POR QUE MORREN TANTOS PEIXES?
Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que?
Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas.
Estudamos neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala.
Estivo presentes en todalas areas do curriculo de 3º de primaria e nas distintas actividades levadas a cabo.
Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:
- Coñecemos os compoñentes que contaminan os rios e mares.
- Distinguimos a contaminación natural da provocada polo ser humano.
- Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación nos animais e nas plantas.
- Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación no ser humano.
- Recoñecemos a importancia da conservación dos ecosistemas.
- Buscamos solucións para reducir ou evitar a contaminación
- Coñecemos as repercusións da contaminación na nosa saúde.
Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:
- Realización dun mural representando os efectos da contaminación de mares e ríos.
- No mes de febreiro traballamos a canción de Paco Nogueiras e cantámola no desfile de Entroido do colexio.
- Obra de teatro inédita, "Ondiñas que veñen e van", creada pola nosa titora, coa que participamos nos XXIII Encontros de teatro en Bande e que tamén representamos na biblioteca do noso centro.