Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Saúde bucodental |
O 10 de maio participamos nun obradoiro de hixiene bucodental realizado por un experto en saúde baixo a coordinación do Concello de Ourense. Con esta actividade de saúde bucal, promovida polo Concello de Ourense, o que se busca é que o alumnado de Infantil e Primaria coñezan a importancia de preservar e manter unha hixiene oral adecuada, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan previr enfermidades orais máis tarde. Na charla informativa, tamén nos explicaron como facer un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucal ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos. Asemade, tamén descubrimos como o fluoruro aumenta a resistencia do esmalte e dos dentes e quen é o profesional que se encarga da súa saúde oral. |
As onsen ourensáns |
AS ONSEN OURENSÁNS Non estamos en Japan, pero disfrutando das nosas hot springs case nos sentimos no país do rising sun. Algunhas familias quixeron colaborar no noso proxecto sobre Yayoi Kusama e o seu país de orixe, visitando algunas das zonas termais da nosa cidade. As seguintes fotos dan conta do seu tempo de lecer nas nosas augas termais. |
Formación de usuarios |
No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación. En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.
Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos á aula.
En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:
|
Xogos viquingos |
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS. Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses. Xogos vikingos como:
Xogos treadicionais daneses como:
|
Posto de informática inclusivo |
Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible. Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios. Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva. |
Kahoot! sobre Antón Fraguas |
Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!. O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado. Pasárono xenial!! |
Semana polo clima |
HOW DARE YOU? Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar. Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta? Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores? Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque: “Queremos a nosa Terra Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO! Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes. WE LOVE THE EARTH Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización... |
Mª Teresa de la Fuente |
Teresa de la Fuente é orixinaria de Río Grande, estado de Zacatecas, aínda que vive en San Luis de Potosí. Desde hai anos desenvólvese como poeta e narradora. Durante a súa traxectoria foi galardoada no terreo da poesía, e é autora de poemarios inéditos como o titulado “Dualidad a esta hora neutra”. Esta muller, esposa, nai demostra que cando se ten vocación para escribir non hai muros, límites, nin xustificacións, e que a entrega ao traballo literario é incondicional, cunha vocación a forza de constancia, disciplina e oficio. Caracterízase por ter unha precisión moi discreta e sensible na construción dos seus versos e que resultan moi intimistas, coma se asomaran ao mundo en forma de curiosidades e asombros que entran nos nosos radares psicolóxicos a modo de brisa e néboa que nos van humedecendo e, cando menos esperamos, xa nos empaparon de maneira moi refrescante o espírito e a conciencia. Traballou para a Industria na área de Recursos Humanos por máis de dez anos, e no terreo da arte estudou dicción co recoñecido dramaturgo Carlos Olmos na Capital do país, e tomou cursos de literatura con doutóraa Gloria Prado Garduño a través da UASLP. Ten participado en talleres literarios e, é promotora cultural independente da poesía en feiras do libro, maratóns de lectura, casas de cultura e na radio, e é coautora do libro “ Tríada” xunto cos poetas Irma do Anxo e Anxo Colado. A súa obra transcorre pola estética da súa creación, sabedora de que o tempo é fráxil e en calquera instante crébanos e é por iso que a esperanza e a espera, radican en facerlle homenaxes constantes a cada pouco, coa bela sublimación que nos permita un pouco de eternidade que, neste mundo tamén é moi improbable; pero aí están os marabillosos sentimentos para facer desta existencia un lugar máis benéfico. E que mellor que a poesía que nos esperta e esperta o mellor de nós? Fontes:
|
Verbateca |
O 28 de outubro o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria participou no proxecto Verbateca: Laboratorio de palabras no que, a través de xogos, o alumnado traballou aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística… etc. Repasaron palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito, todos xuntos/as aprendemos a xogar en lingua galega! |
No corazón do bosque |
O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas. |
Feliz 200 cumpleanos Museo do Prado |
¡ FELIZ 200 CUMPLEANOS MUSEO DO PRADO ! O 19 de novembro de 2019 o MUSEO DEL PRADO está de aniversario. PARABÉNS! Non se cómpren 200 anos todos os días. Desde o CEIP MANUEL SUEIRO queremos enviarlle un bico enorme, desexando que sega coa súa labor moitos anos máis. Hai xa dous cursos que desenvolvemos un proxecto documental integrado na área de plástica no plan de seccións bilingües dedicado ao museo, “My home, our home, the Prado Museum”. Os/as que hoxe te felicitamos xa medramos un chisco, pero non esquecemos aquela aventura polos seus corredores e salas. Tamén seguimos agradecendo as achegas para o noso proxecto facilitadas pola área de educación do Museo. Para que lembredes o noso traballo poñemos á vosa disposición o enlace do produto final daquel proxecto. E tamén un proxecto anterior no curso 2015/2016 dedicado á obra de Robert Campin “Santa Bárbara”, que formou parte dun proxecto no programa das Meteoescolas. BICOS E APERTAS NO TEU ANIVERSARIO |
Mercedes quere ser bombeira |
O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo do primeiro trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser bombeira", como actividade central do PDI da biblioteca, xa que este é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas. Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas filias e as nosas fobias. A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana. Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro… bombeira. Mercedes quere ser bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres. A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa. Para trabalar esta temática coeducativa realizamos as seguintes actividades, unha vez rematada a lectura e debate do conto:
|
Por cuatro esquinitas de nada |
Dende a aula de audición e linguaxe traballouse no mesd de xaneiro, co alumnado de infantil, de 1º e 6º de ed. primaria, o conto “por cuatro esquinitas de nada”. "Cuadradito está jugando con sus amigos los redonditos. Ring, es la hora de entrar, pero cuadradito no puede entrar, no es redondo como la puerta", cuadradito está triste. Lo intenta pero nunca será redondo. Te cortaremos las esquinas!. Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, rematando coa moraliña de que non é cadradiño o que ten que cambiar, se non a porta. Ao finalizar a lectura do conto, houbo rolda de preguntas con todos os grupos sobre a mensaxe que nos quería transmitir , expresar os sentimentos do protagonistas pensando como se sentirían se lle ocorrera a calquera deles. Os máis pequenos realizaron un debuxo sobre o mesmo, mentres que o alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecen ou que poderían acontecer na vida real, ademais de elaborar en grupo pequenos murais con mensaxe que lembre a integración das diferenzas como algo positivo. |
Xoves de Comadres |
O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense. Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas. Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre. |
Desfile Entroido 2020 |
O venres de Entroido realizamos desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado. Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:
Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado. |
Formación de usuarios na biblioteca |
Presentación da organización da nosa biblioteca Xogo en scratch |
A frauta máxica |
O 5 de marzo asistimos ao auditorio municipal á presenciar a ópera infantil "A frauta máxica" grazas á Concellería de educación que fixo posible a nosa asistencia de forma totalmente gratuíta. |
Xogo: De que libro falamos |
Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto... Xa podedes comezar o do luns!!! |
Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos. |
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais. Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas. Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación: CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca. PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
|
Retos de Ed. Física |
Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19. Cada semana un reto!! Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!! Reto 7: Torre de papel RETO 6 MIS PELUCHES RETO 4: RETO DO PAPEL RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans" RETO 1 DA ZAPATILLA |
Ricardo Carvalho Calero (2020) |
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade. Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas... Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega. Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa. Faleceu en Compostela no ano 1990. Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras. (Recuperado de Seminario Galán) |
Igualdade e integración, valores do planeta son: As profesións |
Neste curso, no P.D.I. traballamos a igualdade entre homes e mulleres. O grupo de 3º e 4º de Educación Primaria fixámonos nas profesións e oficios para ver se aínda o alumnado cre que hai traballos de homes e traballos de mulleres. Tamén fixemos pescudas entre as familias e xente próxima ao alumnado. Na maioría dos casos existía unha grande coincidencia entre a forma de pensar dos nenos/as e as súas familias. As respostas da enquisa no alumnado vense perfectamente as diferencias entre os nenos e as nenas. Mestres as nenas opinan que a gran maioría de profesión non hai diferencia para ser desempeñado por uns ou outras, nos nenos obsérvase que si consideran profesións de homes, por exemplo apagar incendios, pilotar avións ou arranxar coches. E, si son de mulleres, planchar, limpar a casa, facer de canguro ou traballos agrícolas. No referente a traballos para ámbolos dous sexos, eles pensan en medicina, avogacía, perruqueira ou coidar enfermos. Nos pais e nais, maioritariamente, pensan que nas profesións propostas na enquisa non habería diferencia entre ámbolos dous sexos. Fixéronse actividades de lecturas e debates coa intencionalidade de modificar algúns estereotipos e contabamos repetir a enquisa cara finais de curso. Non se puido realizar polo tema do covid 19. Ao igual que as actividades de conversas co alumnado de mulleres de profesións maioritariamente masculinas: taxistas, garda civil... da nosa cidade, que xa tiñamos practicamente concertadas. Queda pendente para o próximo curso. Como inicio do noso Proxecto fixemos a presentación del, na biblioteca do centro para todo o alumnado. Cada neno e nena de 3º e 4º representaba un oficio ou profesión, sempre facendo referencia a igualdade de traballo entre ambolos dous sexos, levando algo relativo ao mesmo e o resto do alumnado tiña averigualo. Tamén realizamos debuxos dalgunhas profesións facendo fincapé nos estereotipos de xénero que a sociedade ten sobre as mesmas para o mural do PDI do centro. Na entroido disfrazámonos de todo o persoal sanitario con enfermos /as incluídos, representando sempre a homes e mulleres en tódolos estamentos deste colectivo. Avaliación
Foi susceptible de mellorar:
|
Hora de ler en 6º de Ed. Primaria |
A configuración da hora de ler foi deseñada os martes e mércores por Dna. Tatiana Mª Fernández Abuín (Audición e Linguaxe)e os luns , xoves e venres por D. José Antonio Regal Vázquez ( titor de 6º curso). Coma no curso anterior , mantivemos durante a hora de ler varios tipos de lectura ( en voz alta, silenciosa, individual e en grupos) e concretamos os resultados de tales lecturas nos dous CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA celebrados en base aos libros lidos. Os títulos traballados no presente curso foron:
No presente curso tamén se fixeron outro tipo de actividades, entre as que cabe salientar:
Lingua de signos Española (LSE) A LSE foi integrada nas diferentes actividades e datas conmemorativas realizadas no centro co dobre obxectivo de dar visibilidade e que sexa accesible tanto para as persoas que asistan como aquelas que visualicen a paxina do centro.
Lectura funcional: follas de pedido, billetes de tren, seguimento de instrucións para facer unha figura de Origami e elaboración da receita do brownie de chocolate co microondas do comedor na aula de audición e linguaxe. Padriños lectores: Achado e selección na biblioteca de contos para os alumnos de Educación infantil con temática de aceptación das diferenzas : “O año que é un porquiño” ; “Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores” ; “Elefante Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”. |
Igualdad, integración... valores son. |
De acuerdo con el P.D.I de este curso 2019/20 que se centra en los valores de igualdad e integración, el área de religión trabajo específicamente las parábolas del Buen Samaritano y la del Hijo Pródigo de Jesús, que están estrechamente relacionadas con los valores humanos. En cuanto al desarrollo de esta actividad primeramente se contó con los conocimientos previos que tenían los alumnos sobre los conceptos Parábola, pródigo y prójimo. Posteriormente se realizó la lectura de las parábolas directamente de la Biblia, para luego reflexionar sobre lo leído y extrapolar el relato bíblico a sus propias vidas, para que el alumnado entienda que lo que está aprendiendo en dicha narración bíblica es importante y útil para la vida cotidiana de toda persona. No solo se trabajó la parte verbal, sino que también con experiencias sensoriales a través de materiales visuales y auditivos para ayudar la comprensión del mensaje que transmiten las parábolas. Para finalizar, se hizo una exposición de los conocimientos aprendidos, de forma oral y a través de fichas que tuvieron que realizar todos los niños. Durante el desarrollo de esta unidad se observó que tanto la lectura Bíblica como las tareas a realizar, fueron una buena fuente de motivación, que los llevo a realizar las actividades con mucho interés, dialogando y reflexionando sobre las mismas. Desarrollándose todo ello en un ambiente de armonía y gratificación. |
Novo material audiovisual |
Neste curso dotamos a biblioteca con catro postos novos de acceso a internet, polo que se ve aumentado o número de ordenadosres na biblioteca a 14. Asemade, dotamos a dito recanto dunha pantalla e dun proxector. Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a equipamento e material.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »