Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lecturas terroríficas na biblioteca | |||||||||||||||||||||||||||||
Exposición do Samaín 2021 | |||||||||||||||||||||||||||||
Día das bibliotecas 2021 |
O 26 de outubro celebramos o Día das bibliotecas coa realización das seguintes actividades:
Preme para ver a Galería de imaxes
|
||||||||||||||||||||||||||||
A pinga Sueiriña |
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna. Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible. En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA. O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón. QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA |
||||||||||||||||||||||||||||
PDI de 5º e 6º de Ed. Primaria |
O curso 2021/2022, o PDI do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a directriz marcada por bibliotecas escolares de Galicia coa temática “A Biblioteca escolar ten a palabra”. O grupo de 5º e 6º de Educación Primaria céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente, polo que van a realizar diversas accións que permitirán coñecer e mellorar o noso medio ambiente, para elo realizaremos as seguintes accións... 1º) Mes de novembro de 2021: Aforro de auga: do mesmo xeito que, no caso da enerxía, debemos apagar a luz cando non se estea utilizando, tamén debemos procurar pechar a billa cando non o necesitamos, evitando así desperdiciar un dos nosos recursos máis prezados. OBXECTIVO: Obxectivo 1: Reducir o consumo da auga entre un 1% con respecto ao consumo do ano anterior. ACTUAR:
2º) Mes de decembro de 2021: Aforramos enerxía. Obxectivo 2: Reducir o consumo eléctrico do centro 1% CONCIENCIAR: A enerxía é imprescindible para manter o progreso e o nivel de vida alcanzado, polo que a humanidade actualmente ten unha gran dependencia enerxética. ACTUAR:
3º) Mes de xaneiro de 2022: Uso responsable no medio de transporte. Obxectivos: Concienciar: Utiliza o transporte público. Actuar:
4º) Mes de febreiro de 2022: Reducir, reciclar e reutilizar. OBXECTIVOS: Obxectivo 4: Reducir o consumo de papel nun 1%. CONCIENCIAR: As 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. ACTUAR:
Plantamos árbores. Obxectivo: Obxectivo 5: Plantar unha árbore todos os anos na semana da auga e da árbore. Actuar:
6º) Mes de abril de 2022: Creamos o noso horto escolar. Obxectivos: Concienciar. Que é un horto ecolóxico? Todos pensamos que as froitas e verduras que se cultivan son totalmente saudables, pero en ocasións, cando compramos nun supermercado ou unha superficie comercial, non sabemos do todo como se sementaron e recollido estes alimentos, certo? Actuar.
7º) Mes de maio de 2022: Coidamos a flora e a fauna. A flora e a fauna son vitais para a subsistencia do planeta e do ser humano. Un ecosistema sen a presenza de árbores, daría lugar a unha escasa concentración de osíxeno, necesario para que todo ser vivo desenvólvase. Do mesmo xeito que a falta de animais rompería a cadea alimenticia. Necesitamos ecosistemas equilibrados para que prosperen as especies e plantas con biodiversidade. Actuar.
8º) Mes de xuño de 2022: Consumo responsable. Consiste en comprar un produto ou contratar un servizo que proveña de fontes onde os recursos actuais e futuros estean apoiados por unha cadea de valor onde o comercio xusto destaque. Actuar.
|
||||||||||||||||||||||||||||
Celebración do Día da Paz 2022 |
Para conmemorar o Día da Paz o profesorado representou a obra "Por catro esquiniñas de nada" de Jérôme Ruillier. Caracterizados coma os personaxes do conto puxeron en valor o respecto ás diferencias e a integración desde dito respecto, sen pretender que todas as persoas sexamos iguais e entendendo que o traballo en equipo sempre é a mellor canle para solucionar os problemas. Como este ano O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! dende a biblioteca fixemos unha pequena homenaxe ao premio Nobel da Paz, Wangari Maathai, polo labor que fixo en defensa da natureza e a loita polos dereitos e melloras da situación das mulleres do seu país. Contamos un conto (no que queremos agradecer a participación do alumnado de 6º) sobre a verdadeira historia de Wangari e aprendemos unha bonita canción sobre a súa vida. Para rematar, realizamos un mural (todo con material reciclado) no que quixemos reflictir o "Movemento Cinturón verde" que fundou Wangari en 1977 e que na actualidade en Kenia conta con 4000 grupos comunitarios que plantan árbores e protexen o medio ambiente. Cada neno/a fixo unha folla co seu mensaxe de paz que posteriormete foi colocada no mural. Asemade, nestes tempos escuros que estamos a vivir, no noso cole prendemos candeas pola PAZ. Candeas que alumeen o camiño cara ao respecto, igualdade e comprensión. |
||||||||||||||||||||||||||||
Contacontos con Benjamín |
O xoves, 3 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida polo CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva por título Contacontos no colexio coa colaboración do grupo CGA. A actividade foi levada a cabo por Benxamín que foi capaz de marabillar coas súas historias aos nosos nenos e nenas con dúas sesións. A primeira das sesións foi para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Benxamín conseguiu que a partir de tres historias, nas que os protagonistas fosen tres nenos/as: o medroso, o máis rechulo e presumido e o máis valente, facendo participar, nestas divertidas historias ao resto dos nenos e nenas. Como conclusión, destes pequenos contos, pediulles aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro “pedirlles aos seus pais e nais” para que lles seguisen contando bonitas historias e contos. A segunda das sesións foi para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. As historias centráronse en dúas historias. A primeira delas relacionada coa maxia e todos aqueles desexos que puidesen ter. A segunda das historias relacionouse co “Porquiño de San Antón” e como o alumnado desfrutouse facendo carreiras de cabalos para poder salvar ao porquiño do seu San Martiño. Foi un día marabilloso que gustou a grandes e pequenos. Xa estamos agardando polo seguinte contacontos. |
||||||||||||||||||||||||||||
Mi maestra | |||||||||||||||||||||||||||||
O Segredo dos Franciscanos |
O 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, chegou a praza do Trigo, situada enfronte da Catedral de Ourense, para realizar a actividade que leva por título “O segredo dos franciscanos”. A actividade comenzou cunha visita inesperada, na que Xoana a lavandeira, contounos que estaba a punto de casar con Manolo, o carniceiro, o cal tiña a súa tenda na rúa Dos Fornos, pero precisaba arranxar co franciscano para casar. Ao pouco apareceu o franciscano Frei Xan o Farrapeiro o arquiveiro do convento dos Franciscanos. Frei Xan e Xoana conducíronnos a través das diferentes lugares da cidade na que tiveron influencia os franciscanos como son a Praza do Correxidor e a actual Praza da Estrela para rematar chegando ao actual arquivo histórico antigo convento franciscano. A ultima das actividades consistiu nunha busca do tesouro na que os capiteis e as columnas do claustro de San Francisco foron o eixo central. |
||||||||||||||||||||||||||||
Día da Poesía 2022 |
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas. As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural: Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese, os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer. Alumnado de Ed. Infantil Alumnado de 3º de Ed. Primaria |
||||||||||||||||||||||||||||
Semana da ciencia: Aula de apoio |
Ao longo da semana da ciencia na aula de apoio realizamos diversos experimentos: Con este sinxelo experimento conseguimos romper a tensión superficial. Que é a tensión superficial? É unha propiedade da auga que fai que as moléculas da superficie se xunten para formar unha "pel" que axuda a que determinados obxectos floten sobre ela. |
||||||||||||||||||||||||||||
Todos e todas reciclamos. Que significa reciclar. |
O PDI do alumnado de terceiro no curso 2021/22 céntrase na concienciacion da necesidade de empregar, con cabeciña, o que nos ofrece a natureza fomentando os 3 RRR. Comezamos o proxecto pescudando sobre o que consistía reciclar e o significado dos RRR. Como actividade inicial colocamos na aula contedores para poder reciclar cada tipo de lixo que segundo a súa procedencia. |
||||||||||||||||||||||||||||
Pescudando sobre a reciclaxe |
Para realizar esta pescuda de información comezamos motivando ao alumnado coa lectura do lbro dos Bolechas: "Que se bota no contenedor amarelo". Para afondar na temática visionamos o vídeo relacionado realizado por SOGAMA que explica de forma animada como realizar unha correcta reciclaxe. O vídeo facilitouselle ao alumnado cun QR. Unha vez revisadas as formas de reciclar, formamos co alumnado da clase tres grupos, e a cada un repartiuselle un tipo de contenedor: verde, azul e amarelo. ...e aquí comezou o proxecto de investigación que desenvolveron na aula e nos ordenadores da nosa biblioteca. |
||||||||||||||||||||||||||||
PDI de centro 2021/2022 |
Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:
|
||||||||||||||||||||||||||||
COIDEMOS A CREACIÓN |
Neste curso, o P.D.I. ten como temática do curso escolar 2021/2022 “O Sueriño a diversidade respecta... TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA” que nos mostra a necesidade de traballar xuntos para coidar e preservar o medio ambiente. Dende a área de Relixión nos centramos na creación de Deus de toda a natureza que nos rodea. E traballamos nesta temática cos cursos 1º de Primaria e 2º Primaria. Os nenos e nenas realizaron un traballo acerca da creación de Deus baseada no relato da la Biblia nos capítulos un e dous do libro de Xéneses. Nestes capítulos relátase como se formou a natureza e os seres vivos que nela viven e como Deus lle deu ao home e á muller unha instrución para que coidaran a súa creación. Deus fixo a terra para que fora un fogar fermoso para a humanidade, ao ver a súa Obra cualificouna de “moi boa” e encomendou ao home para que a cultivara e a coidara. |
||||||||||||||||||||||||||||
A primavera |
O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores. Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta. Aprendemos moito e divertímonos moito máis. |
||||||||||||||||||||||||||||
A folla azul |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais. LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa. O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos. Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Actividades Antes da lectura
Despois da lectura
As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras. No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade: |
||||||||||||||||||||||||||||
Formigas. Misión Rosalía. |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como terceiro libro “Formigas. Misión Rosalía” de Pere Tobaruela da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses febreiro e marzo do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL que son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. Despois da lectura do libro, o alumnado traballou a súa comprensión a través de diversos mapas nos que intentamos representar a historia e os diversos lugares polos que tiveron que atravesar as formigas. |
||||||||||||||||||||||||||||
Alguén roubou o inverno |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “Alguén roubou o inverno” de Xosé Antonio Perozo, libro editado pola Deputación de Ourense para conmemorar a 8º semana escolar da árbore e da auga. O libro foi traballado na última semana do mes de marzo e nas dúas primeiras do mes de abril. Alguén roubou o inverno conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza. A natureza está ameada por Míster Retope, quen representa o mal e o desprezo polo medio ambiente. A aventura comeza partindo dunha visita ao encoro de Alto Lindoso neste mesmo ano 2022, no momento en que as vilas ourensás asolagadas en Lobios emerxeron por mor da seca, para a continuación centrarse no suceso dunha corta clandestina de ameneiros que está sucedendo no Támega, entre Verín e Laza. Rematando coa importancia da influencia humana no cambio climático. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas:
As actividades realizadas durante a semana do 28 de marzo ao 8 de abril de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto. |
||||||||||||||||||||||||||||
Hora de ler en 3º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12 a 12:20h, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. Os obxectivos principais foron:
Actividades:
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días. Comentar neste punto que, debido a acontecementos e actividades que xurdiron ao longo do curso, houbo moitos cambios na selección de materiais e libros para a hora de ler. 1º trimestre: Centrámonos no aprendizaxe e representación da obra teatral “O fantasma Burlón” A continuación, traballamos unha obra relacionada co Nadal titulada “Os Gnomos de Papá Noel”, que debido a corentena de algúns alumnos ao final deste trimestre, non se puido representar. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas. Neste trimestre o traballo escollido foi en relación ao PDI anual do centro. Para elo escollemos o libro dos Bolechas titulado “Os Bolechas queren saber...que se bota no contedor amarelo”. A partir deste libro, fixemos un traballo de investigación relacionado cos “ 3 erres” que plasmamos finalmente en 3 LapBook: 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas. Finalmente neste 3º trimestre, e continuando coa temática do PDI, realizamos unha lectura en grupo sobre o libro : Rematamos coa lectura do libro: ¿Quién usa las papeleras? de Ed. Edelvives. Finalmente comentar que, a pesar de que houbo moitos cambios na programación inicial na hora de ler, o nenos adaptáronse sen problema a mesma e traballaron con motivación e animados en todas as actividades propostas. |
||||||||||||||||||||||||||||
Naturizo. O retorno das flores |
Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores. Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo! Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición. O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza. Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense. Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores, paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial. |
||||||||||||||||||||||||||||
Emprego dos medios de transporte |
Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Produtos de tempada |
Durante o mes de xuño de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo dun consumo responsable e con produtos de tempada para o cal seleccionaron as froitas de tempada : cirolas, frambuesas, sandía, melón, mazás,... e así como os produtos que recolleu o alumnado de 2º de Educación Primaria no horto escolar do CIFP Portovello.
|
||||||||||||||||||||||||||||
A señorita Bubble |
No 3º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou A Señorita Bubble escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Andrés Meixide. O libro conta como a xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble. Actividade 1: Lectura Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta. A presentación da personaxe protagonista e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a mior parte das veces, as cousas non son o que parecen. Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións. Actividade 4: Ilustración Os rapces realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo. Actividade 5: Conclusión/valores Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia. |
||||||||||||||||||||||||||||
Exposición Letras Galegas |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »