Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exposición magosto 2019 | |||||||||||||||||||||||||||||
Xoves de Comadres |
O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense. Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas. Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre. |
||||||||||||||||||||||||||||
O Libro de cores xa está en marcha |
O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar... Estás a tempo!! Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma |
||||||||||||||||||||||||||||
FASHION and ART |
A seguinte parte do noso proxecto sobre Annie Morris tiña que ver cunha obra de arte moi especial: Un vestido que xurdiu da colaboración da artista británica e do deseñador creativo da marca Burberry, Christopher Bailey. O vestido ten aproximadamente 30.000 pegs pintadas a man pola artista. Nós decidimos darlle vida a ese vestido e como sempre, ao noso xeito. A primavera estaba a chegar e cambiamos as cores máis outonais polo green primaveral. Compañeiros/as doutras aulas axudáronnos no tinguido das pegs, todos/as aprendemos observando. Seguimos na casa tinguíndoas, pero non foi posible ter listo o noso dress, a situación sanitaria pechou o noso obradoiro de art and fashion. Non podo deixar de dar as grazas aos que colaborastes desde as vosas casas e coas vosas familias no tinguido das pegs. Nas imaxes podedes ver o noso traballo incompleto, incluíndo a nosa modelo especial, sendo Annie Morris a queen da nosa aula. |
||||||||||||||||||||||||||||
Monsters, Gruffalo? |
Os máis peques da escola aprenderon as partes do corpo e foron quen de asocialas as cores correspondentes, grazas a Nelly e o Gruffalo. Lemos en voz alta o conto “Nelly paints a monster”,escoitamos de que cor era cada parte do body e puxémonos mans a obra. A expresión vainos moi ben, porque como vedes nas fotos, as nosas mans foron o noso instrumento de traballo. Preparamos o noso recuncho dos monsters, pero pola situación que todos/as estamos a vivir, quedounos por facer a foto dos artists coas súas obras. E que dicirvos do Gruffalo? A súa historia deunos para facer drawings, puzzles and puppets. Non fomos quen de rematar todo o traballo, pero aínda así queremos amosar parte do realizado polos máis peques. |
||||||||||||||||||||||||||||
Igualdade e integración, valores do planeta son: As profesións |
Neste curso, no P.D.I. traballamos a igualdade entre homes e mulleres. O grupo de 3º e 4º de Educación Primaria fixámonos nas profesións e oficios para ver se aínda o alumnado cre que hai traballos de homes e traballos de mulleres. Tamén fixemos pescudas entre as familias e xente próxima ao alumnado. Na maioría dos casos existía unha grande coincidencia entre a forma de pensar dos nenos/as e as súas familias. As respostas da enquisa no alumnado vense perfectamente as diferencias entre os nenos e as nenas. Mestres as nenas opinan que a gran maioría de profesión non hai diferencia para ser desempeñado por uns ou outras, nos nenos obsérvase que si consideran profesións de homes, por exemplo apagar incendios, pilotar avións ou arranxar coches. E, si son de mulleres, planchar, limpar a casa, facer de canguro ou traballos agrícolas. No referente a traballos para ámbolos dous sexos, eles pensan en medicina, avogacía, perruqueira ou coidar enfermos. Nos pais e nais, maioritariamente, pensan que nas profesións propostas na enquisa non habería diferencia entre ámbolos dous sexos. Fixéronse actividades de lecturas e debates coa intencionalidade de modificar algúns estereotipos e contabamos repetir a enquisa cara finais de curso. Non se puido realizar polo tema do covid 19. Ao igual que as actividades de conversas co alumnado de mulleres de profesións maioritariamente masculinas: taxistas, garda civil... da nosa cidade, que xa tiñamos practicamente concertadas. Queda pendente para o próximo curso. Como inicio do noso Proxecto fixemos a presentación del, na biblioteca do centro para todo o alumnado. Cada neno e nena de 3º e 4º representaba un oficio ou profesión, sempre facendo referencia a igualdade de traballo entre ambolos dous sexos, levando algo relativo ao mesmo e o resto do alumnado tiña averigualo. Tamén realizamos debuxos dalgunhas profesións facendo fincapé nos estereotipos de xénero que a sociedade ten sobre as mesmas para o mural do PDI do centro. Na entroido disfrazámonos de todo o persoal sanitario con enfermos /as incluídos, representando sempre a homes e mulleres en tódolos estamentos deste colectivo. Avaliación
Foi susceptible de mellorar:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Memorizando a táboa do dous |
O alumnado de 3º de Ed. Primaria adaptou o tema de Rosalía "Malamente" para memorizar a táboa do dous con maior facilidade. |
||||||||||||||||||||||||||||
María Martinón |
FROM THE PAST TO THE PRESENT THROUGH OURENSE No Día Internacional das Mulleres quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES. Unha muller nova, de éxito profesional internacional e ourensá, sérvenos para homenaxear a todas as mulleres que, coma ela, e día a día, traballan con paixón, sexa cal sexa o campo no que se moven. Dos máis peques de E.I. ata os compañeiros/as de 6º E.P., todos puxemos o noso gran de area para renderlle esta sinxela, pero sentida homenaxe, a María Martinón Torres. Un mural no que, tal e como indica o título, partindo do pasado chegamos ao presente pasando por Ourense. Foi tamén a aportación da área de inglés ao calendario do cole, sendo a folla do mes de febreiro. Coñecimos un pouco do lugar onde traballa no CENIEH, visitando a súa web https://www.cenieh.es/en , tamén explicándolle ao Ministro de Ciencia e Investigación o traballo que desenvolven no mesmo, https://www.youtube.com/watch?v=-LGBHZID9zY&t=47s , así como o programa Arqueomanía de RTVE, adicado a Atapuerca, titulado “Atapuerca en la trinchera”, https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/atapuerca-trinchera/5761227/ GRAZAS POLO TEU TRABALLO E A PAIXÓN QUE POS NEL! |
||||||||||||||||||||||||||||
Día da poesía 2021 | |||||||||||||||||||||||||||||
Auga Máxica |
O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.
> |
||||||||||||||||||||||||||||
Xogos populares no CIFP Portovello |
O 12 de maio, coa colaboración co CIFP Portovello, participamos nunha xornada de xogos populares que o alumnado de 1º curso do Ciclo superior de animación sociocultural preparou para os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria do noso cole. Xogos de presentación, carrilanas, a rá, xogos de aros... fixeron que os Superheroes do Sueiro disfrutaran dun momento de lecer a carón do horto escolar no que tamén estamos a traballar en colaboración co alumnado do CIFP Portovello. A experiencia deixou con gañas de repetila, tanto ao noso alumnado como aos monitores e monitoras do ciclo de animación. |
||||||||||||||||||||||||||||
Letras Galegas 2021 |
Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:
|
||||||||||||||||||||||||||||
“GOLDEN RULES ARE THE WAY: TAKE CARE OF YOU, TAKE CARE OF US” |
Sendo seleccionados no proxecto de innovación educativa “Club de Letras”, e como propón a convocatoria deste curso, fixemos do autocoidado a plataforma desde a que extendemos o coidado cara aos demais, ( familias, escolas, sanitarios, … ), prestando especial atención ás emocións que a situación actual de pandemia fai aflorar nos nenos e nenas, nos tempos COVID que estamos a vivir. Ademais, incidimos na importancia dunha alimentación saudable e sostible para unha mellora xeral da nosa saúde. Este traballo tamén foi o núcleo do PFPP: “Dinamizamos o centro a través do autocoidado e a reciprocidade do coidado”, desenvolvido por catro mestres do centro que promovía unha metodoloxía de OBSERVACIÓN directa entre alumnos/as e mestres. Os recursos, obxectivos, contidos e metodoloxía foron indicados na programación de inicio de curso. Nos seguintes enlaces pódese seguir o desenvolvemento do noso PDI: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1577 |
||||||||||||||||||||||||||||
Palabras | |||||||||||||||||||||||||||||
Xoves de Comadres |
Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro. A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense. |
||||||||||||||||||||||||||||
PDI de centro 2021/2022 |
Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Apadriñamento lector |
O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos. A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro. O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando. Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!
|
||||||||||||||||||||||||||||
Horto escolar, colleita 2022 |
Despois do éxito do horto escolar do curso pasado realizado no CIFP Portovello en colaboración co seu profesorado e alumnado, este ano voltamos a realizar a nosa pequena plantación de produtos hortícolas no espazo que nos acondicionaron para dita actividade nas instalación do centro. Antes de ir ao horto, realizamos na aula a listaxe das plantas que iamos mercar no viveiro de Agrolimia e do material que precisabamos para realizar o traballo. Unha vez rematada a listaxe, dirixímonos ao viveiro do barrio para mercar ditos produtos. Entre todos e todas fomos recollendo as plantas coa colaboración dos responsables de Agrolonia que tan amablemente nos atenderon. Rematada a compra, calculamos nos o importe da factura e pagámoslle ao encargado a cantidade xusto que coincidiu exactamente co que puña na factura. A nosa sorpresa foi que nos fixeron rebaixa polo ben que nos portamos na tenda. Con ela mercaremos algunha vianda para degustar o próximo día que veñamos regar. A continuación dirixímonos ao Horto escolar do CIFP Portovello, situado no seu patio exterior, para realizar a nosa plantación:
En principio, temos programado ir regar ao noso horto unha vez á semana e de paso comprobar como evoluciona o crecemento das plantas. Xa só nos falta esperar a ter froitos para degustar na nosa aula. |
||||||||||||||||||||||||||||
O alumnado de 3 anos visita a biblioteca | |||||||||||||||||||||||||||||
Hora de ler. Curso 2022/2023 |
Un ano máis, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma. Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2022/2023, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón: Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Celebración das Letras Galegas 2023 |
Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro: |
||||||||||||||||||||||||||||
Día das librarías |
O 13 de novembro de 2023, o alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participaron na clausura da actividade organizada pola Agrupación de Libreiros de Ourense para celebrar o Día das Librarías en colaboración coa Concellería de Educación, Deputación Provincial e Xunta de Galicia. Esta actividade consistiu na dramatización no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iniciando a actividade que continuou nas escaleiras das Galería Viacambre e rematou coa visita a catro librarías ourensáns: Katedra, Eixo, Tanco e Maelka. |
||||||||||||||||||||||||||||
Concurso exposición de froitos de outono |
Éxito creativo no concurso de Obras Artísticas de Outono. Nunha vibrante mostra de talento e creatividade, o EDL do cole, realizou un apaixonante concurso de exposicións, destacando traballos artísticos feitos exclusivamente con produtos e froitos do outono. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a expresión artística e a conexión coa natureza durante esta época tan especial. Dende pinturas ata esculturas, estudantes de todas as idades participan activamente, xunto coas súas familias, neste evento que transforma os corredores da escola nun festín visual. A variedade de traballos reflicte a diversidade de talentos e enfoques creativos presentes na comunidade estudantil. Ao final do trimestre realizaremos a entrega de premios a todo o alumnado participante e aos mellores traballos por aínda segue aberto o prazo de presentación de traballos. Amosamos o noso entusiasmo pola participación e a calidade das creacións presentadas ata agora e destacamos a importancia de eventos coma estes para fomentar a expresión artística e o traballo en equipo entre o alumnado e as súas familias. O concurso expositivo non só reforza o vínculo entre a comunidade estudantil e a natureza, senón que deixa unha pegada duradeira na memoria de todos os participantes. Sen dúbida, este evento demostra que a arte pode ser unha poderosa ferramenta para celebrar a beleza fugaz do outono e para unir á comunidade escolar arredor da creatividade e a expresión persoal. ENTREGA DE AGASALLOS AOS TRABALLOS PRESENTADOS |
||||||||||||||||||||||||||||
Mi nombre es Skywalker |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da Editorial SM/ Barco de Vapor. O libro foi traballado na última semana do mes de setembro e nas dúas primeiras do mes de outubro. O libro Mi nombre es Skywalker trata sobre un home que só pode ser visto polos nenos, Skywalker, pasa todos os días de pé na porta do supermercado pedindo axuda ou diñeiro á xente, xa que é moi pobre. Raquel, unha nena curiosa, descobre o seu secreto e comeza a falar con el. No fondo, é unha metáfora interesante subxace a este conto: a xente pobre aparece como invisible aos nosos ollos de adultos. Pero os nenos son máis sensibles e poden percibir o lado escuro da sociedade. Coa selección deste libro o obxectivo e ensinarlles a transitar un camiño de amizade e solidariedade convértese entón nunha boa idea. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
Actividade 7: Concurso sobre o libro.
Actividade 8: Kahoot.
EN GALEGO: EN CASTELÁN: Actividade 9: Conclusión/valores Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia. RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
||||||||||||||||||||||||||||
Descubrindo o mundo de Luuume!! |
Encantadora sesión do Club de Lectura de 1º de EP. Ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de 1º de EP mergullámonos nas páxinas de "Luuume!!!", un bonito álbum ilustrado que conta a conmovedora historia do pequeno Mixto, un personaxe que está constantemente enfadado. Esta historia, máis que unha simple narración, revelouse como unha valiosa ferramenta para promover a autoaceptación, a xestión da ira e o desenvolvemento do autocontrol nos nenos e nenas. A actividade, realizada no club de lectura e na hora de ler, contou coa participación entusiasta dos pequenos lectores, acompañados das súas mestres e amigos e amigas do cole. Xuntos, realizaron unha emotiva viaxe ao mundo de Mixto, explorando as leccións de vida que ofrece este personaxe. A historia non só capturou a imaxinación dos nenos, senón que serviu de plataforma para importantes conversas sobre emocións. Mama Pinza, Papa mestra Novelo e os seus amigos apagan o lume de Mixto e fanlle entender que enfadarse non é malo, o que non está ben é que a ira se apodere de ti. Como unha das mensaxes centrais destacouse a importancia de comprender as emocións e aprender a xestionalas. A actividade non se limitou á lectura do conto. Os participantes mergulláronse en diversas técnicas de respiración, aprendendo a manter a calma mediante prácticas de mindfulness. A actividade culminou coa creación de fermosas caixas de Luuume feitas a man, adornadas cos entrañables personaxes da historia, que engadiron un toque creativo e manual á experiencia. Como colofón desta actividade do club de lectura, o alumnado participante realizou unha emocionante dramatización do conto na biblioteca, onde os nenos e nenas de primeiro curso compartiron a súa aprendizaxe co resto dos seus compañeiros e compañeiras do cole en dúas sesións: unha para o público de educación infantil e outra para o alumnado de 2º, 3º e 4º de EP. A ilusión e a alegría reflectíronse en cada xesto e palabra, demostrando que a actividade non só foi educativa, senón tamén unha experiencia inesquecible e divertida para todos e todas. O club de lectura de primeiro ciclo segue demostrando que a combinación de literatura, emocións e creatividade pode xerar impactos positivos no desenvolvemento integral do alumnado. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »