Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Visita á biblioteca da Ponte |
O 20 de abril o alumnado de 1º e 2º visitou a biblioteca do barrio de A Ponte para realizar unha sesion de animación á lectura e de formación de usuarios. Por medio dun contacontos realizado cun kamishibai a responsable da biblioteca foinos presentando os diferentes recantos que pode ter unha biblioteca e os diversos tipos de fondos bibliográficos cos que nos podemos encontar nela. Tivemos un tempo para a lectura individual onde cada un de nós disfrutou coas lecturas dos libros que máis lles gustaban. Para rematar, realizamos unha actividade de creación de historias na que por medio de diversas técnicas iamos improvisando pequenas historias que lles contamos ao resto dos compañeiros e compañeiras.
|
||||||||||||||||
Horta esolar de 1º e 2º de Ed. Primaria |
Na última semana de marzo realizamos na nosa horta os traballos previos de preparación da terra co arrancamento de herbas e achegando o esterco e estrato preciso para facer que esta sexa máis fértil.
Á volta das vacacións da Semana Santa, entre toda a clase, elaboramos a lista de produtos que iamos mercar para plantar na horta. Unha vez realizada a lista, desprazámonos ata os viveiros de Agrolonia para mercar ditos produtos. Nós mesmos fixemos o cálculo do importe total da factura da compra e nombramos un equipo para que fose pagar dita factura. O responsable do viveiro agasallounos cun libro que nos explica como hai que facer para que estas plantas den uns bos froitos.
O 20 de abril, collemos as ferramentas de xardinería do cole e realizamos a plantación da nosa horta. Unha vez rematada a plantación, démoslle unha boa regada para que as pequenas plantas se agarrasen con máis forza á terra da horta. Agora só nos queda coidar a nosa horta con moito agarimo para que nos produza bos e abundantes froitos.
Na primeira semana de maio, puxémonos a abonar a nosa hortiña tal como os vellos entendidos nos aconsellaron xa que, segundo parece, había boa luna.
Coa profe de plástica realizamos uns letreiros para identidicar os produtos da nosa hortiña. O nome de cada unha das nosas plantas vai escrita en galego e en inglés. Quedaron moi chulos, na galería podedes abservalos.
Todo o traballo realizado na nosa horta iámolo reflectindo no caderno de campo que elaboramos para esta actividade.
Segundo foron madurando os produtos da nosa horta os iamos recolectando para poder degustalos.
Os produtos recollidos na nosa horta foron os protagonistas de varias merendas saudables que relizamos en clase.
|
||||||||||||||||
Xogos de música e expresión corporal |
Desde a área de Ed. Física tamén traballamos con libros durante toda a semana. Seleccionamos todos os fondos bibliogRáficos de xogos que temos na nosa biblioteca e baixámolos para a aula de psicomotricidade. Alí os nenos e nenas leron e escolleron un dos xogos que máis lles gustasen para practicar entre todos e todas. Foi moi divertido!!! EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO DE ED. PRIMARIA LENDO E XOGANDO EN 2º CICLO
LENDO E XOGANDO EN 3º CICLO
|
||||||||||||||||
Apadriñamento lector. Día do libro 2023 |
O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos. A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro. O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando. Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!
|
||||||||||||||||
Horta escolar no CIFP Portovello |
O venres 21 de abril de 2023 o alumnado de 6º de Educación Primaria comezou a limpeza do seu bancal para realizar a plantación da súa horta escolar no CIFP Portovello. O primeiro que fixemos foi retirar as herbas do noso bancal. Unha vez retiradas as malas herbas comezamos a plantar os nosos alimentos sendo neste ano: coles e leitugas PREPARANDO O TERRENO REGANDO A HORTA
|
||||||||||||||||
Garvanciño, come saniño |
O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes. Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta. |
||||||||||||||||
Xeadas no mes de xaneiro |
Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é? Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies. Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas.
Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio. |
||||||||||||||||
Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023 | |||||||||||||||||
Primeiro premio nacional do Exército de Terra 2023 |
O traballo realizado polo alumnado de cuarto de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 2023, baixo o título: "Mirando sin ver", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional. O premio consiste en 4500 euros, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro o próximo día 29 de xuño en Madrid. Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto. Ligazón á nova na web do Exército de Terra
|
||||||||||||||||
"Mirando sin ver" |
Os/as nenos/as de 4º E.P. non atopaban resposta a por que ás veces miramos e non vemos e oímos sen escoitar. E nesas andabamos cando, como nos últimos tres cursos, unha das Bases do Ejército de Tierra, a Base Oroel San Bernardo, deunos a resposta. Saímos do cole rumbo a Antártida, compartindo espazo e tempo coas mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, nun chimpo chegamos a Castrillo del Val en Burgos para saudar ao persoal da Base Cid Campeador e como non estabamos lonxe, achegámonos a Jaca en Huesca, para coñecer ao GMAM e o seu traballo a prol das persoas con discapacidade visual. O ano 2022 estaba no seu trimestre final e soubemos que a ONU proclamou o ano 2022 como Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas. Cos recursos facilitados pola FAO deu comezo este proxecto. A Biblioteca Escolar do centro facilitounos títulos para facer das montañas o eixe das nosas lecturas. Estes foron algúns:
Destacamos o libro remitido desde a EMMOE do GMAM, con información valiosa e Aprendemos xentilicios, JAQUÉS, JACETANO, OSCENSE, ..., ; situamos países, cordilleras, continentes, coñecemos nomes de picos montañosos, volcáns, desertos, ... Para achegarnos á discapacidade visual traballamos co organismo internacional IAPB que nos facilitou recursos para o proxecto; coñecemos o sistema Braille e escribimos o título do noso proxecto nese sistema de escritura. E como o noso proxecto vai de escalada e ollos, eliximos unha das cumes nas que o GMAM fixo cima xunto a discapacitados visuais chamado "OJOS DEL SALADO". Elaboramos un xogo de preguntas e respostas para a “montaña” que creamos con material de refugallo e que leva por nome “De la Base a la cima”. No día da poesía, e xa que falamos de ollos, recitamos un poema visual, un caligrama, co propósito de formar unha unidade coa montaña, a capacidade visual e o traballo de mulleres e homes do Ejército de Tierra na Base Oroel San Bernardo, facendo unha chiscadela ao nome do noso cole. |
||||||||||||||||
Froita fresca nos recreos | |||||||||||||||||
Mochila viaxeira |
No curso 2022/2023 volveron a funcionar 12 mochilas viaxeiras, é dicir, dúas por cada clase do cole. Asemade, en Ed. Infantil continuamos un ano máis co funcionamento do programa "Libros que van e veñen". Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Achegamos unha mostra das mochilas e do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.
|
||||||||||||||||
Hora de ler en 4º EP |
Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado nos meses de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
||||||||||||||||
Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra |
Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra” ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros. Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla. Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado. PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!
|
||||||||||||||||
Formigas4S |
O alumnado de quinto descubre que os FORMIG4S investigan cal é a causa de que a obra de Rosalia este desaparecendo, para esclarecer este estraño suceso viaxarán no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. Ao rematar o libro decátanse de que todo era ficción. Rosalia de Castro nunca desaparecerá, esta máis de moda ca nunca... se o queres comprobar só tes que pinchar nas seguintes ligazóns:
|
||||||||||||||||
Mi nombre es Skywalker |
No primeiro trimestre traballamos Mi nombre es Skywalker escrito por Agustín Fdez. Paz e publicado por Ed. El Barco de Vapor. Raquel descubre o secreto do home “INVISIBLE” que pide na porta do supermercado que hai enfronte da súa casa... el cóntalle que ven doutro planeta... Os nenos de quinto reflexionaron moito sobre o “poder de invisibilidade” que exerce a pobreza na nosa sociedade... porque a nena ve o que os maiores non queren ver... que é o que cambiou nos corazóns dos adultos. Para sensibilizar a toda a comunidade educativa crearon unha banda deseñada que resume a historia deste libro. |
||||||||||||||||
Celebración das Letras Galegas 2023 |
Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro: |
||||||||||||||||
Hora de ler de 5º de Ed. Infantil |
A configuración da hora de ler na aula de 4º Educación Infantil foi realizada pola titora pola titora Nair Calvo Ríos cos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades:
1º TRIMESTRE:
2º TRIMESTRE:
|
