Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Magosto 2017 |
O 14 de novembro celebramos, no patio do colexio, a festa do magosto como colofón a todas as actividades realizadas en torno aos froitos de outono, especialmente ás castañas. Este ano, contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo que cursan o Ciclo Superior de animación sociocultural e turística. Eles foron os encargados de animar o tempo de lecer ata que todas as viandas estiveron listas e preparadas para degustar. O menú estivo composto por pulgas preñadas, empanada, bica e castañas asadas por un castañeiro de recoñecida sona na nosa comunidade educativa. Ao remate do xantar, e seguindo a tradición, aproveitamos para cinsarnos a cara e as mans coa borralla da fogueira. Pasámolo xenial!! |
Premiados polo Colexio de economistas |
Dous alumnos do noso centro resultaron premiados polo Colexio de economistas de Ourense no IV Concurso de postais de Nadal no que participaron nenos e nenas que cursan estudios en Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria da provincia de Ourense. O último día de clase, fíxoselle entrega do diploma e dun agasallo achegado polo Colexio de economistas. Moitos Parabéns para Lorenzo e Anxo de Ed. Infantil.
|
Grúas pola Paz |
O simbolismo da grúa.
A grúa, unha ave venerada en todo Xapón. A aura de espiritualidade que rodea á figura da grúa é famosa no Oriente. Esta estilizada ave resalta pola súa elegancia e por estar cargada dunha serie de boas connotaciones que a fixeron ser parte integral da cultura nipona. A grúa xaponesa, é unha singular ave zancuda de máis dun metro de alto, agudo pico, longo pescozo, cabeza cun tinte vermello, extensas ás e propietaria dun fermoso plumaxe branco e negro que a destaca fronte aos seus outras irmás plumíferas. Os seus movementos elegantes, a súa axilidade e a súa forte reacción ante o perigo, foron inspiración durante centos de anos para os seguidores das artes marciais e artistas da pintura, literatura e poesía. Unha das primeiras características que os filósofos orientais exaltaron nesta fermosa ave é a lonxevidade. Algúns estudos falan dunha idade promedio de 40 anos, o cal para unha ave é un rango bastante considerable. No antigo Xapón, o feito de vela regresar cada ano trala súa migración fixo crer que podía chegar a vivir ata 1.000 anos. En textos da antiga Chinesa aparece relacionada aos sabios máis anciáns, a quen acompañaba de cerca na procura do seu longo camiño espiritual. Distribuída na illa de Hokkaido, ao norte de Xapón, a grúa ademais é famosa pola súa fiereza ao momento de defender o seu niño ante posibles atacantes como os corvos e as aguias. Grazas a esta calidade a xente considéraa un animal A Grúa o paxaro de Apolo É a grúa unha ave que se asocia coa vida e a lealtade cara ao seu compañeiro, fermosa á vista humana e de gran fortaleza. A gran importancia que adquiriu esta ave para os xaponeses permitiulles crer que si unha persoa logra facer ao redor de mil grullas, poderá cumprir o seu soño máis preciado. Deste xeito, a grua foise convertendo, ao longo de todo o Afastado Oriente, nun paxaro de bo augurio. Recoñecida hoxe con varios nomes, entre eles: “a ave da felicidade”, “a grúa celestial”, “a ave da paz”. Logo da Segunda Guerra Mundial, en Xapón, comezou a desenvolverse a técnica de origami e isto fixo que a grúa en papel convertésese nun símbolo de paz e esperanza. Poderiamos pensar na grúa como un símbolo de elegancia, sabedoría, paz e amor por toda a vida. De acordo ao exposto nalgunhas lendas, é a grúa o paxaro máis antigo da terra, captando sempre a atención humana pola súa beleza e gran intelixencia.
|
Día da poesía |
Este ano a semana na semana da poesía celebramos tamén o día do teatro e o día da árbores e da auga. O Día da poesía, 21 de marzo, na biblioteca do centro realizamos a recitaxe dunha escolma de poemas que o alumnado escolleu e preparou nas súas clases coa axuda dos seus titores. Os poemas foron moi diversos, así destacar autores como: Jorge Marique, José Luis Borges, Rubén Darío, Rafael Alberti, Antonio Machado, Lope de Vega, Pablo Neruda, Gustavo Adolfo Bécquer, José Espronceda e Blas de Otero. Asemade, tamén tivo lugar a representación en teatriño de monicreques o conto titulado "The very hungry caterpillar" de Eric Carle.
|
Hora de Ler. Curso 2017/2018 |
Este curso, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma. Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2017/2018, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón: Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso: |
Por que morren tantos peixes? |
POR QUE MORREN TANTOS PEIXES? Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que? Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas. Estudamos neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala. Estivo presentes en todalas areas do curriculo de 3º de primaria e nas distintas actividades levadas a cabo. Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:
Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:
|
Leanne Rivera |
Leanne Rivera naceu en Cuba, na provincia de Santiago de Cuba, no ano 1979. De profesión é estilista, pero a súa paixón é escribir poesía. De nena, xa lle gustaba escribir relatos curtos, poemas e frases. Na actualidade, procura escribir todos os días, aínda que só sexa unha liña e procura anotar todo o que lle pasa pola cabeza, letras que se xuntan, liñas que van crecendo e que se fan poesía dando acougo á súa alma. Ao longo da súa vida, ten participado en numerosos recitais de poesía. Ten unha páxina web, co nome de Lúa Negra, onde se publican parte dos seus poemas. En Facebook pódese seguir na seguinte ligazón...
RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA |
Visita á biblioteca de A Ponte |
O 23 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria realizou unha andaina ata a biblioteca municipal de A Ponte para participar en varias actividades de formación de usuarios e de fomento da lectura. Participamos activamente nunha sesión de contacontos, realizada polas monitoras da biblioteca, a través dun kamishibai que nos mantivo espectantes ata o seu remate. Fomos felicitados polo noso comportamento e. tamén, polo coñecemento que temos do funcionamento dunha biblioteca. Asemade, as persoas maiores que nos atenderon quedaron sorprendidas coa nosa eficiencia lectora e comunicadora. Na galería de imaxes podedes observar a nosa experiencia...
|
Festival de Nadal 2018 |
O 20 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas que desinteresadamente nos facilitou o seu equipo directivo, desde aquí queremos agradecer a súa colaboración e a do persoal laboral do IES. A asistenca ao Festival foi todo un éxito grazas á participación da maioría familias da nosa comunidade educativa.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o fixeron.
|
Día dos corazóns |
O 14 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de San Valentín celebramos no cole o día dos corazóns. Os corazóns do Manuel Sueiro Que latexan cun mesmo son: O son dos Rainbow Hearts E do Amor Eterno O alumnado de 5º interpretou en inglés o "Rainbow Hearts" e o alumnado de 4º curso recitou o poema de Gustavo A. Becquer "Amor eterno".
|
Saúde bucodental: "Cuidando a miña boca" |
O 25 de febreiro participamos nun relatorio sobre saúde bucodental "Cuidando a miña boca" que organiza a Consellería de Sanidade en colboracion coa de Educación para fomentar no alumnado galego hábitos de saúde bucodental. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º a 5º de Ed. Primaria e estruturouse en 3 partes: unha charla teórica na que se expuxeron as funcións dos dentes e da boca, enfermidades máis frecuentes e as medidas preventivas, entre outras nocións; a proxección dun vídeo coa finalidade de sensibilizar aos participantes da importancia da alimentación e da hixiene na saúde bucodental; e, para finalizar, un xogo dental que axudou a fixar a información recibida durante o relatorio. |
YAYOI KUSAMA IN THE LAND OF THE RISING POLKADOTS |
Camiñando da man de Yayoi Kusama pola land of the rising polkadots, chegamos ao final do noso proxecto. Non poidemos ter mellor remate que contar coa visita de Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Japón Galicia, á que lle mostramos o noso proxecto sobre a artista xaponesa e o seu país de orixe, Japan. Megumi Shiozawa deunos unha clase práctica de escritura xaponesa e agasallounos cos nosos nomes en xaponés. Temos que dar as grazas á xefa territorial e ao inspector educativo do noso centro, por acompañarnos neste día tan especial para os nosos alumn@s de 1º e 2º de E.P., que presentaban o seu proxecto a tod@s os compañeir@s. Nesta exposición mostramos as nosas obras de arte sobre Yayoi Kusama e as nosas aprendizaxes sobre o país do sol nacente: Desde a benvida ao curso na porta da clase, pasando pola presentación do proxecto no día das bibliotecas, alá polo mes de outubro, as pumpkins, Christmas trees, peace day, pilgrimage, obliteration corner, kamishibai, lavender, sakura cherry blossom, onsen. Os máis peques do cole aportaron as pumpkins de Yayoi Kusama e as mini Yayoi coas cores axeitadas a cada parte do proxecto. Os alumn@s de 4º E.P. colaboraron con nós aportando un pequeño proxecto sobre o parque de Hans Christian Andersen en Funabashi. ( Odense e Funabashi son cidades irmáns ). O alumnado de 6º E.P. tamén colaborou neste proxecto dando as novas do tempo nas ciudades protagonistas no proxecto: Tokio, Funabashi e Hokkaido. GRAZAS A TODAS e TODOS OS QUE FORMASTES PARTES DESTE PROXECTO!
|
El patito feo |
O alumnado de 1º de Ed. Primaria traballou ao longo do segundo trimestre sobre o conto de Hans Christian Andersen “O parruliño feo” conseguindo alcanzar os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes: ilustrar e colorear debuxos do conto, facer con pasta de modelar as personaxes do conto, realización de un cómic do conto en viñetas, diversas lecturas sobre o conto. Asemade, no Entroido, os nenos da clase, disfrazáronse de parruliños e un alumno da personaxe principal do conto. |
Mª Teresa de la Fuente |
Teresa de la Fuente é orixinaria de Río Grande, estado de Zacatecas, aínda que vive en San Luis de Potosí. Desde hai anos desenvólvese como poeta e narradora. Durante a súa traxectoria foi galardoada no terreo da poesía, e é autora de poemarios inéditos como o titulado “Dualidad a esta hora neutra”. Esta muller, esposa, nai demostra que cando se ten vocación para escribir non hai muros, límites, nin xustificacións, e que a entrega ao traballo literario é incondicional, cunha vocación a forza de constancia, disciplina e oficio. Caracterízase por ter unha precisión moi discreta e sensible na construción dos seus versos e que resultan moi intimistas, coma se asomaran ao mundo en forma de curiosidades e asombros que entran nos nosos radares psicolóxicos a modo de brisa e néboa que nos van humedecendo e, cando menos esperamos, xa nos empaparon de maneira moi refrescante o espírito e a conciencia. Traballou para a Industria na área de Recursos Humanos por máis de dez anos, e no terreo da arte estudou dicción co recoñecido dramaturgo Carlos Olmos na Capital do país, e tomou cursos de literatura con doutóraa Gloria Prado Garduño a través da UASLP. Ten participado en talleres literarios e, é promotora cultural independente da poesía en feiras do libro, maratóns de lectura, casas de cultura e na radio, e é coautora do libro “ Tríada” xunto cos poetas Irma do Anxo e Anxo Colado. A súa obra transcorre pola estética da súa creación, sabedora de que o tempo é fráxil e en calquera instante crébanos e é por iso que a esperanza e a espera, radican en facerlle homenaxes constantes a cada pouco, coa bela sublimación que nos permita un pouco de eternidade que, neste mundo tamén é moi improbable; pero aí están os marabillosos sentimentos para facer desta existencia un lugar máis benéfico. E que mellor que a poesía que nos esperta e esperta o mellor de nós? Fontes:
|
Festival de Nadal |
O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis. Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival. O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)
|
Por cuatro esquinitas de nada |
Dende a aula de audición e linguaxe traballouse no mesd de xaneiro, co alumnado de infantil, de 1º e 6º de ed. primaria, o conto “por cuatro esquinitas de nada”. "Cuadradito está jugando con sus amigos los redonditos. Ring, es la hora de entrar, pero cuadradito no puede entrar, no es redondo como la puerta", cuadradito está triste. Lo intenta pero nunca será redondo. Te cortaremos las esquinas!. Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, rematando coa moraliña de que non é cadradiño o que ten que cambiar, se non a porta. Ao finalizar a lectura do conto, houbo rolda de preguntas con todos os grupos sobre a mensaxe que nos quería transmitir , expresar os sentimentos do protagonistas pensando como se sentirían se lle ocorrera a calquera deles. Os máis pequenos realizaron un debuxo sobre o mesmo, mentres que o alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecen ou que poderían acontecer na vida real, ademais de elaborar en grupo pequenos murais con mensaxe que lembre a integración das diferenzas como algo positivo. |
Dobraxe na escola |
O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense. Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención. A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua. Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe. No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo. |
Hora de ler en 1º de Ed. Primaria |
Como no resto dos cursos do cole, este ano continuamos realizando a Hora de ler todos os días de 12:00 a 12:20. A configuración da hora de ler estivo deseñada os luns e martes por Dna. Ana Baranda e os mércores, xoves e venres polos titores do curso. Ao principio do curso adicamos algunha sesión a coñecer a biblioteca, os usos e normas que a rexen e o préstamo así como a recoñecer os elementos do libro: autor,título, ilustrador..etc. Na clase traballamos a lectura empregando libros de lectura en galego e castelán, sempre tendo en conta o grao de dificultade das lectura e a capacidade de comprensión lectora que tiñan os nenos e nenas nese momento. Traballouse tanto a lectura individual como a colectiva. Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:
Para a súa consecución realizamos as seguintes actividades:
Traballamos lecturas que nos axudadron a coñecer e comunicar os nosos sentimentos e a respectar os sentimentos dos demais en relación ao PDI que se desenvolveu desde a biblioteca. Por iso, dedicamos o curso a traballar os valores e emocións, polo tanto os libros escollidos terán en conta esta temática. Durante o estado de alarma continuamos traballando a lectura desde as casas de forma individual como se pode ver na seguinte entrada: Ademais das actividades comentadas, tamén participamos nas actividades organizadas desde a biblioteca como pode ser a mochila viaxeira, contacontos, animación á lectura... |
Memoria gráfica da biblioteca. Curso 2019/2020 | |
Día internacional da Infancia |
O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento. As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia. O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo. É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento. Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito. |
A tábia do 3 |
O alumnado de 3º de Ed. Primaria refixo a letra da canción de Feliz Navidad para memorizar a táboa do 3. |
Día do amor e amizade |
Os alumnos e alumnas de 4° de Educación Primaria sabemos da importancia que teñen tanto o amor como a amizade no noso día a día. Por iso, durante estes días, estivemos traballando na aula en dúas actividades relacionadas con estes sentimentos:
|
Xestionando as emocións |
Uníndonos á programación do P.D.I do CEIP Manuel Sueiro, neste curso escolar 2020-2021 os alumnos e alumnas de Relixión Evanxélica e de Relixión Católica, traballaron as emocións, conxuntamente, ao longo do segundo trimestre. Aproveitando o Día Internacional da Muller, comezaron realizando un debuxo dunha muller importante nas súas vidas reflectindo tanto a alegría como a importancia da amizade, o amor, a protección e reflexionando sobre o gran esforzo e traballo que realizan esas mulleres tan importantes na súa traxectoria vital. Con motivo da celebración do Día do Pai, seguiron cunha manualidade para felicitar aos seus familiares. Traballamos as emocións da alegría e do amor, pero tamén a tristeza dalgúns alumnos e alumnas que non teñen aos seus pais preto por diferentes razóns. Por último, coincidindo cunha data importante para os cristiáns como é a Semana Santa, e seguindo o relato Bíblico da morte e resurrección de Cristo, mediante a visualización dun vídeo analizamos as emocións da amizade cando os discípulos acompañan a Xesús no xardín de Getsemaní, o medo e ira no arresto de Xesús e, ao final do relato, a alegría da resurrección de Xesús e como se mostra o amor de Deus cara aos homes nestes sucesos. Para iso, ao finalizar o vídeo se lle repartiu unha fotocopia con diversas preguntas sobre o mesmo, e ao final desas preguntas, tiña noutras relacionadas cos sentimentos e emocións que espertaron neles o que viviu Xesús ao longo desa semana, algo que puideron expresar tanto de maneira escrita como de maneira oral ao resto dos seus compañeiros e compañeiras.
|
Celebración do Samaín 2021 |
Ao longo da última semana de outubro celebramos no cole a festa do Samaín coa realización das seguintes actividades:
Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso á reportaxe fotográfica sobre a celebración. O fantasma burlón Traballos realizados polo alumado Vídeo do desfile de Samaín Galería de imaxes da celebración Celebración do Samaín no comedor do cole
Fomos portada no Xornal Escolar de La Región Publicación en Telemiño do teatriño de monicreques do alumnado de terceiro de E.Primaria.
|
Xogando ao atletismo. |
O 10 de febreiro participamos na proba comarcal de Xogando ao atletismo que organizou a agrupación deportiva As Brurgas dentro do programa Xogade. O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria dun total de oito colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, triple salto, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade. A maioría do alumnado era a primeira vez que participaba nunha proba deportiva destas características, polo que estiveron moi emocionados ao longo de toda a xornada. O mellor momento de alegría foi cando recibiron unha medalla de ouro polo esforzo e compañeirismo mostrado nas diferentes probas. Estamos desexando ser invitados para participar na xornada provincial que se celebrará nos próximos meses.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »