Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Festa do Entroido 2019 |
O mes de febreiro é un dos noso preferidos do ano, non só pola cantidade de actividades complementarios que facemos se non pola celebración do Entroido. Este ano volvemos a traballar no Entroido a temática do proxecto documental integrado que este ano versa sobre “Dinamarca”. Por iso as temáticas escollidas tiñan todas algo que ver con este país: Os viquingos; Os libros de Hans Christian Andersen; A pequena serea; O parruliño feo; O soldadiño de chumbo; as pezas de Lego e a Garda Real danesa. Previamente ao desfile, o alumnado e profesorado degustou os exquisitos doces que moitas das familias aportaron altruístamente para que colleramos a enerxía suficiente para aguantar a festa. Desde aquí queremos agradecer a participación das familias na festa do cole e a colaboración prestada. Vídeos do desfile
|
||||||||||||
BIBLIOTECA CREATIVA |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa con entusiasmo no programa "Biblioteca Creativa" |
||||||||||||
O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas |
O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor. "Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo". Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias. |
||||||||||||
A Guarda |
Presentación sobre os lugares que visitaremos na saída do mércores 12 de xuño:
|
||||||||||||
Actividades interactivas para Samaín |
Ligazóns a actividades interactivas relacionadas coa festa do Samaín: GENIALLY
VARIOS
|
||||||||||||
Construímos robots |
O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots. Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:
Entre outras, relizamos as seguintes actividades:
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO |
||||||||||||
As emocións e as cores |
O longo deste curso co alumnado de Educación Infantil traballamos as emocións a partir do conto “Los tentáculos de Blef”. Traballamos as seguintes emocións :
Quedounos sen traballar a rabia por falta de tempo. Partimos da lectura dos distintos contos da colección, para cada emoción un conto, facendo actividades relacionadas co conto e outras sen ser do conto pero relacionadas con dita emoción. Primeiro recoñeceron , debuxaron e modelaron con plastilina emoticonas con distintas emocións a través de contos relacionados “Quen fai sorrir a princesa”, “Mi abrazo preferido”, “Los miedos del capitán Cacurcias”, “Lágrimas bajo la cama”.
Quedounos sen elaborar o disfrace do entroido porque este ano polo COVID non o puidemos celebrar. Por último fixeron un xogo de tres en raia cun taboleiro co debuxo de Blef e fichas con emoticonas das emocións feitas con masa de modelar. |
||||||||||||
La Sirenita |
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI. Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar. Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
|
||||||||||||
Premiados polo Ministerio de Agricultura |
O profesorado do CEIP Manuel Sueiro, grazas á colaboración do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria, vén de obter o recoñecemento polo traballo realizado "Aventúrate en el paraiso", dentro do PDI da biblioteca "Galicia arrecende a aventura" do curso pasado, ao ser os gañadores do concurso "100 años de Parque Nacionales, conservando la naturaleza juntos". Relación de gañadores nas distintas modalidades: Ligazón á nova na web do Ministerio de Agricultura:
|
||||||||||||
A YELLOW SUBMARINE! |
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ... Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar. DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE! |
||||||||||||
Mariángeles Ibernón Valero |
O venres 7 de outubro a poetisa Mariángeles Ibernón Valero visitou a nosa biblioteca grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Nace en Cehegín, Murcia, no ano 1967. Poeta, editora e xestora cultural. Comezou a escribir sendo moi nena, sentada á beira da súa nai enferma de cangro, enfermidade que marcou a súa vida xa que quedou orfa moi nova e perdeu una irmá. Autora do poemario “Susurrando palabras”, libro dedicado á súa irmá e que donou a beneficio da AECC; do libro de poemas infantís “Me dibujas un verso?”, poemario solidario cuxos fondos van destinados a un orfanato da India. A súas últimas publicacións son “69 huellas eróticas” e “Siempre es tiempo de cerezas”, este último dedicado ao seu pai. Deuse a coñecer na revista dixital “Acantilados de papel”. Despois foi fulgurante a súa incorporación ás letras en revistas e libriños anuais. Coordina na actualidade “Café con versos” en Murcia e a revista literaria “Con luz y poesía”. Tamén imparte obradoiros de poesía a nenos, “Saca el poeta que llevas dentro”, introducíndoos á imaxinería poética. Diariamente danos os bos días cun dos seus poemas, ela di que ao levantarse o seu primeiro pensamento é unha poesía.
MATERIAL PARA TRABALLAR EN CLASE |
||||||||||||
Recursos para celebrar o magosto | |||||||||||||
Hora de ler de 1º de Ed. Primaria |
Na Hora de ler traballamos cunha metodoloxía participativa. Realizamos as seguintes actividades:
Consideramos que o tempo destinado á Hora de ler é imprescindible para fomentar e favorecer boas prácticas lectoras no noso alumando. |
||||||||||||
No corazón do bosque |
No mes de decembro, o alumnado de 3º de EP realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes. |
||||||||||||
Primeiro día de clase |
Hoxe comezaron as clases en todos os centros de Ed. Primaria e Infantil de Galicia, e no noso cole, para non ser menos que ninguén, comezamos tamén. A maioría chegamos ao cole con moita alegría e gañas de ver aos nosos amigos e amigas, aínda que algúns non o pasamos tan ben, xa que deixamos ás nosas familias na entrada do cole para pasar a convivir cuns seres estraños, algúns grandes, que non facían máis que dar ordes e instrucións... ...pero a verdade é que a mañá pasouse moi rápido e enseguida chegou a hora de ir a comer. Mañá, máis e mellor, XA VEREDES!!! O mércores, 18 de setembro, publicouse unha reportaxe gráfica do comezo de curso no Xornal escolar de "La Región": |
||||||||||||
Hora de ler de 1º de EP |
Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos. Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”… Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos. Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:
En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades. “Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“ |
||||||||||||
Día Mundial do Libro 2016 |
Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes. O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:
Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.
|
||||||||||||
SAKURA CHERRY BLOSSOM |
SAKURA CHERRY BLOSSOM Chegou spring e con ela toda unha explosión de cores na natureza. Así loce o noso cherry tree do que poderemos comer moi pronto unas delicious cherries. Coa técnica do origami demos a primeira forma ás flores que brotaron dun especialísimo cherry tree que nos achega a Yayoi Kusama. Pasámolo ben facéndoo, pero aínda mellor cando comamos as cherries. |
||||||||||||
Formación no Terceiro Ciclo de EP | |||||||||||||
Exposición de cabazas 2019 |
Coma xa ben sendo tradición, nos últimos cursos, volvemos a realizar unha exposición de calacús para celebrar a Festa do Samaín. A maioría do alumnado trouxo os traballos que realizaron na súa casa coa axuda da súa familia para expolo nos corredores da entrada do colexio. Parabéns para todos e todas as participantes pola calidade dos seus traballos.
|
||||||||||||
VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn |
A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”. Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso. Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!! |
||||||||||||
Nova reorganización do espazo da biblioteca escolar |
Durante o verán redecoramos o espazo da biblioteca con nova pintura. Aproveitamos a ocasión para facer unha nova restructuración dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca grazas á dotación material da Consellería e ao novo orzamento do PLAMBE. Reorganizamos os espazos para a lectura dos máis cativos e dos primeiros lectores |
||||||||||||
Memoria gráfica do traballo feito na biblioteca | |||||||||||||
Game over |
O libro Game Over, é unha obra teatral, escrita por Carlos Losada e editado pola Biblioteca Dramática Galega. O libro traballouse durante o mes de abril. Game Over conta a historia de Roi e como dende que acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Conclusión/valores
Reunión do club de lectura na biblioteca Unha vez rematado de traballar co libro, voltamos a realizar unha xuntanza na biblioteca, no tempo destinado a actividades extraescolares, na que intercambiamos as nosas impresións e sensacións sobre o libro do Game over e o traballo desenvolvido sobre o mesmo.
|
||||||||||||
Exposición de fondos para o Samaín |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »