOUD: H5P:
MOODLE. Cursos. |
|||||||||
Actividades de COGAMI |
O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe. Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,… Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas. |
|||||||||
Xela, a superheroína de aldea |
Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio! O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria. Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance. Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes. Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación! Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural. Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela! RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA
|
|||||||||
Mi maestra | ||||||||||
CLUB LECTURA. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
|
|||||||||
Produtos de tempada |
Durante o mes de xuño de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo dun consumo responsable e con produtos de tempada para o cal seleccionaron as froitas de tempada : cirolas, frambuesas, sandía, melón, mazás,... e así como os produtos que recolleu o alumnado de 2º de Educación Primaria no horto escolar do CIFP Portovello.
|
|||||||||
Premios "Ourense sabe acoller" |
O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 3º ciclo foi á aula de cultura de Novacaixagalicia situada na Alameda co motivo da súa participación na actividade organizada polo concello “Ourense sabe acoller”. En primeiro lugar tivo lugar a proxección dunha película relacionada co tema chamada: “Baixo a mesma lúa”. Logo diso presentouse o acto formalmente e procedeuse á entrega de premios.No noso colexio tivemos dous gañadores:
Parece que os premios foron do agrado dos nosos rapaces. Parabéns polo traballo realizado! A continuación podedes ver as fotos do eventos. Para ver todas, debes ir á galería fotográfica. |
|||||||||
Novo recanto na biblioteca |
Este curso modificamos un dos últimos recantos que tiñan fondos desfasados da nosa biblioteca. Concretamente, os andeis que estaban destinados a material desactualizado do Grupo 0 da CDU. A comezo de curso expurgamos dito material e renovamos os andeis cuns novos que nos facilitou a Consellería de Educación. O novo recanto da biblioteca, de momento, está adicado a material de uso exclusivo para o profesorado. |
|||||||||
Memoria gráfica da biblioteca |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »