O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”.
O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
Maior compromiso mellorando o desempeño.
Máis ideas.
Máis creatividade e a aprendizaxe.
Mellora a comunicación e reduce a tensión.
Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Traballamos os seguintes obxectivos:
Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
Establecer obxectivos comúns
Crear sentido de pertenza
Involucrar ao alumnado na toma de decisións
Buscar o entendemento entre partes
Impulsar a comunicación
Aproveitar a diversidade
Celebrar os éxitos do grupo
Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida
O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.
Concreción das normas da aula, na que indicaron as condutas que lles gustaría que non se producisen e no caso de que se producisen cal sería a súa acción para compensala.
Establecer o traballo anual, concretando que en cada un dos 3º trimestres se realizarían como mínimo 3 actividades grupais.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
Primeira quincena do mes de maio: elaboración dos programas didácticos co programa “Kahoot”
Última quincena do mes de maio: presentación das noticias relevantes no “Ceip Manuel Sueiro” no Telexornal “Sueiro Telediario”.
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.