Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Lámpada e corazón |
«Lámpada e Corazón» é o primeiro conto de valoReSC innovation da colección de «Contos singulares pola Igualdade e para a Ruptura de Estereotipos de Xénero», que se establece na infancia dos nenos e nenas e na adolescencia poden xenerar certo tipo de conductas dañinas para o individuo e a súa relación cos demáis. Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, así coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que se constrúen na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que se observan en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas. Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola «Organización Mundial de la Salud» e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos). Dende valoReSC innovation nace o proxecto subvencionado polo Concello de Ourense (Concellería de Igualdade), para traballar nos centros escolares e de ocio para a ampliar as miras dos nenos e nenas en relación os roles de xénero. Mediante a intervención social a comunidade educativa, nais e pais poden traballar co material da colección a través de actividades lúdico educativas, sendo «Lámpada e Corazón» o primeiro conto ourensán para a igualdade, escrito por Josefina Martínez e ilustrado por Isabell Seidel e promovido por valoReSC innovation, que ten por obxectivo fomentar a reflexión e o diálogo para romper estereotipos e traballar no ámbito da igualdade de xénero. O conto acompáñase coas chapas da colección para os nenos e nenas que amosan mensaxes e imaxes que rompen estereotipos e roles de xénero, para que a nosa infancia sexa a mellor mensaxeira dos valores da igualdade. Que non che conten contos… a diversidade e os roles non son cousa de xénero! |
Retos de Ed. Física |
Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19. Cada semana un reto!! Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!! Reto 7: Torre de papel RETO 6 MIS PELUCHES RETO 4: RETO DO PAPEL RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans" RETO 1 DA ZAPATILLA |
Spelling Bee |
Os compañeiros/as de 5º E.P. participaron no primeiro SPELLING BEE no noso cole. Deletrearon palabras en English de 3, 4, 5, 6 e 7 letras, empregando o menor tempo posible. A gañadora absoluta, sen cometer un só erro, foi Eva Seoane Pulgar, recibindo o seu diploma acreditativo. Félix Vadillo Leyes e Lucas Vidal López quedaron empatados no seguinte posto, sendo imposible o desempate tras moitos intentos. Tamén eles recibiron o seu galardón. |
Se fose sinxelo, lerían outros. |
O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla. Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales. A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro. Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García. Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as. O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P. A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon. Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS. Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto. Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe. Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P. A prensa fíxose eco desta nova: |
COIDEMOS A CREACIÓN |
Neste curso, o P.D.I. ten como temática do curso escolar 2021/2022 “O Sueriño a diversidade respecta... TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA” que nos mostra a necesidade de traballar xuntos para coidar e preservar o medio ambiente. Dende a área de Relixión nos centramos na creación de Deus de toda a natureza que nos rodea. E traballamos nesta temática cos cursos 1º de Primaria e 2º Primaria. Os nenos e nenas realizaron un traballo acerca da creación de Deus baseada no relato da la Biblia nos capítulos un e dous do libro de Xéneses. Nestes capítulos relátase como se formou a natureza e os seres vivos que nela viven e como Deus lle deu ao home e á muller unha instrución para que coidaran a súa creación. Deus fixo a terra para que fora un fogar fermoso para a humanidade, ao ver a súa Obra cualificouna de “moi boa” e encomendou ao home para que a cultivara e a coidara. |
Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira |
O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable. A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense. Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller. O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas. |
Charlie y la fábrica de chocolate |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Chalie y la fábrica de chocolate” de Roal Dahl da editorial Alfaguara Juvenil. LIBRO 1º: Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl da editorial Alfaguara Juvenil. O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia de Charlie Bucket un neno que vive cos seus pais e os seus avós maternos e paternos nunha casa. Son pobres e pasan fame e frío, sobre todo cando o seu pai é despedido do seu traballo. Charlie e o seu avó Joe soñan con visitar a Fábrica de chocolate de Willy Wonka, que leva anos pechada ao público para evitar espionaxe industrial, e o soño farase realidade. Willy Wonka, o dono da fábrica, pon en circulación dentro das súas barras de chocolate, cinco billetes dourados, que poden estar en calquera barra de chocolate, en calquera tenda, e en calquera país. Estes permitirán, aos cinco nenos ou nenas que os atopen, visitar esta fábrica, levar un cargamento de chocolates e lambetadas para sempre e, ademais, o gañador recibirá un premio moi especial. Augustus Gloop, Veruca Salt, Violet Beauregarde, Mike Tevé e Charlie Bucket son os afortunados gañadores. Todos entran cos seus pais, menos Charlie, que vai acompañado polo avó paterno Joe. Unha vez dentro descobren da man de Willy Wonka un marabilloso mundo de chocolate e lambetadas. Cada un dos nenos e nenas vai saíndo da fábrica por mor das súas teimas, defectos e mala educación. Augustus Gloop non pode coa gula, cae a un río de chocolate, e é absorbido por un tubo que o leva fóra do recinto. Violet Beauregarde, a obsesiva mascadora de chicle e competidora incansable, convértese nun arando por probar un chicle experimental con gusto a unha comida completa de dous pratos e sobremesa que aínda seguía en proba. Veruca Salt, nena mequeira e consentida que non para de pedir e esixir, é lanzada ao buraco dos desperdicios por uns esquíos ao tentar levar unha e Mike, agresivo e adicto á televisión, convértese nun pequeno personaxe de televisión ao que han de alongar como a un chicle para que volva ter un aspecto minimamente normal. E por fin só queda na fábrica Charlie, o gañador. O premio é a fábrica: o señor Wonka faise maior e quere un herdeiro. Charlie pensa que non poderá facelo, porque a súa nai estrañaría aos avós e non entrarían todos no ascensor de cristal. Pero Wonka di que si é posible, así que recollen a toda a familia, métena no ascensor de cristal e vanse todos a vivir á fábrica. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes actividades:
|
Outra victoria do Cid: 1º Premio no concurso do exército |
A lenda do Cid Campeador medra con nós. O traballo “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”, acadou o pase á Fase Nacional, tras quedar gañadores, por segundo ano consecutivo, na Fase Rexional dos premios do “Concurso de enseñanza Escolar Ejército de Tierra 2022”. Foi un duro traballo desenvolvido polo alumnado de 3º E.P., no que pasamos dos pingüinos da Antártida ao noso pasado mais remoto nas serras de Atapuerca, camiñando tras os pasos do Cid Campeador e poñendo un énfase especial no coidado do medio ambiente como envoltorio de todo elo. Damos as grazas ás mulleres e homes da Base Cid Campeador, así como a todas as persoas que de xeito desinteresado nos apoiaron no proxecto. NORABOA, MINI-CAMPEADORES! Comunicado do premio Diploma do 1º premio Recollida do diploma do 1º premio rexional
|
Mochila viaxeira en 2º de Ed. Primaria |
Os nenos/as de E.P. dispoñen, en préstamo, da mochila viaxeira por un período de 15 días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material será escollido polos titores/as correspondentes, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila. Na mochila viaxeira de segundo, de Educación Primaria, incluiremos libros en castelán e tamén en galego. Os libros que se van incluiron na mochila, irán en función da comprensión lectora do alumnado. Hai previstas as seguintes lecturas: 1º Trimestre: Castelán:
Galego:
E a revista:
2do Trimestre: Castelán:
Galego:
E a revista:
3er Trimestre: Castelán:
Galego:
E a revista:
|
Temporal Fiel |
Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense. Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira. |
Entrega dos premios Club de lectura |
A sede do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid acolleu o mércores 8 de novembro a gala de entrega dos Premios aos Clubs de Lectura Escolar 2022-2023, un recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional aos centros educativos que, como no caso do noso centro, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, promoven a lectura a través deste tipo de actividades. O director, o secretario e a coordinadora dos clubs de lectura do centro, recolleron o galardón que nos acredita como o segundo mellor club de lectura nacional na nosa categoría, en representación de todos/as lectores e lectoras do noso cole, os auténticos protagonistas do noso club de lectura. A entrega de premios correu a cargo da Directora Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, dona Mónica Domínguez García. A encargada do discurso inaugural foi a poeta Raquel Lanseros, que afondou na importancia de fomentar a lectura e continuar con esa tarefa fermosa e chea de dificultades. A poeta Raquel Lanseros honrounos coa sinatura dun dos seus libros, “Dicen que no hablan las plantas”, para a nosa biblioteca escolar. Ademais, fíxonos especial ilusión saber que as súas raíces familiares se atopan en Verín, aínda que ela é nada en Jerez de la Frontera. Foi unha xornada chea de emocións e inquedanzas compartidas con centros de toda España que entenden, coma nós, que a lectura é berce de cidadáns críticos e entusiastas. Parabéns a todas e todos os membros do noso club de lectura! CONTINUADE A VIAXE QUE COMEZA SEMPRE NA PRIMEIRA PÁXINA DUN LIBRO E NON REMATA NUNCA NA ÚLTIMA, ... SEGUE CAMIÑO NA TÚA IMAXINACIÓN! |
Cambiache o conto de Pinto & Chinto |
Éxito Literario no Club de Lectura de primeiro ciclo. Ao longo do primeiro trimestre o Club de Lectura de segundo de Educación Primaria realizou unha enriquecedora actividade centrada na obra "Cambiache o Conto" dos recoñecidos autores Pinto & Chinto. Como en ocasións anteriores, esta actividade, non só implicou a lectura do libro, senón que se converteu nun apaixonante concurso de coñecementos literarios entre o alumnado participante. A lectura levouse a cabo en diferentes espazos: na propia aula, no acolledor espazo da biblioteca escolar e nas súas casas, onde nenos e nenas se mergullaron nas páxinas cheas de maxia e aventuras de "Cambiache o Conto". A lectura colectiva na aula, ademais de promover o hábito da lectura, xerou animadas conversas sobre os personaxes, a trama dos contos e as diferencias atopadas co final dos contos tradicionais en que se baseaban. A fase máis emocionante da actividade foi o concurso de lectura co que rematamos, onde tres equipos, cheos de ilusión e coñecemento, competiron para responder ás 54 preguntas desafiantes sobre o libro. Todos os nenos e nenas participantes demostraron a súa profunda comprensión da trama e a súa capacidade para extraer mensaxes e leccións da obra. O concurso non só puxo a proba as súas habilidades lectoras, senón que tamén fomentou a colaboración e o traballo en equipo. Impresionounos o nivel de participación e dedicación do alumnado, xa que das 54 preguntas só dúas quedaron sen contestar. Cada equipo ofreceu respostas enxeñosas e demostrou o seu compromiso coa lectura e comprensión de "Cambiache o Conto". Ao remate do concurso entregáronse diplomas ao equipo gañador e un agasallo a todas as persoas participantes como recoñecemento ao seu traballo e esforzo. A actividade foi un éxito de participación e competición, e conseguiu reforzar o sentido de comunidade no Club de Lectura. O equipo de biblioteca do centro valora moi positivamente este tipo de iniciativas para fomentar o gusto pola lectura e destaca como actividades interactivas como esta poden repercutir positivamente no desenvolvemento das habilidades de comprensión lectora. Coa realización de actividades coma esta ponse de manifesto que a combinación de lectura e concurso literario pode ser unha fórmula poderosa para cultivar o amor polos libros entre os nenos e nenas máis cativos. Viva a aventura literaria na aula! RECURSOS EDUCATIVOS PARA O CLUB DE LECTURA
|
Grazas |
Grazas de Rocío Bonilla: Un conto que derruba prexuízos e celebra a comunidade O alumnado de 1º de Educación primaria traballou o conto infantil "Grazas", escrito por Rocío Bonilla e ilustrado por Miguel Ángel Pacheco, invítanos a reflexionar sobre a importancia da conexión e a empatía nas nosas comunidades. A historia desenvólvese nun vecindario onde os animais humanizados viven illados nas súas propias "burbullas", sen coñecer nin interactuar cos seus veciños. Porén, cando a Dona Pacha se lle estraga Internet, todo cambia. A necesidade de conexión lévaa a buscar axuda nos seus veciños, o que desencadea unha serie de eventos que derruban prexuízos e fomentan a comprensión mutua. A través dos seus personaxes, o conto ensínanos que as etiquetas que adoitan poñer ás persoas adoitan ser erróneas. Cada un de nós ten a súa propia historia e experiencias que nos fan únicos. Ao abrírmonos a coñecer aos demais, podemos descubrir un mundo de posibilidades e enriquecer as nosas propias vidas. Máis aló da lectura: "Grazas" non só é un conto entretido, senón que tamén ofrecceunos unha valiosa ferramenta para traballar cos nenos e nenas en diversos aspectos:
En definitiva, "Grazas" é un conto que nos invita a reflexionar sobre a importancia de construír comunidades máis inclusivas e solidarias. Unha lectura imprescindible para nenos e nenas de todas as idades. |
Obradoiro de formación no proxecto de Meteoescolas |
Na última semana do mes de novembro puxemos en funcionamento a web de meteoroloxía do noso centro para recoller todas aquelas novas relacionadas co proxecto Meteoescolas. Todo o alumnado e profesorado implicado participou activamente na biblioteca do cole nun obradoiro de formación para ser quen de rexistrar e introducir os datos meteorolóxicos observados na web. Neste obradoiro traballamos cos datos meteorolóxicos reflectidos en Meteogalicia dos meses de setembro, outubro e novembro de 2014. Asemade, tamén realizamos prácticas de medida co pluviómetro e o termómetro de máximas e mínimas, que de momentos son os aparellos de que dispomos na nosa estación.
|
Concurso "Falando de solidaridade" |
O venres 15 de maio, asistimos á entrega de premios do II Concurso de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía no que resultou finalista na Categoría de Infantil unha alumna do noso colexio: Emma De Lorenzo Viljanen. Nesta edición do concurso o tema eran historias solidarias en tempos de crise, no que o alumnado como protagonista fundamental do noso sistema educativo debía falar de valores como axuda, apoio, amizade, respecto, integración e compañeirismo entre outros. Durante o acto puidemos desfrutar do Contacontos “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía TEATRO CALAVERA, do concerto na Colexiata de Najla Shami con Héctor Lorenzo acompañandoa ca guitarra e a actuación de “As Maimiñas” que amenizaban a merenda popular no patio das escolas vellas. Moitos parabéns para Emma e para o CEIP Padre Crespo pola excelente organización do evento. |
Pescudando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas |
Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets. Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución. Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova. Cuestións: Pista 1
Pista 2
FORMULARIO
ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN |
XXII encontros de teatro escolar de Bande |
O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila. Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito. Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas. |
Gatuxo: teatro para escolares |
O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco. A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos. Pasámolo xenial!! |
Comezo do curso escolar 2018/2019 |
O 12 de setembro deu comezou o curso escolar 2018/2019 e tivemos o privilexio de contar coa presenza das autoridades locais para inicialo. O Alcalde, a Concelleira de Educación, a Delegada da Xunta, a Xefa Territorial de Educación, O Inspector Xefe e o noso Inspector visitaron as aulas do noso centro e intercambiaron impresións con todo o alumnado. Diferentes medios de comunicación locais e autonómicos deron cobertura á nova en diferentes espazos:
|
Hans Christian Andersen |
Introdución. O alumnado de 4º centrouse no estudo da CDU correspondente a biografías. Para o que pescudamos na vida e obra de Hans Christian Andersen. O traballo comenzou cunha fotografía e descubrimos quen era a personaxe, o seu oficio, lugar de nacemento, etc. Utilizaremos libros de contos, enciclopedias, internet… Os obxectivos previstos: coñecer a CDU de biografías, coñecer a CDU de xeografía, localizar Dinamarca en Europa, así como outros países deste continente, coñecer a vida e obra de Hans Christian Andersen foron alcanzados. Fixemos unha entrevista ao autor. Despois de ler, comentar e afondar na biografía de Andersen o alumnado escolleu unhas preguntas e a súa resposta para facerlle. Na aula de plástica fixemos un gran mural con Hans Christian Andersen e as fotografías do alumnado de 4º ao seu redor, onde quedou reflectido o seu traballo. Falamos de varios dos seus contos, xa coñecidos polo alumnado, e no Entroido o noso disfrace foi de Libro. Como non podía ser doutra maneira cada alumno levaba a portada dun conto del. Como ampliación do estudo das biografías, fixeron un traballo, por parellas. Biografías de mulleres cientificas que sendo descoñecidas ou casi, aportaron ou seguen aportando coñecementos e inventos, as vidas de todos nós. Utilizamos o libro Las Chicas son de Ciencias da editorial Montena: Mileva Maric, Patricia Bath, Stefanie Kwolek, Inge Lehmam, Beulah Louise Henry. Estos traballos foron expostos na aula e a cada alumno/a chamoulle a atención unha personaxe distinta. |
Recursos educativos |
MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE CARVALHO CALERO
|
Chocolatada de despedida |
Peche do 1º trimestre con Sabor a Chocolate e Diversión Un ano máis, o último día de clases do trimestre e, pola súa banda, do ano 2023, foi unha festa de ledicia e sabores no noso colexio, grazas á iniciativa AFA Limiar. Co obxectivo de despedir este período educativo cun toque doce e festivo, todos os membros da comunidade educativa foron convidados a gozar dunha deliciosa degustación de chocolate con churros no comedor. O ambiente festivo impregnou o colexio mentres o seductor aroma do chocolate e dos churros recén preparados encheron o aire, creando unha sensación acolledora e festiva que se estendeu a todos os presentes. A galería de imaxes recolle a esencia da xornada: risas, sorrisos e a pura expresión de felicidade nos rostros do noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os maiores, todos se mergullou na experiencia, deleitándose co exquisito sabor do chocolate quente e dos churros. A AFA Limiar, como sempre, demostrou o seu compromiso coa creación de momentos especiais que reforzan os lazos comunitarios e xeran recordos inesquecibles. Esta iniciativa puxo o peche do cuadrimestre. A dirección e todo o persoal educativo agradecen a AFA Limiar a súa dedicación e esforzo para facer deste evento un peche inesquecible. O chocolate con churros non só alimentaba o corpo senón tamén o espírito, lembrando que a unidade e a festa son fundamentais na nosa comunidade educativa. O colexio despide este cuadrimestre e o ano con agradecemento polos momentos compartidos, de crecemento académico e persoal, e coa certeza de que o 2024 nos traerá novas oportunidades para seguir construíndo un entorno educativo enriquecedor e cheo de alegría. Boas festas e próspero ano novo para toda a comunidade educativa!! |
HORA DE LER. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo no que buscamos espertar e realzar o gusto e o pracer por ler. A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras Mª Dolores Nieto Merino e Iria Pérez Rodríguez, esta última só durante o primeiro trimestre, xunto a profesora de AL Natalia Castro Martínez, centrándonos nos seguintes obxectivos Obxectivos:
Actividades.
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros: 1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42