||||||||||||||||
Hora de ler en 6º de Ed. Infantil |
A configuración da hora de ler na aula de 4º Educación Infantil foi realizada pola titora pola titora Mª Pilar Carballo Martínez cos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades:
1º TRIMESTRE:
2º TRIMESTRE:
3º TRIMESTRE:
|
||||||||||||||||
A vida dos ecosistemas terrestres |
Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuámolo co coidado do medio ambiente e , polo tanto, traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. A temática neste curso para os alumnos de 4º curso centrouse no ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Unha tarea amplia e imprescindible para o equilibrio do planeta. Algúns dos retos que nos marca este obxectivo son a xestión sostible dos bosques, a loita contra a desertificación, invertir a degradación das terras e deter a pérdida de biodiversidade. Só a protección á natureza pode garantir a protección da humanidade. Debemos contribuir a ter un planeta máis san e máis verde. O grupo de 4º de Educación Primaria centrouse polo tanto en coñecer diferentes accións que nos permitan mellorar o noso medio ambiente e realizamos varias actividades entre as que se encontran: Continuamos co proxecto das 3 RRR, pero este ano engadimos minimizar o uso do papel nas nosas vidas. Reutilizamos todo o papel que podemos dentro da aula e estudiamos e buscamos todas as siglas de recursos sostibles (FSC, PET,HDPE, anillo de Möbius...) Temas traballados na asignatura de CCSS:
Temas traballados na asignatura de CCNN:
Libro da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Vídeos didácticos:
Visitas didácticas:
Obradoiros e experimentos na clase. Metodoloxía: Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral e axustándonos ás características do alumnado. Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea: O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas, xa que os diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dótaos das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida. Obxectivos xerais:
Contidos:
|
||||||||||||||||
Hora de ler en 3º de Ed. primaria |
No curso escolar 2022/2023, a hora de ler, no 3º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez , centrándose nos seguintes obxectivos. Obxectivos:
Actividades.
Temporalización. 1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das bonecas. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Alejandro, un rapaz de once años, quere dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha... Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS, LENDAS, FÁBULAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas propias viñetas. Un curso máis tamén realizamos a FORMACIÓN DE USUARIOS para un mellor uso do material da biblioteca e un mellor aproveitamento dos devanditos recursos. |
||||||||||||||||
Gala dos premios do Exército 2023 |
O xoves 29 de xuño, unha representación de alumnos/as de 4ºE.P. acompañados/as polo director do centro e a mestra responsable do proxecto, recibiron en Madrid o diploma e trofeo acreditativos do premio nacional correspondente a “Enseñanza Escolar, categoría A”, polo proxecto “MIRANDO SIN VER”. A cerimonia foi presidida pola ministra de Defensa, Margarita Robles, acompañada polo Jefe de Estado Mayor del Ejército de Tierra (JEME), general de ejército Amador Enseñat y Berea, e numerosas autoridades militares, civís, académicas e xudiciais. Foi un acto cheo de emoción e ledicia compartida cos premiados noutras categorías. No discurso do noso alumnado lembramos o noso proxecto no que puxemos en valor a colaboración e apoio do GMAM, con base en Jaca, ás persoas con discapacidade visual na escalada ao volcán Ojos del Salado en Chile. Lembramos tamén os outros dous proxectos anteriores nos que destacamos o traballo dos homes e mulleres do Ejército de Tierra na Antártida, coidando dese ecosistema tan fráxil e tamén da súa implicación no xacemento de Atapuerca. E como complemento a tanta emoción, foron agasallados cunha xornada no parque de atraccións de Madrid. Dous días inesquecibles! PARABÉNS PARA OS NOSOS/AS ALUMNOS/AS!!! E GRAZAS POR TODO O AGARIMO RECIBIDO!!! O noso proxecto estará exposto xunto cos outros/as premiados no Instituto de Historia y Cultura Militar en Madrid, durante o mes de xullo. Se vos atopades por alí, podedes visitalo.
|
||||||||||||||||
Entrega dos premios Club de lectura |
A sede do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid acolleu o mércores 8 de novembro a gala de entrega dos Premios aos Clubs de Lectura Escolar 2022-2023, un recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional aos centros educativos que, como no caso do noso centro, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, promoven a lectura a través deste tipo de actividades. O director, o secretario e a coordinadora dos clubs de lectura do centro, recolleron o galardón que nos acredita como o segundo mellor club de lectura nacional na nosa categoría, en representación de todos/as lectores e lectoras do noso cole, os auténticos protagonistas do noso club de lectura.
A poeta Raquel Lanseros honrounos coa sinatura dun dos seus libros, “Dicen que no hablan las plantas”, para a nosa biblioteca escolar. Ademais, fíxonos especial ilusión saber que as súas raíces familiares se atopan en Verín, aínda que ela é nada en Jerez de la Frontera. Foi unha xornada chea de emocións e inquedanzas compartidas con centros de toda España que entenden, coma nós, que a lectura é berce de cidadáns críticos e entusiastas. Parabéns a todas e todos os membros do noso club de lectura! CONTINUADE A VIAXE QUE COMEZA SEMPRE NA PRIMEIRA PÁXINA DUN LIBRO E NON REMATA NUNCA NA ÚLTIMA, ... SEGUE CAMIÑO NA TÚA IMAXINACIÓN! |
||||||||||||||||
Celebración do Día dos dereitos da Infancia |
Celebración exitosa do día dos dereitos da infancia no CEIP Manuel Sueiro cun enfoque educativo singular. O 20 de novembro o CEIP Manuel Sueiro encheuse de risas, alegrías e aprendizaxes durante unha emocionante celebración do Día dos dereitos da Infancia. Este evento tan esperado non só foi un día de diversión, senón tamén unha oportunidade educativa única para o alumnado do colexio. Cada aula do CEIP Manuel Sueiro participou activamente na celebración presentando ao resto das clases un dereito fundamental da infancia. Os nenos e nenas non só se divertiron, senón que tamén aprenderon a importancia dos seus dereitos e o respecto aos seus compañeiros. Dende primeira hora da mañá, o colexio estivo cheo de enerxía positiva mentres se preparaban para presentar os seus dereitos para compartir os seus coñecementos dun xeito creativo e participativo. O profesorado tivo un papel fundamental na organización do evento, animando aos estudantes a expresar as súas ideas de forma eficaz e fomentando o respecto mutuo. Cada presentación foi única e reflectiu o esforzo e a creatividade do alumnado e do profesorado. Durante as presentacións, non só compartiron información sobre os dereitos da infancia, senón que tamén destacaron a importancia de respectar e valorar as diferenzas entre eles. Esta iniciativa non só promoveu a aprendizaxe académica, senón tamén as habilidades sociais esenciais para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Amosamos a nosa satisfacción polo acto, destacando a importancia de celebrar o Día da Infancia dun xeito non só divertido, senón educativo. É fundamental que o noso alumnado comprenda os seus dereitos dende pequenos, e esta celebración foi unha valiosa oportunidade para conseguilo. En resumo, a celebración do Día da Infancia no CEIP Manuel Sueiro foi un éxito rotundo, deixando unha pegada perdurable na mente do alumnado e reforzando o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado. |
||||||||||||||||
Presentación do Club Xuventude Ourense FS |
Éxito total na Actividade "Coñece o teu Club": Emocionante presentación do Xuventude Ourense FS na nosa escola. O 23 de novembro o alumnado do noso colexio tivo o privilexio de mergullarse no fascinante mundo do deporte, grazas á actividade "Coñece o teu Club". O responsable do Xuventude Ourense FS, club local de fútbol sala, visitou as nosas instalacións para presentar as marabillas deste deporte dun xeito vibrante e entretido. A presentación, celebrada na aula de psicomotricidade do colexio, comezou cunha breve presentación sobre a historia do club e o seu impacto na comunidade local. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a historia do Xuventude Ourense FS, os seus logros máis salientables e a importancia do fútbol sala como deporte na comarca. O prato forte da xornada foi, sen dúbida, a interacción directa co alumnado. Tras a presentación inicial abriuse un espazo para que o alumnado puidese facer preguntas ao dirixente do club. A participación foi abrumadora, con multitude de preguntas que reflectían o interese e a curiosidade dos mozos polo mundo do fútbol sala e a vida dentro dun club.
Ao remate da presentación, o alumnado amosou o seu agradecemento e entusiasmo, destacando o enriquecedora que resultou a experiencia. A actividade "Coñece o teu Club" conseguiu non só achegar aos mozos ao mundo do fútbol sala, senón tamén fomentar o deportividade e o sentido de comunidade no noso colexio. Agradecemos ao Club Xuventude Ourense FS a súa dedicación e entusiasmo por compartir a súa paixón polo fútbol sala cos nosos alumnos. Confiamos en que esta actividade deixou unha impresión duradeira nos nosos estudantes, inspirándoos a explorar novas oportunidades no apaixonante mundo do deporte. Agardamos futuras colaboracións e eventos que reforcen os lazos entre a nosa escola e a vibrante comunidade deportiva local! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »