Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Aloha Hawaii |
Se seguistes as nosas andanzas o curso pasado, as messages in the bottles que enviamos ao mundo chegaron moi lonxe. E como o sabemos? Porque recibimos resposta. Unha resposta que chegou desde MOLOKA, “The friendly island”. E ben lonxe que está, en HAWAII! Desde alí, NEHELE e KAILANI escribíronnos unhas mensaxes que nos encheron de ledicia. Tamén enviaron uns libros para coñecer mellor o arquipélago de HAWAII, e uns bonecos que practican o seu deporte favorito, SURF. Pois xa temos o noso proxecto en camiño. Non perdades a nosa estela no mar. |
O meco manda 2016 | |
Hora de ler de 2º Ed. Primaria |
Éxito na Implementación da "Hora de Ler" en 2º de Ed. Primaria Na aula de 2º de Ed. Primaira levouse a cabo con gran éxito a implementación da "Hora de ler", unha actividade diaria que se realiza entre as 12:00 e as 12:20 horas co obxectivo de fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado. Durante esta actividade estruturada, os nenos e nenas gozaron dun tempo dedicado exclusivamente á lectura autónoma cunha selección de materiais adaptados á súa idade e nivel. Libros, revistas, contos e outros recursos foron proporcionados para enriquecer a experiencia dos alumnos de primeiro. O ambiente na aula transformouse nun recanto acolledor de lectura, deseñado para que os alumnos e alumnas se sentiran cómodas e estimuladas durante a actividade. Ademais, o profesorado estivo presente para ofrecer orientación, apoio individualizado e fomentar o intercambio de ideas entre os lectores sobre os libros lidos. Entre outras, destacamos as seguintes actividades: Os resultados foron extraordinarios. Observouse un notable aumento do interese pola lectura entre o alumnado ao longo do curso. Manifestaron entusiasmo pola selección de libros e compartiron activamente as súas experiencias cos seus compañeiros. Do mesmo xeito, observáronse melloras significativas na comprensión lectora e na ampliación do vocabulario. A "Hora de ler" non só estimulou a imaxinación e a creatividade dos estudantes a través da lectura de diversos xéneros literarios, senón que tamén sentou as bases para desenvolver habilidades de lectura independente desde unha idade temperá. En conclusión, esta iniciativa foi todo un éxito para fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento de competencias literarias no alumnado de segundo. Recoméndase continuar promovendo a lectura como unha práctica habitual na aula, dado que contribúe de maneira significativa ao desenvolvemento integral e ao enriquecemento cultural e lingüístico dos e das estudantes. |
Club de lectura de 4º de Ed. Primaria |
Ao longo do curso 2023/2024 o club de lectura de 4º de educación primaria formado por 12 nenos e nenas que traballaron os seguintes libros:
|
Aforro de enerxía |
Durante o mes de decembro de 2021 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética para o cal se levaron a cabo diversas actuacións.
|
The Blue Fairy |
THE BLUE FAIRY Despois da súa visita no día das bibliotecas, na que a Blue Fairy presentounos aos seus amigos. Os máis peques do cole aprenderon xunto a ela a importancia da calma e do bo pensar. Ademais, coñecemos a todos os seus amigos: cat, dog, rabbit, deer, bear and hedgehog. Se te fixas ben, todos eles teñen algo blue... Serás quen de atopalo? Subidos ao seu elephant disfrutamos dunha viaxe apaisoante polo mundo das emocións. E a tarxeta leva agochada unha sweet surprise. NAMASTÉ BLUE FAIRY! |
Chegou o Nadal ao Sueiro |
No noso cole xa se nota que as Festas do Nadal están próximas. A decoración navideña das aulas, e de moitos recantos do edificio, así o poñen de manifesto. Este ano, hai que destacar o Belén xigante, que recrea o nacemento do neno Xesús, situado na entrada do colexio para ser observado por todas aquelas persoas que nos visiten. Na seguinte galería de imaxes podedes observar esta ambientación: |
Pensando en equipo |
O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”. O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Traballamos os seguintes obxectivos:
O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
El asesinato de la profesora de lengua |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “El asesinato de la profesora de lengua” de Jordi Sierra i Fabra da editorial Anaya durante o período comprendido entre o 19 de abril e o 20 de maio. Este libro conta a historia dunha profesora de lingua chamada Soledad, ela amaba ensinar e un dos seus propósitos como educadora era inculcar nos seus alumnos o amor pola lectura. Ela tratou a maneira de dar o seu maior esforzo para conseguilo, pero despois dun tempo decidiu avaliar ao seu grupo de alumnos para ver canto aprenderan. Ese día a profesora Soledad leva unha gran sorpresa, ao avaliar aos seus alumnos deuse conta de que os seus esforzos foran en balde, xa que os seus alumnos non aprenderan nin a máis mínima cousa do que ela lles ensinou, así que por conseguinte a maior parte dos estudantes estaban a piques de perder a materia de lingua. Ante iso a profesora Soledad decidiu facer un último intento por conseguir que os seus alumnos aprendesen a arte da lectura. Así que con axuda da directora e un primo dela quen se fixo pasar por un inspector, levou a cabo o seu plan. Ao día seguinte os alumnos da profesora Soledad esperaban como era de costume que a súa profesora entrase pola porta do salón para dar a súa clase, pero é día quen entro ao salón de clases foi o inspector e a directora, a cal levaba nas súas mans unha carta escrita pola profesora Soledad que dicía que se volveu tola por culpa dos seus alumnos e que por iso mataría a un deles ás oito da tarde. Para evitar que pasase esa suposta traxedia debían descubrir onde se atopaba escondida a profesora Soledad por medio de pistas que ela lles ía a dar. Eles debían atopala antes das oito da noite, que era a hora que ela levaría a cabo o seu plan. Os alumnos ao escoitar a arrepiante carta quedaron atónitos ao pensar que podía ser calquera deles quen correría coa mala sorte de que a profesora Soledad o matase. Así que de inmediato comezaron a procura de pistas para poder dar co paradoiro da profesora de lingua. Tasio, Gaspar e Ana foron os primeiros en atopar a primeira pista que estaba oculta nun xornal. O plan da profesora Soledad era que cada pista atopásese oculta nalgún documento de lectura, para poder descifrar as pistas os seus alumnos debían ler o documento completo, pola contra non poderían chegar ata ela. Dese xeito a profesora Soledad lograría que os seus alumnos poñan en práctica a lectura. Con dificultade, os alumnos van descubrindo aos poucos as pistas, en total eran oito e cada pista contiña unha letra que ao unilas descifraba o lugar onde se atopaba a profesora de lingua. Cando os alumnos atopan a última pista decatáronse que quedaban soamente tres minutos para as oito da noite, e que o prazo de tempo estaba por vencerse, así que correron a fume de carozo ao lugar que sinalaban as pistas. O lugar era un parque, no que se atoparía a mestra de Lingua, os alumnos ao chegar a lugar levaron a gran sorpresa de que a mestra de lingua non se atopaba soa, ela encontrábase acompañada da directora e do seu primo quen se fixo pasar polo inspector. Alí a profesora confesoulles que todo fora un plan para lograr que eles aprendesen máis sobre a lectura. A profesora felicitou aos seus alumnos e como recompensa por lograr descifrar as pistas, recompénsolles cun gran premio que sería, aprobarlles a materia de lingua. O alumnado ilustrou as diversas personaxes do asasinato da profesora de lingua :
|
Mandas dos mecos 2018 | |
YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018 |
YOU´LL NEVER WALK ALONE
GALERÍA DE IMAXES
|
Hora de ler: "Cocorico" |
Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar no Club de lectura e na Hora de ler cos nosos contos favoritos. O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico" de María Luisa Núñez. Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir. Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil. Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito. Estamos desexando volver a repetir!!
|
Acollida de Tesouros Esquecidos na Biblioteca Escolar |
A actividade, que tivo lugar nas dúas últimas semanas do 1º trimestre, e contou coa participación entusiasta da nosa comunidade educativa, que revisaron un mundo cheos de historias que se foron descartando co paso do tempo. Cada libro ten a súa propia historia e, ás veces, hai que darlles unha segunda oportunidade. É emocionante ver como o alumnado se mergulla nestes libros esquecidos. Cada un ten o seu encanto e aporta algo especial ao mundo da literatura. A actividade non só reavivou o interese pola lectura, senón que tamén serviu para lembrar a importancia de preservar a diversidade de voces e perspectivas na biblioteca escolar. Os libros expurgados, en lugar de quedar relegados ao esquecemento, atoparon unha nova oportunidade de ser amados e apreciados polas xeracións vindeiras. Todo o alumnado se animou a levar estes libros rescatados para casa, coa esperanza de que se convertan en fontes de inspiración e entretemento. Con esta actividade pretendemos, desde a biblioteca escolar, ademais de dar unha nova vida aos libros expurgados, reforzar a nosa aposta pola diversidade literaria e o fomento da lectura como porta a mundos inexplorados. |
Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022) |
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras. Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego. Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas. Recuperado do Seminario Galán |
Froita fresca na escola |
No curso 2017/2018 volvemos a participar no programa "Froita fresca na escola" organinado pola Consellería de Educación en colaboración co FOGGA e Fondo europeo de garantía agraría. Este actividade está incluída dentro do programa do Plan Proxecta "Aliméntate ben". O obxectivo principal desta actividade estivo relacionado coa oferta a todo o alumnado do centro de froita fresca ao longo de catro semanas do curso. Dúas foron ipartidas antes de Nadal e aoutras dúas a final de curso. Visto o éxito e aceptación do programa por parte de toda a comunidade educativa, para o próximo curso voltaremos a participar nel.
|
A cebra Camila |
O alumnado do CIFP Portovello representou, no teatrillo de guiñol, unha adaptación, feita por eles mesmos, do conto "A cebra Camila", escrito por Marisa Núñez, ilustrado por Ocar Villán i editado por Kalandraka. O público infantil, e non tan infantil, foi cutivado pola historia que lle aconteceu á cebra Camila, e disfrutou da fantástica posta en escena deste precioso conto. Camila é unha cebra moi traste que desobedece a súa nai e non se abriga. Un día, ao saír de casa, o vento levoulle as raias do vestido. Ela chorou bágoas de pena, polas raias perdidas. Nesta historia acumulativa, Camila foi recuperando as súas raias a medida que ía atopando personaxes polo camiño (unha araña, unha serpe, o arco da vella, un pato, un caracol,...) que lle axudaron co que puideron, sen esperar nada a cambio, logrando, con cada agasallo, que Camila chorara menos e esquecera a súa pena... A cebra Camila é un conto que fala sobre a importancia que teñen na nosa vida o resto de persoas e a axuda, o afecto, o respecto... que nos poden facilitar para ser felices. Este conto é moi adecuado para traballar as emocións, a solidariedade e a amizade. Moitos parabéns para o alumnado do CIFP Portovello pola súa elección e representación. Como remate, desta actividade de animación á lectura, divertímonos bailando e imitando os movementos das personaxes que apareceron na historia... Pasámolo xenial!!! |
Malala, premio Nobel da Paz 2014 |
Esta xoven defensora do dereiro á educación da muller foi galardonada co Nobel da Paz 2014 “pola súa loita contra a opresión dos nenos y polo dereito de todos eles á educación” Malala Yousafzai. CC BY 2.0 DFID-UK en Flickr |
A YELLOW SUBMARINE! |
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ... Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar. DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE! |
Magosto 2014 |
O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:
Viva o magosto!! |
Visita ao supermercado Eroski |
O 15 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º curso visitou as instalacións do supermercado Eroski, situado no barrio das Lagoas, para ver en situ as diferentes seccións das que se compón un supermercado e cambiar impresións con diferentes empregados do mesmo. Descubriron curiosidades do seu traballo que descoñecían totalmente, como por exemplo os aparellos de seguridade que se empregan na carnicecía. Previamente, unha empregada da cadea Eroski, chamada Dª. Eva, e acompañada polo responsable do centro das Lagoas, D. Manuel, ensinounos de xeito moi didáctico e ameno a estrutura e organigrama do super. Asemade, con ela repasamos os diferentes tipos de nutrientes que son imprescindibles para levar unha dieta equilibrada e san. Posteriormente, no super, vimos as diferentes seccións onde podemos atopar estes produtos alimenticios. Unha vez finalizada a visita, fomos agasallados cunha exquisita degustación de pinchos elaborados a partir de froita fresca polos empregados do super. Durante os petiscos, realizáronnos varios xogos moi divertidos nos que tiñamos que adiviñar, por medio dos sentidos do tacto ou do gusto, de que alimentos se trataban. Algunha das froitas que probamos era a primeira vez que as víamos. Ao remate da actividade recibimos outro agasallo consistente nunha mochila con produtos alimenticios do super. Desde aquí queremos agradecer a todos os membros do supermercado Eroski do barrio das Lagoas a atención e paciencia que nos prestaron durante a visita e especialmente a Dª Eva e D. Manuel polo ben que tiñan organizada a actividade. |
As mandas do meco | |
Axente Riciños |
Na semana da Paz, Iago López, o contacontos co que Ed. Xerais nos agasallou este ano, realizou unha sesión de contacontos para os máis cativos do cole na nosa biblioteca. O título do conto foi "Axente Riciños" Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno. O público infantil disfrutou con Martiño e as historias de Riciños. Esperamos que volva pronto á nosa bilioteca. |
Formación no Terceiro Ciclo de EP | |
Semana da prensa con revistas da biblioteca |
Os alumnado de terceiro mergúllase no mundo da Prensa na Semana da Prensa! Durante a Semana da Prensa na nosa escola, o alumnado de terceiro de educación primaria estivo inmerso nunha actividade fascinante que lles permitiu explorar o mundo dos medios de comunicación e a creación de noticias. Na agardada Hora de Ler, mergulláronse nas páxinas das revistas "Reportero Doc" e "Caracola", aproveitando estas valiosas fontes de información para aprender sobre diferentes temas e estudar o arte da redacción xornalística. A tarefa consistiu en utilizar os exemplares destas revistas como inspiración para crear as súas propias noticias. Despois de investigar e redactar os seus artigos, cada estudante tivo a oportunidade de presentar o seu traballo aos seus compañeiros e compañeiras nunha sesión especial de exposicións. O obxectivo desta actividade non só foi fomentar a lectura e a escritura, senón tamén brindarlles aos estudantes unha experiencia práctica no mundo do xornalismo, ensinándolles como investigar, redactar e comunicar información de maneira efectiva. Os resultados foron impresionantes! Cada alumno demostrou habilidades únicas e un gran entusiasmo ao compartir as súas noticias coa clase, mostrando un incríbel progreso na súa capacidade para entender e crear contido xornalístico. En resumo, a Semana da Prensa foi unha experiencia enriquecedora para o noso alumnado de terceiro curso. |
Pasea pola túa cidade |
O día 19 de maio o alumnado de Ed. Infantil participou na actividade "Pasea pola túa cidade" que organizou a Concellería de Ed. de Ourense. Realizamos unha visita guiada polo monicreque Martiño ao casco vello da cidade que partíu dos xardíns das Burgas e continuou con visitas á Praza Maior e Concello para posteriormente visitar as tres entradas da Catedral, comezando pola praza do Trigo e rematando na praza de San Martiño. Antes de regresar para o cole, fixemos unha parada na zona de xogos do parque da Alameda, no que repuxemos forzas para voltar para casa. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »