Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Meteoroloxía na aula de inglés |
Nesta área desenvolvemos distitas actividades co apoio da auxiliar de conversa que tiñan por obxecto a realización final dunha clase en inglés onde o alumnado fixese de "Home/muller do tempo" dun telexornal:
Presentación dos iconos meteorolóxicos básicos
Presentación do tempo en Denver |
Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro |
O 2 de outubro contamos coa presenza, na biblioteca do noso centro, dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja, chegados desde o estado de Miochacan para participar no "VI encontro internacional de poesía" que tan ben organiza o Círculo de poesía Ourensán. Ao longo de toda a semana estivemos pescudando información sobre a vida e obra destes poetas e todo o alumnado do centro traballou na "Hora de ler" o conto de Carlos Ruvalcaba titulado "A mariposa bailarina" que nos describe a viaxe que todos os anos realiza a bolboreta monarca desde os bosques de Miochacan ata Canadá en busca de alimento e bo clima. Para recibilos, o alumnado de 5º curso, representou, con monicreques, a obra titulada "Una hambrienta oruga" sobre o ciclo de vida das bolboretas. Ao remate da obra, dúas alumnas déronlle a benvida aos poetas coa recitaxe dun poema creado por nós. Posteriormente o alumnado de 5º e 6º curso participou nun obradoiro de poesía que maxistralmente dirixiron os poetas mexicanos coa recitaxe de fermosos poemas e contos orixinais deles mesmos, entre os que destacamos o poema mi “Mi angel” que Belén lle dedicou a súa nai e o conto do “León e a súa sombra” co que Carlos nos ensinou que non lle hai que ter medo ás cousas que non lle hai que ter medo. Durante o encontro, o alumnado someteunos a unha gran batería de preguntas que eles responderon amablemente ao longo de máis dúas horas que se nos pasaron rapidísimamente.
Descubrimos moitas cousas deles: Que a súa comida favorita son os tacos e que de Galicia gústalle moito o marisco, que raro!!. Belén é a primeira vez que ven a España e Carlos traballou fai anos de corresponsal de prensa en Madrid para un xornal mexicano, e desde aquela fíxose un siareiro do Atlético de Madrid. Chamoulles moito a atención a limpeza das nosas rúas e a pouca contaminación que se observa nas cidades. Respecto ao clima, están encantados co clima de Miochacan xa que non é tan estremo coma o noso. Alí tamén chove moito, o que fai que teñan un clima moi húmido. Ámbolos dous son poetas porque, para eles, a poesía é unha forma de expresar os seus sentimentos e o que pasa na vida ao seu redor. Carlos díxonos que el sinte necesidade de escribir poesía. Os dous nos confesaron que levan sempre un caderno para anotar todas aqueles sucesos que lles ocorren ao longo do día e lle producen inspiración. Se non o anotan, din que o esquecen. O libro favorito de Belén é “Lámpara de sueño” de Leticia Cortés, e Carlos díxonos que lle gusta moito a poesía do escritor portugués Fernando Pessoa. Para rematar Carlos deixounos uns contos seus para que os traballásemos no cole: “La ranita muda” e un inconcluso que nos dedicou e que nós mesmos teremos que rematar. Antes de despedirse, fixéronnos dedicacións personalizadas, a todos e todas os/as presentes, en marcapáxinas dos "VI encontros de poetas"
Desde estas páxinas, dámoslle as grazas aos dous poetas polo seu tempo, e ao Círculo poético ourensán, xa que sen a súa colaboración estes encontros non serían posibles.
|
No corazón do bosque |
O alumnado de 6º curso traballou ao longo do mes de outubro o libro de Agustín Fernández Paz titulado "No corazón do bosque". Sinopse do libro: Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. Como actividade final de Animación á lectura, realizaron un concurso literario no que era preciso ter lido o libro para ter posibilidades de éxito e pasalo ben. O premio para os gañadores foi o libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que será o que se traballará nas próximas semanas na Hora de ler en 6º curso. Esta actividade gústalle moito ao alumnado e os engancha á lectura en tempo de lecer. Xa están desexando que chegue axiña o próximo concurso!! |
Celebración do magosto 2015 |
Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto. O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas. Pasámolo xenial!! |
Día da Paz 2016 |
Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca. O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo. Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro. |
24 de febreiro, Día de Rosalía |
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
|
La rana mudita |
O poeta Carlos Ruvalcaba, na visita que nos fixo no mes de outubro, deixounos unha poesía inacabada titulada "La ranita mudita". Durante a semana previa ao Día da poesía todo o alumnado do centro participou na elaboración de estrofas para completar dito poema. De forma encadenada, cada curso foi engadindo estrofas ao poema, comezado por Carlos Ruvalcaba. Con todas as estrofas do poema, elaboramos un libro que achegaremos ao poeta mexicano. O Día da poesía, cada curso recitou as súas estrofas diante da fantástica exposición de traballos relacionados coas rás que realizaron os alumnos coa axuda das súas familias. Galería de imaxes Vídeo do poema Para rematar esta festa da poesía, toda a comunidade educativa participou na interpretación da canción popular infantil "La rana cantaba debajo del agua". |
Día Mundial do Libro 2016 |
Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes. O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:
Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.
|
Letras Galegas 2016 |
Este ano as Letras Galegas rendiron homenaxe ao lugués Manuel María Fernández Teixeiro. Ao longo do mes de maio o alumnado do noso centro traballou cos recursos recopilados polo EDL. Asemade, ao longo da semana das Letras galegas realizamos unha Caza do Tesouro cos cartaces do CEIP de ... no que gran cntidade de alumnos e alumnos foron quen de atopar as rspostas a todas as preguntas prantexadas. O 18 de maio realizamos un recital de poesia na biblioteca do centro no que participaron todos os cursos coas seguintes poesías: (se premedes na ligazón veredes o vídeo da actuación).
Para rematar o alumnado de segundo e cuarto presentaron os seguintes vídeos con poemas rapeados de Manuel María: O ARCO DA VELLA GALICIA GALERÍA DE IMAXES |
My weather forecast for the Cíes Islands |
O alumnado de 5º curso infórmanos diariamente do tempo que fai no barrio de As Lagoas de Ourense, por medio do seu blog de meteoroloxía. Nesta ocasión explícanos en inglés sobre o tempo meteorolóxico das Illas Cíes, xa que están a desenvolver un proxecto sobre ditas illas en relación ao PDI "Galiza arrecende a aventura" no que está a traballar todo o cole. |
Vídeo curso 2015/2016 |
|
Premiados polo Ministerio de Agricultura |
O profesorado do CEIP Manuel Sueiro, grazas á colaboración do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria, vén de obter o recoñecemento polo traballo realizado "Aventúrate en el paraiso", dentro do PDI da biblioteca "Galicia arrecende a aventura" do curso pasado, ao ser os gañadores do concurso "100 años de Parque Nacionales, conservando la naturaleza juntos". Relación de gañadores nas distintas modalidades: Ligazón á nova na web do Ministerio de Agricultura:
|
Artigo na revista ourensá "Verbas" | |
Obradoiro para o xoves de comadres. |
O xoves 16 de febreiro, celébrase o Xoves de Compadres o que nos sitúa ás portas do Entroido. No noso colexio, os rapaces de 1º e 2º de Ed. Primaria están a elaborar os bonecos cos que protagonizan a tradicional loita de sexos. Pezas elaboradas con páxinas de xornais, papeis de cores e distintos complementos baixo a dirección de Sabela e o seu equipo contando coa colaboración do Concello de Ourense.
En Ourense sucédense os preparativos para a festividade do Entroido. Desta volta son os colexios os protagonistas. Os obradoiros que organiza o Concello para os xoves de Compadres e o de Comadres dan boa mostra da imaxinación dos máis pequenos. Os rapaces xa van preparándose para os días grandes do Carnaval.
Só precisan papel de xornal, outros de cores e, por suposto, imaxinación.
Agora só hai que agardar a que cheguen as carreiras e toda a diversión do Entroido. Nós, asistiremos, o xoves 23 de febreiro, ao "xoves de comadres" que se celebrará na Praza maior de Ourense organizado e dirixido por Sabela e o seu fabuloso equipo de traballo.
Na seguinte galería podedes obserbar o desenvolvemento do obradoiro realizado no noso centro.
A TVG filmou no noso centro o proceso de elaboración das comadres e compadres e publicouno nas novas do día 14 de febreiro.
Preme na imaxe para ver a nova na TVG
|
Gatuxo: teatro para escolares |
O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco. A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos. Pasámolo xenial!! |
Vincent Van Gogh |
Os nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Infantil fixeron un proxecto sobre Vincent Van Gogh, facendo actividades ao longo de todo o curso. Resultou moi bonito e con moito colorido adaptándose moi ben a súa idade e os dous niveis da aula.
|
A arte no noso corpo |
As actividades da área de Ed. Física, en relación ao PDI, estiveron relacionadas voa Expresión corporal. O alumnado participou en dúas das sesións:
Ambas sesións realizámolas no aula de música e a primeira foi con alumnado de 6º de primaria e a segunda con alumnado de 4º de primaria. Na seguinte ligazón hai acceso á memoria gráfica das actividades.
|
Pinocchio en inglés |
O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense. Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade. Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea. Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura. Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade. Pasámolo xenial!! |
Gamificando a Carlos Casares |
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares. Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado. Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación. Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10. Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula. |
Formación de usuarios: O alumnado |
A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación. Os máis cativos do cole, no primeiro trimestre, aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes. Visitaron a biblioteca unha vez por semana, e traballaron coas seguintes normas:
Asemade realizaron outras actividades de formación:
As actividades gustáronlle moito pois a biblioteca é un lugar máxico para eles. O alumnado de primeiro e segundo de primaria seguiu tamén esta dinámica. Seguiron o programa de Formación de usuarios do PAL e realizaron as seguintes actividades:
O alumnado máis grande do cole realizou as seguintes actividades:
|
Equipo de meteórologos do Sueiro | |
Metereoloxía na aula de apoio |
O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día. Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes. A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.
|
Cando chove é un bo día | |
Irma Ruth del Ángel |
|
Quién recoge las cacas del perro? |
O alumnado de 2º de Ed. Primaria participou no concurso de animación á lectura que, cunha metodoloxía lúdica, pretende avaliar os resultados da lectura realizada no mes de outubro durante a Hora de ler. O título traballado nesta ocasión foi "¿Quién recoge las cacas del perro?" de Ricardo Alcántara e Gusti e publicado por Edelvives. "Pablo e seu pai queren ter un can, pero non están dispostos a limpar as súas cacas. Terán que elixir entre a responsabilidade ou a indiferenza do animal." Os membros do equipo gañador recibiu como agasallo un exemplar do próximo libro que traballaremos: "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »